Mostrando entradas con la etiqueta Asociacións Culturais/Festas/Veciñais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asociacións Culturais/Festas/Veciñais. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de julio de 2012

Entrevista "Gala 25 aniversario Premios Circulo do Porriño" con María José Giráldez 06/07/12

Mª Jose Giráldez no noso estudo
O sábado pasado o Círculo Recreativo Cultural do Porriño acolleu unha gala especial con motivo do 25 aniversario dos seus premios que cada ano se outorgan a veciños (deporte, música, cultura, recordo, mención especial). Unhas 150 persoas, entre socios e premiados, asistiron o evento presentado por Icía Alcalde.

Este ano, os protagonistas foron os impulsores da idea: Modesto Giráldez Teijeira, quen presidía o Círculo daquela, e os irmáns Antonio e Eduardo Fernández Valverde, primeiro Premio Círculo á Cultura e primeiro presentador gala respectivamete. 

Un día antes do evento, recibimos no noso estudo á  actual presidenta do Círculo, María José Giráldez. Con ela non só conversamos dos premios, senón tamén da importancia do centro para o desenvolvemento cultural no municipio durante os seus máis de 55 anos de historia ou do número especial da Revista Acougo (emblema do Círculo alá polos '70) entre outros temas.

"No Círculo somos unha gran familia", díxonos María José Giráldez durante a entrevista.

jueves, 5 de julio de 2012

Entrevistas Carnaval de Verán Castro Barreiro e Centrovisión en Salceda 05/07/12

Esta fin de semana Salceda de Caselas acolle dous eventos aos que se espera que acudan unha multitude de persoas. 

Cartel do evento
Por un lado, mañá venres, celébrase o VIII Carnaval de Verán de Castro Barreiro (torreiro de festas Santa María de Salceda a partir das 20.00h). Este ano, a maiores do tradicional concurso de disfraces, haberá promocións en consumicións ("rallye bares" no que aínda te podes inscribir cliclando aquí) e exhibición de dirt jump entre outras actividades. 
"O único requisito é vir con gañas de pasalo ben", contounos Arantxa Rodríguez, voceira da Asociación Xuvenil Nós Somos Nós que organiza o evento.

Podes escoitar a entrevista premendo o seguinte enlace:


Miguel e Luis no noso estudo
Por outro lado, o sábado, máis de 350 persoas participarán no VI Festival Musical Centrovisión organizado polo Centro Cultural de Soutelo (torreiro do Borralliño, a partir das 22.30h) coa colaboración do Concello de Salceda e a Deputación. No evento participan este ano grupos de play-back do Porriño (AVV San Salvador de Torneiros, CC A Forna de Budiño, Os Penediños de Atios), Mos (Santa Eulalia e ACR de Guizán), Tui (San Fins de Rebordáns) e Salceda (AC Xunco de Parderrubias). 

Esperáse que acudan entre 2000 e 2500 persoas como público. "A intención é premiar o esforzo feito durante todo o ano nos centros culturais" comentounos o presidente do C.C. Soutelo, Miguel Ramilo Hermida. Tamén nos acompañou o presentador deste ano, Luis Lamas. 


A entrevista podes escoitala se clicas enriba deste enlace:



*Premendo enriba dos enlaces que aparecen no texto podes escoitar entrevistas relacionadas coas palabras marcadas en verde. 

viernes, 22 de junio de 2012

Entrevista á Comisión de Festas de Chenlo (Porriño) sobre Festa de San Xoán 22/06/12

Ana Isabel, Rosa e Ana durante a entrevista
San Xoán é o patrón da parroquia porriñesa de Chenlo e por iso se trata dunha festa de grande arraigamento no lugar. Ademais, mantéñense algunhas tradicións vivas como a de roubar os carros e cancelas (e na actualidade outros elementos) durante a noite para situalos nos sitios máis insospeitados. 

Este ano, como vén sendo habitual, haberá dous días de festa. O sábado 23, os actos comezan a partir das 22.00h con sardiñada e churrascada amenizada polo Grupo Nevada. Xa, as 00.00h, queimarase a fogueira e faranse os rituais típicos da noite de San Xoán. O domingo 24 continúa o programa de festas a partir das 12.00h con misa solemne, comunións e a actuación da Banda de Música Municipal de Redondela e xa pola tarde, a partir das 18.00h verbena co Grupo Sabor. 

Nós falamos con tres membros da Comisión de Festas de Chenlo 2012 Ana Isabel Castro, Rosa Boubeta e Ana Novoa que nos contaron de xeito ameno non só o programa, senón tamén curiosidades do San Xoán e da parroquia. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12.mp3

San Xoán tamén en:

Parroquia de Torneiros no Porriño (organiza: AVV San Salvador de Torneiros), dia 23:
- 17.00h recolleita de herbas de San Xoán
- 22.00h tapas variadas e viño a disposición dos asistentes (de balde para os socios)
- 00.00h fogueira e música a cargo de Airiños do Miño

Porriño (organiza: AVV San Benito e San Sebastián), día 23:
- 22.00h noite do chouripán
- 00.00h fogueira e chocolate con rosca

Parroquia de Pereiras en Mos (organiza AVV A Nosa Terra de Pereiras), día 23:
- 22.30h sardiñada cos grupo de cantareiras As Lagharteiras e o grupo de gaitas Nosa Terra de Pereiras
- 00.00h fogueira

día 24:
- 11.00h baile tradicional cos grupos Nosa Terra de Pereiras e Santa Eulalia de Mos
- xantar campestre
- 18.00h festival folclórico infantil con: Nosa Terra de Pereiras, Chaneiros de Marín e Axóuxeres de Moaña
- humor con Jano Costas

Nas festas (incluída a de Chenlo) haberá pantallas para ver o partido da Eurocopa España-Francia




viernes, 8 de junio de 2012

Entrevistas Salceda Festbier, tuning show en Pontellas e Festa da Xuntanza de Torneiros 08/06/12

Hoxe falamos na nosa emisora de tres eventos que van ter lugar esta fin de semana, do 8 ao 10 de xuño.

Salceda Festbier
En primeiro lugar falamos da Salceda Festbier (torreiro de festas Virxe da Concepción) que comeza hoxe e dura ata o domingo. Prevese repartir uns 2000 litros de cervexa e 1500 racións de polo á brasa. Destacan, ademais, as actuacións musicais con grupos e chargangas da zona e gastronomía típica galega e alemán. Organiza a Comisión de Festas da Concepción de Salceda e nós falamos co presidente, Gaspar Martínez.


Podes escoitar a entevista premendo no seguinte enlace: 


Expo Tuning Show Pontellas
Tamén falamos da Expo Tuning Show que vai ter lugar mañá na parroquia porriñesa de Pontellas (no torreiro de festas de San Campio). A partir das 10.00h concentración de coches e motos, ás 17.00h ruta ao Aloia e a partir das 21.00h exhibición de Narcís Roca e festa Dj. Organiza a Comisión de Festas San Campio e nós falamos cun membro, Alberto Romero.

Preme no seguinte enlace para escoitar a entrevista:


Festa Xuntanza Torneiros

Por último, tamén fixemos unha entrevista sobre a XXXIV Festa da Xuntanza de Torneiros (local social da AVV San Salvador). Este ano destaca a colocación de 25 postos de artesanía galega e mostra de traballos tradicionais relacionados coa cerámica, a cestería e a elaboración de gaitas. Ademais, virán a tocar  grupos de gaitas de Francia, Alemania, Croacia e Baleares. Falamos co secretario da AVV San Salvador, Lucho Carrera.


Nesta ligazón podes escoitar a entrevista:


jueves, 7 de junio de 2012

Entrevista ao presidente da AVV San Benito e San Sebastián do Porriño, Manuel Areal 06/06/12

Manuel no noso estudo de Torneiros
A Asociación de Veciños San Benito e San Sebastián do Porriño conta con nova xunta directiva. 

Convidamos ao noso estudo a Manuel Areal, o actual presidente, para que nos falase das iniciativas e obxectivos que queren poñer en marcha neste nova etapa e tamén repasamos as orixes. Ademais, falamos da polémica que hai arredor da construcción do parque biosaudable que está situado a carón da Capela de San Benito

Para escoitar a entrevista preme neste enlace: 



miércoles, 6 de junio de 2012

Entrevistas ao pedáneo de Chenlo e edil de Emprego e Deportes do Porriño, Alejandro Lorenzo 01/06/12

A. Lorenzo (fronte á porta) na inauguración do centro social de Chenlo
A Entidade Local Menor de Chenlo conta por fin cun centro sociocultural inagurado hai dúas fins de semana, a parroquia de Pontellas estreou este pasado venres novo campo de fútbol de herba artificial de última xeración destinado ao C.D. Pontellas e xa se poden presentar ao I Premio Antonio Palacios os proxectos empresariais postos en marcha por emprendedores durante o ano pasado ou no presente (ata 28 de xuño). Destas tres cuestións falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo e edil de Deportes e Emprego. 



No mes de maio 43 porriñeses atoparon traballo  a través dos servizos de Porremprego do Concello do Porriño (aínda que a cifra total de desempregados ascendeu en 19 persoas). Falamos co concelleiro de Emprego para afondar nas políticas de traballo deste ano coas que se conseguiron 157 insercións laborais no que vai de 2012 e se estableceron novas medidas para o apoio a emprededores. Tamén falamos dos cursos de formación e dos viveiros de empresas. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista: 
http://archive.org/download/EntrevistaEmpregoPorrioMaio201205-06-12/EntrevistaAlejandroLorenzoEmpregoPorrioMaio201205-06-12.mp3


--> Aquí podes escoitar unha entrevista anterior sobre o centro cultural de Chenlo:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/entrevista-ao-pedaneo-de-chenlo-sobre.html
--> Nesta ligazón está dispoñible unha entrevista ao S.D Pontellas:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-ao-ud-atios-e-ao-cd.html
--> Neste outro enlace A. Lorenzo fala dos postos de traballo máis demandados no Concello:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-edil-de-emprego-do.html
--> E aquí podes escoitar o Plan Municipal de Emprego 2012 ao completo da man do alcalde do Porriño e o edil de Emprego:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/presentacion-do-plan-de-emprego.html

miércoles, 30 de mayo de 2012

Entrevista á promotora dunha futura asociación xuvenil no Porriño, Tamara Trillo 30/05/12

Tamara Trillo
Tamara Trillo é unha veciña do Porriño de 23 anos que está a montar unha asociación xuvenil no municipio xa que non existe  ningunha. É por isto que xa deu os primeiros pasos para comezar os trámites e formalizar a asociación e tamén está na procura de membros que desexen unirse e participar nas futuras iniciativas como cursos, campamentos, actividades culturais e de lecer etc. Para ser socio é preciso ter entre 14 e 30 anos. 

As instalacións estarían na Pastelería A Torta da parroquia de Torneiros onde tamén se pode acudir para obter máis información e inscribirse así como na OMIX do Porriño (ubicada no Centro Cultural Municipal) ou no correo tamaratrillo@hotmail.com

Podes escoitar a entrevista a Tamara se pinchas nesta ligazón: 
http://archive.org/download/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12.mp3

*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

viernes, 4 de mayo de 2012

Entrevista ao secretario da Comunidade de Montes de Torneiros, Lucho Carrera 16/04/12

Lucho Carrera
Despois de falar coas comunidades de montes de Atios e Budiño é a quenda de Torneiros. Convidamos ao noso estudo a Lucho Carrera, o secretario, para falar das irregularidades na xunta directiva denunciadas hai uns anos, das expropiacións forzosas e de problemas coa titulariedade dos terreos entre outras cuestións. Tamén conversamos sobre os dous novos proxectos que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros quere poñer en marcha xa este ano na parroquia: unha gardería e un centro de día.




Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoSecretarioDaComunidadeMontesTorneirosLuchoCarrera16-04-12/EntrevistaSecreatarioComunidadeMontesTorneirosLuchoCarrera16-04-12.mp3

Aquí podes escoitar a entrevista á Comunidade de Montes de Atios:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-vicepresidente-da.html

E aquí á Comunidade de Montes de Budiño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-da.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño

viernes, 13 de abril de 2012

Entrevista á dous membros de Moskeo Colectivo sobre a Festa "Arde o Pazo" de Mos 12/04/12

Xa está aquí a IV edición da Festa "Arde o Pazo" de Mos organizada pola Asociación Xuvenil Moskeo Colectivo. Coñecida como "a Reconquista pequena" (en referencia á festa de Vigo), esta celebración conmemora os actos que tiveron lugar en Mos durante a invasión das tropas napoleónicas alá polo 1809. Pero a festa é moito máis e inclúe obradoiros de oficios artesanais e bailes da época, comida tradicional, música a cargo das asociacións culturais da contorna... Destacan, no entanto, varios momentos da celebración como son as recreacións das batallas (ás 12.00h, 16.30h e 18.00h) ou da queima do Pazo dos Marqueses (ás 21.00h). Un programa do máis completo que xa podes consultar no blog destinado específicamente a este evento que se celebra este sábado 14 de abril

Diego e César no noso estudo

Nós convidamos ao noso estudo o presidente de Moskeo Colectivo, César González, e tamén o tesoureiro, Diego Gómez, para que nos contasen os detalles da festa e algunhas curiosidades. 

Podes escoitar a entrevista pinchando no seguinte enlace: 

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao coordinador da festa, Marcos Escudero:




jueves, 12 de abril de 2012

Entrevista a dous membros da directiva da Comunidade de Montes de Budiño 09/04/12

Domingos e Luis no noso estudo de Torneiros
Falamos nesta ocasión coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Budiño e facémolo da man do presidente, Domingos Domínguez, e do vicepresidente, Luis Martínez. Conversamos sobre a débeda que o Concello do Porriño ten contraída coa comunidade dende hai anos pola explotación das canteiras e tamén sobre cal é a situación actual no referente ás molestias que a actividade nas explotacións causa aos veciños. Por suposto, tamén falamos do emblema do monte porriñés: o Faro de Budiño. Domingos e Luis contáronos que lles gustaría revalorizar esta zona e tamén a lagoa das Gándaras. Por outra parte, falamos da prevención de incendios na zona, recordando en especial os lumes de 2006. 

Pincha no enlace para escoitar a entrevista:

Aquí está dispoñible a que lle fixemos a semana anterior á Comunidade de Montes de Atios:

E aquí podes escoitar a entrevista que lle fixemos o ano pasado ao concelleiro de Canteiras, Carlos Martínez:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-concelleiro-de-canteiras.html

miércoles, 4 de abril de 2012

Entrevista á Comisión de Festas Santa Mariña de Pereiras (Mos) 04/04/12

Subimos a entrevista que lle fixemos hoxe pola mañá a dous membros da Comisión de Festas Santa Mariña de Pereiras (Mos). Convidámolos ao noso estudo para que nos falasen da II Festa da Xuventude que organizan para esta noite, a partir das 22.30h, no torreiro de festas Santa Mariña

Dende esa hora ata ben entrado o día seguinte haberá música a cargo de Dj`s moi recoñecidos na zona como: Manu López (Radio Líder Latino), David Prieto (Discoteca Ramallosa 2000), Manu GZ (Discoteca Tonos Boiro e sala de festas La Luna), Sonic (coñecido por éxitos como "A festa non vai parar" e "Galicia está de festa"), Charlie (Radio Líder Top Chart) e Marcos Magán (Radio Líder Fórmula de Éxitos e Discoteca Palladium Melide). 

Haberá posto de bocadillos, copas por catro euros e posiblidade de acampar para aqueles que leven a tenda. 

Brais e Adrián esta mañá no noso estudo
A Comisión está composta por xente moza que quere manter viva estas festas. Brais Rodríguez, o secretario, e Adrián Domínguez, vocal, acompañáronos esta mañá. Podes escoitar a entrevista neste enlace:


Xa a fin de semana, do 7 ao 8, celébranse as Festas de Santa Mariña co seguinte programa:
- o SÁBADO, ás 23.230h, verbena a cargo da orquestra Gran Parada e o Grupo Ciclón.
- o DOMINGO, pola mañá, pasarúas e actuación da banda de música As Delicias de Caeiro. Ás 13.00h misa solemne e subasta do Ramo. A partir das 16.30h, xogos populares e cucañas. Pola noite actuación dunha orquestra sorpresa. 



lunes, 2 de abril de 2012

Entrevista ao vicepresidente da Comunidade de Montes de Atios, Xoan Pereira 26/03/12

Canteira de Atios
No noso repaso dos luns polas parroquias do Porriño é agora a quenda de coñecer mellor o labor e peticións das comunidades de montes. Neste caso falamos co vicepresidente da Comunidade de Montes en Man Común de Atios, Xoan Pereira.

Durante a entrevista, tratamos diversos temas como a reivindicación que os comuneiros fan do monte non clasificado e a polémica sobre a débeda que o Concello contraeu con eles dende hai anos polo uso que as canteiras fan do monte. Xoan tamén nos contou que conseguiron a certificación forestal, que están a traballar no deslinde coas parroquias de Cans e Budiño e o motivo polo que se opoñen ao trazado de liña de alta tensión que se prevé que pase polo monte da parroquia. Por suposto, tamén falamos dos incendios e de como están a traballar na súa prevención en Atios. 

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoVicepresidenteDaComunidadeMontesAtiosXoanPereira26-03-12/EntrevistaVpteComunidadeMontesAtiosXoanPereira26-03-12.mp3

Aquí está dispoñible unha entrevista posterior realizada á Comunidade de Montes de Budiño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-da.html

Neste outro podes escoitar unha entrevista que lle fixermos ao concelleiro de canterias do Porriño, Carlos Martínez, respecto da situación destas explotacións mineiras no Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-concelleiro-de-canteiras.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

sábado, 24 de marzo de 2012

Entrevista a Marcos Escudero, coordinador da "Festa Arde o Pazo" de Mos 22/03/12

Marcos Escudero é artista plástico
Recentemente estivo no noso estudo de Torneiros Marcos Escudero. El é o coordinador da Festa Arde o Pazo de Mos (organizada pola asociación Moskeo Colectivo) que rememora os feitos que tiveron lugar na comarca durante a invasión das tropas napoleónicas alá polo 1809. O 14 de abril, os mosenses recrearán a expulsión dos franceses, haberá un mercado artesanal, música e outras actividades. Pero xa hai actos previos no municipio para esta fin de semana:

- hoxe, o historiador galego Ernesto Vázquez Souza dará unha charla baixo o nome "A francesada. Unha visión dende Galiza" no Pazo de Mos ás 19.30h.
- maña, domingo 25, organizan unha andaina-visita guiada con saída ás 10.00h do centro cultural  a Cividade (Louredo) ao Penedo da Alarma xa que conta cun gravado que pode estar relacionado coa invasión francesa

Marcos recorda que están todos convidados a estas actividades, sobre todo aqueles que estean interesados en coñecer máis sobre a historia da Louriña. Por outra parte, os que queiran acudir á Festa da Reconquista de Vigo, o día 1 vaise fletar un autobús (Mos-Vigo-Mos) por 3 euros. Os interesados poden reservar praza en asociacionmoskeo@yahoo.es ou no tlf.637.914.063.

A entrevista a Marcos Escudero está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAMarcosEscuderoCoordinadorArdeOPazoMos22-03-12/AntrevistaMarcosEscuderoCoordinadorDeArdeOPazo22-03-12.mp3

Aquí podes escoitar outra entrevista que lle fixemos na que fala da súa faceta como artista plástico:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-artista-plastico-mosense.html

*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 21 de marzo de 2012

Entrevista a tres membros da Comisión da Festa das Flores de Torneiros (Porriño) 12/03/12

Uns sete anos leva sen celebrarse a Festa en Honor á Virxe das Flores en Torneiros. A tradición di que é unha comisión composta por xente moza a que debe organizala e este ano grazas precisamente á inciativa de rapaces novos da parroquia, os festexos retómanse. A Comisión Festa das Flores está formada por 12 persoas de entre 16 e 22 anos que levan traballando uns nove meses para telo todo listo para os días 26 e 27 de maio. Nós convidamos ao noso estudo o presidente, Brais Alonso, o tesoureiro, Jonathan Bargiela, e o secretario, Omar Alves, para que nos falasen dos detalles da festa e, sobre todo, de por que se decidiron a retomala e das particulariedades da comisión. 

Podes escoitar a entrevista pinchando enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAComisionDaFestaDasFloresTorneirosBraisOmarEJonathan/EntrevistaComisionFestaFloresTorneirosBraisOmarJonathan12-03-12.mp3

Os membros da comisión

--> O venres 25 de maio volvemos recibir no noso estudo a Brais, Omar e Jonathan para que nos contasen os detalles da festa que tivo lugar do 25 ao 27 de maio e o balance de oito meses de traballo na comisión. Preme este enlace para escoitar a entrevista: 

http://archive.org/download/EntrevistaATresMembrosDaComisinFestaDasFloresTorneirosIi25-05-12/EntrevistaComisionFestaFloresTorneirosIi25-05-12.mp3

Brais, Omar e Jonathan no noso estudo por 2ª vez

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño





lunes, 5 de marzo de 2012

Entrevista ás comparsas A.C Pontellas, A.C Alba, ANPA Atios e ANPA Antonio Palacios 20-21/02/12

Con motivo do entroido falamos cos organizadores de catro comparsas do Porriño:

Por unha parte, o luns de entroido falamos con Gerardo Ramírez e Rosángela Cancelas da Asociación Cultural de Pontellas. A súa comparsa contou con ata 64 participantes que se disfrazaron de hindús. Conversamos tamén con Paulo Blanquiño e Marcos Pereiro da Asociación Cultural Alba de Torneiros. A súa comparsa contou con 55 participantes que se vestiron de zombis, cadaleito incluído.

Podes escoitar a entrevista conxunta neste enlace:

Por outro lado, o martes de carnaval conversamos con Raquel González e María Rodríguez da ANPA do Colexio Antonio Palacios. A comparsa estivo composta por 100 participantes disfrazados de xente da Idade Media. Conversamos na mesma entrevista con María Domínguez e Roberto Domínguez da ANPA do CEIP de Atios que se vestiron de personaxes de contos populares e tamén rozaron os 100 disfrazados.

Escoita a entrevista pinchando nesta ligazón: 
 
Os membros da A.C. Pontellas foron disfrazados de hindús

"Camposanto", comparsa da A.C. Alba de Torneiros



A ANPA do Antonio Palacios trasladouse ao Medievo

"Contos populares", comparsa do CEIP Atios





FOTOS: valdolouro.blogspot.com

miércoles, 22 de febrero de 2012

Entrevista a Delmiro Rocha, presidente da Asociación Treze Catorze de Salceda 03/02/12

IV aberto de Treze Catorze
Coa nosa intención habitual de dar a coñecer as agrupacións culturais da zona, quixemos esta vez falar coa Asociación Treze Catorze de Salceda de Caselas.

Treze Catorze defínese como unha asociación cultural, deportista e ecoloxista que busca ofrecer aos veciños da contorna actividades diferentes ás que usualmente propoñen outros grupos culturais. Nós falamos co presidente, Delmiro Rocha, para coñecer a historia de Treze Catorze e as iniciativas que promove, sobre todo aquelas relacionadas coa ecoloxía.



Pincha o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaADelmiroRochaPresidenteDaAsocTrezeCatorzeDeSalceda/EntrevistaADelmiroRochaPresidenteDaAsocTrezeCatorzeSalceda03-02-12.mp3

*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

martes, 14 de febrero de 2012

Entrevista ao secretario da AVV San Salvador de Torneiros, Lucho Carrera 30/01/12

Membros da directiva reunidos na sede da asociación
O luns é o día que destinamos o noso espazo de entrevistas a afondar nas sete parroquias do Porriño. Nesta ocasión, aínda que non por primeira vez, fixemos parada en Torneiros. Falamos con Lucho Carrera, secretario da Asociación de Veciños San Salvador que xurdiu en 1977. Lucho contounos todo o referido ás actividades desta asociación entre as que destaca a Festa da Xuntanza, de grande tradición no Porriño. Ademais, esta fin de semana organizaron a xa habitual Mostra da Camelia e o Encontro de Corais no que participou a agrupación Agarimo de Torneiros que conta con 17 anos de historia.

Se queres saber máis da asociación, de Torneiros e da historia do Porriño escoita a entrevista premendo o seguinte enlace:

http://www.archive.org/download/EntrevistaALuchoCarreraSecretarioDaAsociacinDeVeciosSanSalvador/EntrevistaAoSecretarioDaAvvSanSalvadorTorneirosLuchoCarrera30-01-12.mp3

*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

lunes, 23 de enero de 2012

Entrevista á Asociación de Veciños A Nosa Terra de Pereiras (Mos) 20/01/12

As rutas de sendeirismo en Mos son unha actividade habitual na asociación
Nesta entrada do blog poderás escoitar a entrevista que lle fixemos a membros da Asociación de Veciños A Nosa Terra de Pereiras (Mos) coa intención de que nos desen a coñecer as actividades sociais e culturais que levan realizando dende 1979. Para facer un repaso desta asociación dende os comezos ata a actualidade e poñernos ao día de tódalas súas actividades e peticións, convidamos ao noso estudo ao presidente, Orindo Táboas, ao vicepresidente, Marcos Alonso, e ao secretario, Rubén Campo.

Pincha o seguinte enlace para escoitar o que nos contaron:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAAvvNosaTerraPereirasDeMos20-01-12/EntrevistaAvvNosaTerraPereirasMos20-01-12.mp3

martes, 17 de enero de 2012

Entevista a membros da Rondalla Santa Eulalia Mos 13/01/12

A rondalla ao completo
A comarca da Louriña está de noraboa no que se refire ao éxito das súas rondallas. Proba disto é que no certame provincial de rondallas celebrado en Vigo o pasado día 8, a agrupación de Pontellas levou o primeiro premio e a Rondalla Santa Eulalia de Mos o segundo. Por esta razón, convidamos a membros desta última ao noso estudo. Juan Carlos Lago, presidente do Círculo Santa Eulalia de Mos, e Daniel Burgos, director da banda, foron os encargados de explicarnos tódolos detalles da rondalla, o premio e o resto de actividades que se desenvolven na asociación.

Para escoitar a entrevista só tes que premer enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaADousMembrosRondallaSantaEulaliaMosJuanCarlosEDaniel/EntrevistaRondallaSantaEulaliaDeMosJuanCarlosEDaniel13-01-12.mp3




viernes, 30 de diciembre de 2011

Entrevista a membros das rondallas de Atios e Pontellas (Porriño) 19/12/12

Imaxe do encontro no polideportivo do Porriño (Atlántico Diario)
No Porriño existen dúas rondallas que gozan de grande recoñecemento e tradición. Unha delas é a Rondalla de Santa Eulalia de Atios, a outra é a Rondalla de Pontellas. O polideportivo do Porriño acolleu este domingo a IX mostra de rondallas na que, obviamente, non faltaron estas dúas. As vindeiras ocasións para escoitalas son o día 5 en As Neves e O Porriño acompañando as cabalgatas de reis, o día 6 en Pontellas e o día 8 competirán no Ifevi en Vigo nun certame multitudinario que se celebra anualmente e no que as agrupacións de Pontellas e Atios quedaron primeira e segunda respectivamente no 2011.

Nós falamos con Alfonso Domínguez, presidente da rondalla de Atios, e con Agustín dos Anjos, membro da agrupación de Pontellas.

Só tes que premer enriba do seguinte enlace para escoitar a entrevista: