Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades Louriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades Louriña. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de octubre de 2012

Entrevista á empresa porriñesa TCR Datos Norte, candidata a conometrar o Mundial de Rallyes 27/09/12

Fidel, de TCR Datos, na esquerda
Fidel Iglesias, administrador da empresa porriñesa TCR Datos Norte, estivo no noso estudo para contarnos o reto ao que se enfrontan se a FIA (Federación Internacional de Automovilismo) elixe a súa candidatura para participar no vindeiro Campionato Mundial de Rallyes. O obxectivo desta empresa é levar a cabo a conometraxe e localización GPS durante a proba que se celebrará a comezos do ano que vén en varios continentes.
No caso de que TCR Datos Nortes saíse elixida para estas tarefas, trataríase doutra empresa instalada no Porriño que fai coñecido o nome do municipio no estranxeiro.

"É unha grande responsabilidade porque a conometraxe determina quen gaña... Temos que usar un sistema fiable e moi rápido", díxonos Fidel durante a entrevista.

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaFidelIglesiasTcrDatosNorte27-09-12/EntrevistaFidelIglesiasTcrDatosNorte27-09-12.mp3

*Entrevistas COMERCIO E INDUSTRIA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Programa especial Festas do Cristo 2012 no Porriño 21/09/12

Os pregoeiros xunto con membros do goberno local
Subimos unha parte do programa especial que fixemos o pasado día 21 de setembro con motivo do pregón das Festas do Cristo 2012 no Porriño. Poderás escoitar como falamos de curiosidades sobre esta celebración e as entrevistas que lle fixemos en directo ao concelleiro de Festexos, Alejandro Lorenzo, e ao alcalde, Nelson Santos. Ademais, por suposto, poderás escoitar o pregón íntegro que correu a cargo do grupo show do Club de Patinaxe Ribex do Porriño, subcampión de Europa este ano.

Preme neste enlace para escoitar o programa no que participaron Tania Alonso e Lorena Soto dende o noso estudo de Torneiros, e Antón Xil dende a Praza Arquitecto Antonio Palacios:
http://archive.org/download/ProgramaFestasDoCristoPorrio2012/ProgramaFestasDoCristoPorrio2012.mp3

AQUÍ podes ver algunhas fotografías tomadas ese día.

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 

viernes, 27 de julio de 2012

Entrevista ao humorista de Redondela Héctor Somoza 26/07/12

Somoza no noso estudo
Aínda que Héctor Somoza é de Redondela, viviu durante moitos anos no Porriño. Di que comezou a casa polo tellado na súa faceta como humorista porque contou chistes e bromas na televisión antes que nos bares. Dende 1986 ten participado en numerosos programas de televisión e radio e actuou tamén fóra de Galicia. Agora reclámano especialmente en festas e percorre Galicia cos seus espectáculos.

Nós entrevistámolo e, por suposto, deixamos que o humor fluise durante a conversa.  

"Cheguei a facer un monólogo de máis de 7 horas. Foi memorable", díxonos Somoza durante a entrevista. 



Entrevista Campionato de España de Aeromodelismo na Cañiza. Club Vuelo a Vela Fontefría 27/07/12

José Lumbreras no noso estudo
Esta fin de semana, tanto o sábado (de 10.00 a 20.00h) como o domingo (de 10.00 a 17.00h) celébrase na Cañiza o Campionato de España de Aeromodelismo na modalidade de "remolcados por torno" no que participarán persoas procedentes de diversos puntos de España.

Organiza o Club de Aeromodelismo de Vuelo a Vela de Fontefría e nós falamos co presidente, José Lumbreras, que non só nos contou detalles do campionato, senón todo tipo de curiosidades sobre este deporte federado. O aermodelismo consiste en construír e facer voar réplicas ou modelos de avións, paixón á que José Lumbreras lle dedica moito tempo dende hai máis de 30 anos.

jueves, 26 de julio de 2012

Entrevista aos edís Marcelino Coto e Óscar Soto sobre deslinde en Porriño e Mos 17/07/12

Marcelino Coto
Veciños e empresarios de Porriño e Mos levan tempo reinvindicando que se leve a cabo un proceso deslinde para que se esclarezan, de xeito oficial e definitivo, os límites entre ambos concellos e evitar así problemas, na súa maioría, burocráticos. Agora esa petición pretende ser atendida nos dous municipios nos que se vai levar a cabo o proceso. Para isto, formáronse dúas comisións compostas por membros da corporación municipal e históricos, é dicir, persoas maiores con amplos coñecementos sobre onde están situados os límites dende hai tempo. A zona máis problemática é a da parroquia de Pereiras. Está previsto que en setembro se comece co proceso. 

Óscar Soto
Nós falamos con dous membros das comisións encargadas de levar a cabo os trámites. Pola parte do Porriño conversamos con Marcelino Coto, edil de Urbanismo. Pola de Mos, atendeunos Óscar Soto, edil de Patrimonio. 

"Un ejemplo es el tanatorio Louriña Memorial que tiene licencia por ambos concellos. Dependiendo de la sala, el fallecido puede estar en Porriño o Mos", díxonos Marcelino Coto.

"Dende Mos xa pretendéramos comezar co proceso no 2008 cando gobernaba Raúl Francés no Porriño, pero fora imposible chegar a un acordo" contounos pola súa parte Óscar Soto.

martes, 24 de julio de 2012

Entrevista a 3 nenos saharauis e a edil de Benestar de Mos, sobre o programa Vacacións en paz 12/07/12

Seis nenos saharauis veñen a pasar este verán as súas "vacacións en paz" a Mos. Trátase dun progama de acollida de menores saharauis no que participan, en toda Galicia, uns 300 nenos. O obxectivo é que os rapaces poidan pasar unha temporada alonxados das altísimas temperaturas do deserto e dos campamentos de refuxiados ao tempo que realizan todo tipo de actividades educativas e de lecer. 

Mohamed, Faal, Bachir e S. Cebreiro no noso estudo
Nós falamos Faal, Mohamed e Bachir, tres nenos saharauis que repiten estadía en Mos, e coa delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Sara Cebreiro, quen precisamente é nai de acollida dun deles. Os nenos contáronos como pasan estes meses en Mos e como é a súa vida no Sáhara e coa edil de Benestar conversarmos dos pormenores do programa e de como se pode ser familia de acollida. 

"Lo que más nos gusta hacer aquí es ir a la piscina, a la playa y al cine", contáronos os nenos.

"Esta experiencia aporta muchísimo a las familias de acogida", díxonos pola súa parte a edil de Benestar de Mos, Sara Cebreiro. 

Para escoitar a entrevista preme neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaVacacionsEnPazAcollidaSaharauiscebreiroBachirFaal/EntrevistaVacacionsEnPazAcollidaSaharauiscebreiroBachirFaalMohamed12-07-12.mp3


Neste outro enlace podes escoitar a historia de Yslem, "Hijo del desierto", un rapeiro saharaui afincado no Porriño que de pequeno tamén pasou as súas "vacacións en paz" en Mos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-yslem-rapeiro-saharaui.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño


viernes, 20 de julio de 2012

Entrevista a Flipy con motivo da súa actuación en Mos 20/07/12

Esta mesma mañá falamos con Flipy, coñecido polo seu paso polo programa de televisión El Hormiguero. Mañán, xunto co cómico Luismi, ofrecerá un monólogo no Multiusos de Mos ás 22.30h (para maiores de 14 anos). Ademais de preguntarlle sobre a súa visita a Mos, aproveitamos para falar dos proxectos que trae entre mans, do seu paso por El Hormiguero e outras curiosidades.

"Las cadenas deberían tener más paciencia con las audiencias", foi unha das declaracións que nos deixou durante a entrevista. 

Entradas para o espectáculo: 8€ anticipada, 12€ en taquilla. Reserva no tlf. 986 23 35 82


- Puntos de venda no Porriño: Rest. Simplicio, Rest. Argentino2 e Panadería A Maquía (Torneiros). 

- Puntos de venda en Mos: Cafetería As de Trevo (fronte a discoteca   Queen), Rest. Argentino e Panadería A Maquía (Puxeiros). 


A entrevista podes escoitala se premes neste enlace:

*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 

jueves, 5 de julio de 2012

Entrevistas Carnaval de Verán Castro Barreiro e Centrovisión en Salceda 05/07/12

Esta fin de semana Salceda de Caselas acolle dous eventos aos que se espera que acudan unha multitude de persoas. 

Cartel do evento
Por un lado, mañá venres, celébrase o VIII Carnaval de Verán de Castro Barreiro (torreiro de festas Santa María de Salceda a partir das 20.00h). Este ano, a maiores do tradicional concurso de disfraces, haberá promocións en consumicións ("rallye bares" no que aínda te podes inscribir cliclando aquí) e exhibición de dirt jump entre outras actividades. 
"O único requisito é vir con gañas de pasalo ben", contounos Arantxa Rodríguez, voceira da Asociación Xuvenil Nós Somos Nós que organiza o evento.

Podes escoitar a entrevista premendo o seguinte enlace:


Miguel e Luis no noso estudo
Por outro lado, o sábado, máis de 350 persoas participarán no VI Festival Musical Centrovisión organizado polo Centro Cultural de Soutelo (torreiro do Borralliño, a partir das 22.30h) coa colaboración do Concello de Salceda e a Deputación. No evento participan este ano grupos de play-back do Porriño (AVV San Salvador de Torneiros, CC A Forna de Budiño, Os Penediños de Atios), Mos (Santa Eulalia e ACR de Guizán), Tui (San Fins de Rebordáns) e Salceda (AC Xunco de Parderrubias). 

Esperáse que acudan entre 2000 e 2500 persoas como público. "A intención é premiar o esforzo feito durante todo o ano nos centros culturais" comentounos o presidente do C.C. Soutelo, Miguel Ramilo Hermida. Tamén nos acompañou o presentador deste ano, Luis Lamas. 


A entrevista podes escoitala se clicas enriba deste enlace:



*Premendo enriba dos enlaces que aparecen no texto podes escoitar entrevistas relacionadas coas palabras marcadas en verde. 

viernes, 22 de junio de 2012

Broma radiofónica a un veciño do Porriño que casa 22/06/12

Como sabedes temos a vosa disposición o noso teléfono (986.33.53.33) e a nosa páxina de facebook (SiRadio Porriño) para que nos fagades todo tipo de propostas e peticións. Uns oíntes quixeron gastarlle unha broma a un amigo que casa mañá a través da nosa emisora. 
Chamamos a Javier Alonso facéndonos pasar pola Garda Civil de Tráfico do Porriño para avisarlle dunha desorbitada sanción por non pagar nas peaxes de Portugal. A nosa só foi unha broma de tantas que estes amigos lle gastaron xa ao inminente matrimonio e das que falamos logo da chamada. 


Preme neste enlace para escoitar a borma:

Entrevista á Comisión de Festas de Chenlo (Porriño) sobre Festa de San Xoán 22/06/12

Ana Isabel, Rosa e Ana durante a entrevista
San Xoán é o patrón da parroquia porriñesa de Chenlo e por iso se trata dunha festa de grande arraigamento no lugar. Ademais, mantéñense algunhas tradicións vivas como a de roubar os carros e cancelas (e na actualidade outros elementos) durante a noite para situalos nos sitios máis insospeitados. 

Este ano, como vén sendo habitual, haberá dous días de festa. O sábado 23, os actos comezan a partir das 22.00h con sardiñada e churrascada amenizada polo Grupo Nevada. Xa, as 00.00h, queimarase a fogueira e faranse os rituais típicos da noite de San Xoán. O domingo 24 continúa o programa de festas a partir das 12.00h con misa solemne, comunións e a actuación da Banda de Música Municipal de Redondela e xa pola tarde, a partir das 18.00h verbena co Grupo Sabor. 

Nós falamos con tres membros da Comisión de Festas de Chenlo 2012 Ana Isabel Castro, Rosa Boubeta e Ana Novoa que nos contaron de xeito ameno non só o programa, senón tamén curiosidades do San Xoán e da parroquia. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12.mp3

San Xoán tamén en:

Parroquia de Torneiros no Porriño (organiza: AVV San Salvador de Torneiros), dia 23:
- 17.00h recolleita de herbas de San Xoán
- 22.00h tapas variadas e viño a disposición dos asistentes (de balde para os socios)
- 00.00h fogueira e música a cargo de Airiños do Miño

Porriño (organiza: AVV San Benito e San Sebastián), día 23:
- 22.00h noite do chouripán
- 00.00h fogueira e chocolate con rosca

Parroquia de Pereiras en Mos (organiza AVV A Nosa Terra de Pereiras), día 23:
- 22.30h sardiñada cos grupo de cantareiras As Lagharteiras e o grupo de gaitas Nosa Terra de Pereiras
- 00.00h fogueira

día 24:
- 11.00h baile tradicional cos grupos Nosa Terra de Pereiras e Santa Eulalia de Mos
- xantar campestre
- 18.00h festival folclórico infantil con: Nosa Terra de Pereiras, Chaneiros de Marín e Axóuxeres de Moaña
- humor con Jano Costas

Nas festas (incluída a de Chenlo) haberá pantallas para ver o partido da Eurocopa España-Francia




miércoles, 30 de mayo de 2012

Entrevista á promotora dunha futura asociación xuvenil no Porriño, Tamara Trillo 30/05/12

Tamara Trillo
Tamara Trillo é unha veciña do Porriño de 23 anos que está a montar unha asociación xuvenil no municipio xa que non existe  ningunha. É por isto que xa deu os primeiros pasos para comezar os trámites e formalizar a asociación e tamén está na procura de membros que desexen unirse e participar nas futuras iniciativas como cursos, campamentos, actividades culturais e de lecer etc. Para ser socio é preciso ter entre 14 e 30 anos. 

As instalacións estarían na Pastelería A Torta da parroquia de Torneiros onde tamén se pode acudir para obter máis información e inscribirse así como na OMIX do Porriño (ubicada no Centro Cultural Municipal) ou no correo tamaratrillo@hotmail.com

Podes escoitar a entrevista a Tamara se pinchas nesta ligazón: 
http://archive.org/download/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12.mp3

*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

Entrevista a dous membros do Club de Loita Alakram Vermelho do Porriño 28/05/12

Pichel e Carlos no noso estudo de Torneiros
O Club de Loita Alakram Vermelho do Porriño creouse no 2009 e está especializado en grappling e MMA (siglas de Artes Marciais Mixtas en inglés). Segundo os seus fundadores o club naceu coa intención de ofrecer unha alternativa de ocio e deporte no municipio e para fomentar a vida sá entre a xuventude. Na acualidade o club conta con trece membros (dúas mulleres) e ten as súas instalacións nas Rotonda das Angustias na parroquia de Torneiros. Entre semana impártense clases todos os días sobre diferentes técnicas relacionadas coa loita. Para o sete de xullo os membros Alakram Vermelho están a preparar o 1º Campionato de Grappling e Combat Grappling da Louriña. 

Nós falamos con dous membros do club: David Pichel, que leva dende os inicios, e Carlos Rodríguez, apuntado hai uns tres meses. 

Para escoitar a entrevista pincha o seguinte enlace: 
http://archive.org/download/EntrevistaClubLoitaAlakramVermelhoDavidPichelECarlosRguez28-05-12/EntrevistaClubLoitaAlakramVermelhoPichelECarlos28-05-12.mp3

Aquí podes escoitar un par de entrevistas anteriores relacionadas coa loita:

--> Entrevista full contact Porriño (Fran Farrapeira e Seo Fernández)
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-full-contact-porrino-seo.html

--> Entrevista boxeo Porriño (Roberto Caroca)
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Deporte%20local?updated-max=2011-11-07T09:22:00-08:00&max-results=20&start=20&by-date=false

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño



miércoles, 23 de mayo de 2012

Entrevista a Alfonso "Pato", director do Festival de Cans II (Porriño) 23/05/12

"Fábrica de cans" en Cans
E chegou o día. Hoxe arranca a IX edición do Festival de Cans que se prolongará ata o sábado 26. O certame é unha combinación de cine, música, diversión, unión veciñal, orixinalidade e agroglamour. Xa vimos falando desta cita imprescindible do Porriño en días anteriores e hoxe fixémolo emitindo a entrevista ao director Alfonso García "Pato". A conversa recuperámola do programa "Galicia Día a Día" que Gabino Porto conduce polas mañás en Si Radio. 

Preme este enlace para escoitar a entrevista:

Neste outro podes escoitar unha conversa anterior que mantivemos con "Pato" na que falamos das dificultades de financiamento polas que atravesou o certame este ano:

Aquí está dispoñible unha entrevista recente a Paco Candán, o artesán que elabora os cans de pedra:

E aquí a tres veciños que colaboran activamente no Festival (Xosé Quintas, Tante e Rafa González):

lunes, 21 de mayo de 2012

Entrevista ao xefe de Policía do Porriño sobre home que atacou cunha machada a 4 axentes 21/05/12

O suceso produciuse na Avda. de Galicia
O domingo de madrugada no Porriño un home atacou cunha machada a uns axentes que lle pediron que se identificase. O individuo, coñecido na zona por outros episodios violentos, transitaba pola Avenida de Galicia portando unha machada. Dous axentes da Garda Civil e dous da Policía Local desprazáronse ata o lugar tras un aviso e ao pedirlle ao home que se identificase, este respondeu dun xeito violento chegando incluso a ferir na cabeza a un dos axentes. Finalmente, un compañeiro do ferido disparoulle ao agresor na perna para reducilo. O home foi posto a disposición xudicial e segundo as últimas informacións está en prisión preventiva

Aquí podes escoitar a entrevista que lle fixo esta mañá Gabino Porto ao xefe da Policía Local do Porriño no pograma Galicia Día a Día de Si Radio e que nós recuperamos na nosa emisión local. 

Preme este enlace para escoitala: 
http://archive.org/download/EntrevistaGabinoPortoAXefePoliciaLocalPorrioSobreAgresinHome/EntrevistaGabinoPortoAXefePoliciaLocalPorrioSobreAgresorMachada21-05-12.mp3

Nesta outra ligazón podes escoitar unha entrevista anterior ao xefe da Policía Local do Porriño sobre outros altercados no municipio:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-xefe-da-policia-local.html

sábado, 19 de mayo de 2012

Entrevista iniciativa musical "Best the music" no pub La Chimena do Porriño 18/05/12


"Best the music" é unha iniciativa que se está a levar a cabo no pub La Chimena do Porriño que ten un dobre obxectivo: promocionar a músicos locais e impulsar a marcha nas noites do sábado no municipio. Juancho Castaño (deseñador gráfico e publicista) e Jorge Fandiño (dono do pub) son os impulsores desta campaña que se desenvolve no local de balde. Hoxe, día 19 ás 00.30h, celébrase o terceiro concerto dentro de "Best the music" coa actuación do grupo porriñés When Ocean Burns. Esta banda resultou gañadora este ano por partida dobre no concurso EISV Music da Escola de Imaxe e Son de Vigo e foi finalista no Beefeater London Sessions. Polo pub pasaron xa o grupo tudense The Cillit Band e o porriñés Dj KekoRn 

Nós falamos con Juancho para saber por que se creou a iniciativa, como se está a desenvolver e quen pode participar. 

A entrevista está dispoñible neste enlace:

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao grupo que toca esta noite, When Ocean Burns
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-ao-grupo-porrines-when-ocean.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 

jueves, 17 de mayo de 2012

Entrevista aos veciños Xosé Quintas, Tante e Rafa González. Festival de Cans 15/05/12

O Festival de Cans (Porriño) é posible grazas, en grande medida, á unión e colaboración dos veciños da parroquia. É por isto que quixemos convidar ao noso estudo de Torneiros a tres persoas que partipan activamente no certame de xeito desinteresado. Falamos con Xosé Quintas, veciño que este ano forma parte do xurdado; con Tante que conduce un dos chimpibuses, elabora os cans amarelos de madeira e cede o xa tradicional cuberto de Chelo; e con Rafa González en cuxa casa se celebra o xantar cos convidados e a organización. Os tres contáronos as súas funcións, impresións sobre o certame dende os comezos, curiosidades e anécdotas. 

Quintas, Tante e Rafa durante a entrevista 

A entrevista xa está dispoñible neste enlace:

Nesta outra ligazón podes escoitar a entrevista que lle fixemos ao artesán Paco Candán que elabora os cans de pedra que levan os premiados: 



lunes, 14 de mayo de 2012

Entrevista a Daniel Lago, un dos organizadores de Golfmanía Mos 11/05/12

Daniel Lago no noso estudo
Por terceira vez A Louriña converterase en escenario para os amantes e usuarios do coche Wolkswagen Golf. Este xoves 17 de maio celébrase Golfmanía. Trátase dunha ruta en coche que partirá de Pereiras (Mos) ás 10.30h para acabar en Baiona (onde se fará un xantar conxunto por 25€/persoa). A cita concentrou o ano pasado uns 30 golfs e arredor de 60 participantes. O prazo para inscirbirse remata mañá martes 15 (para reservar mesa no restaurante). Máis información no teléfono 617.370.715 ou no facebook Golfmania Wolkswagen Lago.

Nós falamos con Daniel Lago, un dos organizadores para coñecer máis detalles sobre a cita e este modelo de coche. Pincha este enlace para escoitar a entrevista: 
http://archive.org/download/EntrevistaOrganizadorGolfmaniaMosDanielLago11-05-12/EntrevistaGolfmaniaMosDanielLago11-05-12.mp


*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño 

miércoles, 25 de abril de 2012

Entrevista ao porriñés Guillermo Rodríguez Alonso, ex deportista fundador do Club SPOL 03/04/12

Guillermo, na dereita, acompañado polo alcade do Porriño e a alcadesa de Fuengirola
O porriñés Guillermo Rodríguez Alonso, aos seus 77 anos, vén de ser nomeado Fillo Adoptivo de Fuengirola polo seu labor deportivo e empresarial neste municipio da Costa do Sol. A súa historia no mundo do deporte remóntase á súa xuventude no Porriño onde fundou un equipo de fútbol e o mesmo aconteceu cando emigrou a Venezuela. Xa a súa volta fundou, de xeito anecdótico, un club de grande relevancia no Porriño: o Club Ciclista Spol de onde saíron figuras como Álvaro Pino. Cando se instalou en Fuengirola por motivos de saúde dos seus fillos seguiu relacionado co deporte levando adiante o polideportivo do municipio onde se formaron uns 600 nenos. Co paso do tempo centrouse na súa faceta como empresario no sector inmobiliario superando ata tres crises económicas.

Para escoitar a entrevista pincha neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAoPorrisGuillermoRodriguezAlonsoDeportistaFundadorClub/EntrevistaPorriesGuillermoRodriguezAlonsoDeportistaFundadorSpolEEmpresario03-04-12.mp3

*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas HISTORIA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

viernes, 13 de abril de 2012

Entrevista ao xefe da Policía Local do Porriño sobre vandalismo e roubos no municipio 12/04/12

Dende esta fin de semana pasada rexistráronse diversos incidentes no Concello do Porriño nos que tivo que intervir a Policía Local. Dende actos vandálicos contra o mobiliario urbano e coches estacionados a un intento de roubo nunha perfumería céntrica pasando por unha agresión a un conductor. Nós conversamos co xefe da Policía Local do Porriño, Porto, para falar destes feitos. Segundo as súas palabras, o acontecido estes días non é o habitual no Concello. 

Preme nesta ligazón para escoitar a entrevista: 

jueves, 12 de abril de 2012

Entrevista á Peña Moteira "Os Trankis" do Porriño 10/04/12

"Os Trankis" é unha peña composta por 27 moteir@s da zona de Porriño e arredores. Organizan quedadas en moto os domingos e outros días festivos para ir de turismo principalmente por Galicia, aínda que tamén visitan o norte de Portugal e outras comunidades limítrofes. A súa filosofía é crear un bo ambiente de amizade e percorrer tranquilamente coa moto zonas de interese. Nós falamos coa persoa que organiza estas actividades dende que se creou a peña a comezos de ano. 


Escoita a conversa que mantivemos con Isidoro Durán pinchando neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAIsidoroDuranOrganizadorDaPeaMoteiraOsTrankisDePorrio/EntrevistaAoOrganizadorDaPeaMoteiraOsTrankisIsidoro10-04-12.mp3

*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño