Para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o verán e conseguir que os máis pequenos da casa se segan mantendo activos en época de vacacións,
os Concellos de O Porriño e Mos organizan diversos campamentos.
No caso do
PORRIÑO existen tres opcións:
- un campamento a desenvolver en dúas quendas (xullo e agosto) con todo tipo de actividades lúdicas e deportivas. Está destinado a nenos de entre 6-12 anos empadroados no Porriño e o prazo para inscribirse (no Concello) remata o día 28 deste mes (20€).
- a segunda opción é o campamento
"Todo arte" (25 de xuño-31 de xullo) a cargo dos profesores
Nito Pereiro e Nuria Vilanova e destinado a
nenos maiores de 6 anos. Os interesados deben inscribirse
canto antes no Centro Cultural Municipal (máis información nos tlfs
629.678.379//660.847.160)
- a terceira opción consiste en participar nun campus da Escola Municipal de Música (2-27 de xullo) para aprender todo o relacionado coa música. De balde. O prazo de inscrición (na Escola Municipal de Música) remata o 27 xuño.
Por outra banda, o Concello de
MOS organiza o Campamento
"Mañás de verán" destinado a escolares mosenses. Realizaranse todo tipo de actividades en dúas quendas
(xullo e agosto). Prezo: 40€ un neno, 70€ dous irmáns e 100€ no caso de tres membros da mesma familia. O prazo de inscrición (no Concello) remata o
22 de xuño para a primeira quincena e o
6 de xullo para a segunda.
Todos os campamentos desenvolveranse en horario de mañá.
Nós falamos coas concelleiras encargadas dos departamentos que levan a cabo estas actividades: Teresa Veloso, concelleira de Cultura do Porriño, e Kely Monzón, edil de Paricipación Cidadá de Mos.