Mostrando entradas con la etiqueta Música local. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música local. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de septiembre de 2012

Entrevista ao músico de reggae porriñés, Ras Mael I 17/09/12

Ras Mael e Jhavy no noso estudo durante a entrevista
Na inauguración da nova temporada de Si Radio Porriño acompañounos Ras Mael I, un músico de reggae porriñés afincado en Málaga. Ten dous discos no mercado que podes descargar de xeito gratuito aquí . Nós aproveitamos que estivo este verán en Galicia dando concertos para entrevistalo. Viu acompañado do seu productor, Jhavy, e falounos da súa traxectoria, da filosofía rastafari e outros asuntos que xa podes escoitar na entrevista que lle fixemos. "Paz, unidad y amor es el mensaje que transmito en mis canciones", díxonos Ras Mael durante a entrevista. 

Preme no seguinte enlace para escoitar o audio da entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoCantanteDeReggaePorrisRasMaelI17-09-23.mp3/EntrevistaAoCantanteDeReggaePorrisRasMaelI17-09-23.mp3

Videoclip da canción Guárdame Jahovia:

martes, 31 de julio de 2012

Entrevista CISM e Banda de Música Cultural de Salceda 30/07/12

Falamos da oitava edición do Curso Internacional e a Semana Musical de Salceda, certame polo que se segue a apostar no Concello a pesar de que en outros lugares de España non se fai este ano principalmente por motivos económicos. Este evento serve para poñer aínda máis de relevancia a tradición da música en Salceda, e en especial da súa Banda de Música Cultural que conta cunha longa e froitírfera traxectoria.

Cartel do evento
Este ano participan no curso 93 alumnos (varios deles de Portugal e un de Rusia) que van aprender a tocar diversos instrumentos da man de mestres consolidados como David Rejano (trombón), Pascual Martínez (clarinete), Mike Forbes (tuba) e Paula Gállego (frauta). Ademais, hai preparadas actuacións todas as noites. Onte, o certame inaugurouse o grupo de cámara de clarinetes Ad Libitum de Portugal e o punto final o venres vén da man da Maribor International Orchestra de Eslovenia, directos dende Londres (ás 20.00h na Praza do Concello). Hoxe, a quenda é para o recital do trombón solista da Münchner Philharmoniker, David Rejano, acompañado ao piano por María Lebed (auditorio municipal, 22.00h).
Podes consultar o resto do programa AQUÍ.

Nós falamos con Álex Rodríguez Canosa, da organización do evento, para falar dos detalles da presente edición do CISM da importancia da banda e da escola de música salcedenses.



O mércores 1, ás 23.00h no Parque Raíña Argonta, actúa a banda de Mos The Turre's Band que xa pasaron polo noso estudo. Podes escoitar a entrevista que lle fixemos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-grupo-mosense-turres-band.html


O programa inclúe unha mostra de pintura vinculada á música do porriñés Quico Paz Antón. Aquí podes consultar unha entrevista que lle fixemos hai un tempo sobre a súa faceta como pintor e músico e o libro que escribiu sobre os 125 anos de historia da Banda de Música de Salceda:

http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-quico-paz-anton-030112.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño  
*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño

jueves, 21 de junio de 2012

Entrevista á Banda de Música Xuvenil de Torroso (Mos) 21/06/12

Tania, Inés, Iván e Diego no noso estudo de Torneiros
En 1987 xurdiu oficialmente a Banda de Música Xuvenil de Torroso (Mos) por iniciativa do centro cultural da parroquia e actualmente conta con 60 membros.
A banda actúa este venres 22 de xuño na Praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño (21.30h) e o domingo 24 en San Eleuterio en Mos (a partir das 12.00h). A agrupación xa ten moitas máis citas concertadas para o resto de verán. Recentemente a banda recibiu a medalla ao mérito do Concello de Mos dentro do programa da Festa da Rosa deste ano.

O Quixote e Retrincos, baseadas nas obras literarias do mesmo nome, son as pezas estrelas da banda que ademais toca dende zarzuelas ata muiñeiras e pasodobres polo que pode ser requerida tanto para concertos como para animar verbenas e romerías. 

Nós falamos co presidente, Iván Rey, a membro e profesora Inés Lorenzo, e tamén cos membros Diego Cabaleiro e Tania López.

Para escoitar a entrevista preme neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaABandaDeMusicaXuvenilDeTorrosoivanInesDiegoETania/EntrevistaABandaDeMusicaXuvenilDeTorrosoIvanInesDiegoETania21-06-12.mp3

The Turre's Band é un grupo musical mosense que xurdiu moi vinculado a esta banda de música. Nesta ligazón podes escoitar a entrevista que lle fixemos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-grupo-mosense-turres-band.html


*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño   
*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

sábado, 19 de mayo de 2012

Entrevista iniciativa musical "Best the music" no pub La Chimena do Porriño 18/05/12


"Best the music" é unha iniciativa que se está a levar a cabo no pub La Chimena do Porriño que ten un dobre obxectivo: promocionar a músicos locais e impulsar a marcha nas noites do sábado no municipio. Juancho Castaño (deseñador gráfico e publicista) e Jorge Fandiño (dono do pub) son os impulsores desta campaña que se desenvolve no local de balde. Hoxe, día 19 ás 00.30h, celébrase o terceiro concerto dentro de "Best the music" coa actuación do grupo porriñés When Ocean Burns. Esta banda resultou gañadora este ano por partida dobre no concurso EISV Music da Escola de Imaxe e Son de Vigo e foi finalista no Beefeater London Sessions. Polo pub pasaron xa o grupo tudense The Cillit Band e o porriñés Dj KekoRn 

Nós falamos con Juancho para saber por que se creou a iniciativa, como se está a desenvolver e quen pode participar. 

A entrevista está dispoñible neste enlace:

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao grupo que toca esta noite, When Ocean Burns
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-ao-grupo-porrines-when-ocean.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 

viernes, 4 de mayo de 2012

Entrevista a Santi Santos de Los Limones 03/05/12

Los Limones xunto con La Frontera, Javier Urquijo, Alberto Cunha, Chavellos Folk e The Pressing Brass son os protagonistas do concerto benéfico que organizan a Asociación de Disminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, e X Quatro Espectáculos. O obxectivo é destinar os cartos recadados ao centro para que poida seguir dando servizo a 25 usuarios despois de que este ano perigase a súa continuidade por falta de fondos.
O concerto é mañá sábado 5 de maio ás 22.00h no pavillón do Porriño e as entradas custan 10 euros (5€ fila cero). Hai puntos de venda repartidos en numerosos establecementos do Porriño, Mos e outros concellos limítrofes (máis información aquí ou no teléfono 620.037.849). 

Santi Santos, cantante de Los Limones
Nós quixemos falar con Los Limones para conversar tanto sobre este concerto solidario como da súa traxectoria e último disco. 

Podes escoitar a entrevista a Santi Santos, cantante de Los Limones, neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaASantiSantosDeLosLimones03-05-12/EntrevistaASantiSantosDeLosLimonesConcertoAsodifisi03-05-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista que lle fixemos a membros da directiva de Asodifisi sobre o labor que fan e os problemas económicos destes últmos anos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-de.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 



miércoles, 2 de mayo de 2012

Entrevista á cantante mosense Uxía 27/04/12

Portada do útimo álbum de Uxía "Meu canto"
Uxía leva 25 anos na música usando o seu precioso instrumento, a súa voz, para cantar temas inéditos e versións facendo grandes achegas á música galega e portuguesa. No seu útlimo traballo, "Meu canto", o fundamental é a presenza da voz e do sentimento. O Bar Liceum do Porriño foi o escenario onde o pasado venres Uxía presentou este novo disco acompañada por varios músicos e amigos. 

Na entrevista que mantivemos coa cantante mosense falamos da súa traxectoria, do seu útlimo traballo e do seu ben máis preciado: a súa voz. 

Podes escoitala premendo neste enlace: 
http://archive.org/download/EntrevistaACantanteUxiaSenlle27-04-12/EntrevistaCantanteUxiaSenlle27-04-12.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas VECIÑOS COÑECIDOS na Radio Municipal do Porriño



miércoles, 25 de abril de 2012

Entrevista ao grupo pontareano Colectivo Oruga 20/04/12

Iago Martínez durante a entrevista
O grupo de Ponteareas Colectivo Oruga deu un concerto o sábado pasado no Bar Liceum do Porriño e por iso nós convidámolo ao noso estudo. Esta banda está composta por Iago Martínez, Álex Mera, Cuco Pino e recentemente tamén se uniu Álex Penido. Comezaron gravando unha maqueta no 2007 (Ricos Modernos) e a finais do 2010 publicaron o seu primeiro álbum titulado Too many knobs con moi boas críticas. O seu estilo achégase ao tecno pop e electro rock aínda que as referencias doutros grupos son moitas e por iso califican o resultado final como heteroxéneo.

O grupo coida moito o aspecto audiovisual tanto nos súas actuacións en directo coma nos videoclips. Tras numerosos concertos pola xeografía galega e española, xa está a preparar novos proxectos. 

Se queres saber o que nos contou Iago Martínez pincha enriba do seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAoGrupoPontareanoColectivoOruga20-04-12/EntrevistaGrupoPontareanoColectivoOruga20-04-12.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño

viernes, 20 de abril de 2012

Entrevista ao grupo mosense The Turre's Band 13/04/12

Gustavo Barcia e Gabriel Porto durante a entrevista 
É habitual que pola nosa emisora pasen grupos da zona e este é un exemplo. Convidamos ao noso estudo a The Turre's Band. É un grupo de 12 músicos, na súa maioría de Mos e membros da banda de música de Torroso, que está especializado en instrumentos de vento e percusión. Formouse no 2001 e dende entón leva tocado en múltiples festas, festivais e salas de concertos. De feito, próximamente actuará no Bar Liceum do Porriño. The Turre's Band é unha banda con moito humor e á que lle gusta innovar, non en vano é creadora da "muiñeira ska". Gustavo Barcia e Gabriel Porto estiveron no noso estudo para falarnos de todas as características e curiosidades da banda que está a promocionar o seu último traballo titulado "A última verbena".

Para escoitar a entrevista preme na seguinte ligazón:
http://archive.org/download/EntrevistaAoGrupoDeMosTurresBand13-04-12/EntrevistaAoGrupoDeMosTurresBand13-04-12.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 

martes, 27 de marzo de 2012

Entrevista ao grupo porriñés Baldosa Amarilla II 24/03/12

Gatsby no noso estudo de Torneiros
A banda Baldosa Amarilla acaba de estrear videoclip e fíxoo na Cervexería Irish Monk's do Porriño na que ademais deu un pequeno concerto en acústico de balde. O videocplip corresponde á canción Desequilibrio (incluída dentro do último traballo do grupo chamado "La colisión invisible") e é un dos candidatos a ser premiado no Festival de Cans deste ano.

Nós quixemos poñernos ao día sobre esta banda de pop-rock en español e por iso contamos no noso estudo cun dos membros: Gatsby (teclados e guitarra). Con el falamos desta cita que tivo lugar o venres pasado, fixemos balance da traxectoria da banda e sacamos algunha que outra curiosidade.


Nesta outra ligazón podes escoitar unha entrevista anterior á banda:

sábado, 24 de marzo de 2012

Entrevista aos dj's Pau D'Afonso e André Vázquez 15/03/12

Pau D'Afonso (As Neves) e André Vázquez (O Porriño) son os únicos dj's galegos que participan no Winter Music Conference de Miami deste ano. Trátase dun evento que reúne os dj's máis importantes do momento e que se organiza coa intención de dar a coñecer as últimas tendencias musicais. Grazas á colaboración do vigués Dani Villa conseguiron colarse no WMC e Pau e André xa están pinchando ao outro lado do Altántico. 

Pau e André no noso estudo de Torneiros
Nós convidámolos ao noso estudo uns días antes de que partisen para falar dos detalles do evento, do proxecto que teñen en común baixo o nome Groove Amigos, da súa traxectoria por separado e do modo de vida dos dj's; todo isto con moito humor.

Neste enlace podes escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAosDjsPauDafonsoEAndreVazquez15-03-12/EntrevistaDjsPauDafonsoEAndreVazquez15-03-12.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 

miércoles, 21 de marzo de 2012

Entrevista á cantante porriñesa Belén 14/03/12

Belén no noso estudo
Belén é unha cantante porriñesa que domina, sobre todo, os boleros, fados e baladas. Dende ben pequena interesoulle a música e formouse para facerse un oco neste mundo tan competitivo e sacar adiante os seus propios proxectos. "Caminar sin ti" é o seu primeiro disco composto por cinco temas que presentou por toda a xeografía galega. Agora prepara o segundo traballo coa colaboración de máis artistas. 

Se queres escoitar o que nos contou sobre a súa traxectoria e proxectos pincha enriba do seguinte enlace:

jueves, 15 de marzo de 2012

Entrevista ao grupo porriñés When Ocean Burns II 07/03/12

De esquerda a dereita: Dove, Juli, Fran, Pela e Lex
Desta vez volvemos contar no noso estudo coa banda da Louriña When Ocean Burns. Entrevistámola a dous días de coñecerse o resultado do concurso EISV Music 2012, do que resultaron dobremente gañadores levando o premio do xurado e o do público. Como resultado van gravar unha maqueta, un videoclip e, sobre todo, promocionarse. Conscientes de que teñen que darse a coñecer para facerse un oco no mundo da música tamén se apuntaron ao Beefeater London Sessions onde compiten con outras bandas nacionais.

Falamos co grupo destes concursos e de como están a traballar nas cancións que queren incluír no seu primeiro EP producido por Fran Leboso de Parolas Records. Os membros defínen o seu estilo como pop-rock alternativo e tamén din que lles gusta divertirse e proba diso foi a entrevista que mantivemos con eles e que podes escoitar se clicas neste enlace:

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos no mes de setembro:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/11/entrevista-ao-grupo-de-porrino-when.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 

sábado, 10 de marzo de 2012

Entrevista ao grupo mosense The Louro River Band 29/02/12

The Louro River Band

The Louro River Band é un grupo formado por catro veciños de Mos e O Porriño:  Carlos Otero (baixo) Jimmi Bronca (voz e guitarra), Miguel Carnero (guitarra) e Gabriel Palacín (batería).  Estes son os actuais membros, pero o grupo naceu hai máis de 30 anos polo que a formación mudou en varias ocasións. Logo dun parón duns 20 anos The Louro River Band retoma algunhas actuacións para tocar aquelas cancións que crearon alá polos anos '80 e coas que gravaron algunha maqueta. A banda, xunto con +IVA e Cover's Band, tocou nas Festas de San Rosendo de Torneiros e nós convidámola ao noso estudo por este motivo e para coñecela un pouco mellor. 





Pincha neste enlace para escoitar a entrevista: 

martes, 14 de febrero de 2012

Entrevista ao grupo porriñés El Cubo 27/01/12

El Cubo
O grupo porriñés El Cubo está formado por dúas parellas de irmáns: David Rollano (voz), Abel Rollano (guitarra), Álex Carrero (baixo) e Pedro Carrero (batería). Este ano a banda cumpre o seu duodécimo aniversario e para celebralo ofreceron un concerto no Bar Liceum do Porriño no que tocaron os temas do seu último disco "La marcha de las hormigas", fixeron versións de temas antigos e presentaron as cancións do que será o seu vindeiro álbum. Esta banda de rock en español pode presumir de ter traballado co productor Javier Abreu (Los Piratas, Boikot…) e de ter compartido escenario con numerosos artistas en máis de 200 concertos ao longo da xeografía española. Ademais, foi galardoada co Premio 40 Principales Vigo (2005) no apartado de mellor directo, polo público en dúas ocasións (2007 e 2011) no Festival de Cans no apartado de mellor veidoclip e co Premio Círculo do Porriño (2011).

Escoita a conversa que mantivemos con Pedro Carrero no noso estudo de Torneiros pinchando enriba do seguinte enlace:



miércoles, 8 de febrero de 2012

Entrevista ao director da Escola Municipal de Música do Porriño, Javier Domínguez 26/01/12

Javier Domínguez
Javier Domínguez é o director da Escola Municipal de Música do Porriño dende este curso. Dirixe, tamén, a Coral e a Banda de Música de Belesar (Baiona). Nós convidámolo ao noso estudo para que nos falase da escola porriñesa na que actualmente hai 110 alumnos apuntados de tódalas idades que reciben clases de diversas modalidades instrumentais e de canto. Ademais, o persoal do centro imparte concertos didácticos a alumnos de colexios do Porriño e promove a consolidación dunha banda de música propia.

Se queres coñecer mellor a actividade da Escola Municipal de Música e a traxectoria profesional de Javier Domínguez podes escoitar a entrevista que lle fixemos ciclando enriba da seguinte ligazón:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAJavierDguezDirectorDaEscolaMunicipalDeMusicaDoPorrio/EntrevistaAoDirectorDaEscolaMunicipalMusicaPorrioJavierDguez26-01-12.mp3

*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

martes, 17 de enero de 2012

Entevista a membros da Rondalla Santa Eulalia Mos 13/01/12

A rondalla ao completo
A comarca da Louriña está de noraboa no que se refire ao éxito das súas rondallas. Proba disto é que no certame provincial de rondallas celebrado en Vigo o pasado día 8, a agrupación de Pontellas levou o primeiro premio e a Rondalla Santa Eulalia de Mos o segundo. Por esta razón, convidamos a membros desta última ao noso estudo. Juan Carlos Lago, presidente do Círculo Santa Eulalia de Mos, e Daniel Burgos, director da banda, foron os encargados de explicarnos tódolos detalles da rondalla, o premio e o resto de actividades que se desenvolven na asociación.

Para escoitar a entrevista só tes que premer enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaADousMembrosRondallaSantaEulaliaMosJuanCarlosEDaniel/EntrevistaRondallaSantaEulaliaDeMosJuanCarlosEDaniel13-01-12.mp3




miércoles, 4 de enero de 2012

Entrevista ao guitarrista tudense, Samuel Diz 23/12/11

Samuel Diz Sierpes
Samuel Diz é un guitarrista tudense que aos seus 25 anos xa conseguiu o recoñecemento internacional. Nós convidámolo ao noso estudo recén chegado da súa xira americana para que nos falase da súa experiencia, da súa traxectoria e dos novos proxectos que ten entre mans entre os que destaca un disco no que versionará  cancións de compositores galegos ou relacionados con Galicia. No mesmo día da entrevista, pola tarde, ofreceu un concerto na tenda JL Música en Tui e aproveitamos para que nos adiantase un dos temas no noso estudo.

Se queres coñecer un pouco mellor a este artista tudense escoita a entrevista pinchando o seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoGuitarristaTudenseSamuelDiz23-12-12/EntrevistaGuitarristaTudenseSamuelDiz23-12.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas Concello de TUI na Radio Municipal do Porriño

viernes, 30 de diciembre de 2011

Entrevista a membros das rondallas de Atios e Pontellas (Porriño) 19/12/12

Imaxe do encontro no polideportivo do Porriño (Atlántico Diario)
No Porriño existen dúas rondallas que gozan de grande recoñecemento e tradición. Unha delas é a Rondalla de Santa Eulalia de Atios, a outra é a Rondalla de Pontellas. O polideportivo do Porriño acolleu este domingo a IX mostra de rondallas na que, obviamente, non faltaron estas dúas. As vindeiras ocasións para escoitalas son o día 5 en As Neves e O Porriño acompañando as cabalgatas de reis, o día 6 en Pontellas e o día 8 competirán no Ifevi en Vigo nun certame multitudinario que se celebra anualmente e no que as agrupacións de Pontellas e Atios quedaron primeira e segunda respectivamente no 2011.

Nós falamos con Alfonso Domínguez, presidente da rondalla de Atios, e con Agustín dos Anjos, membro da agrupación de Pontellas.

Só tes que premer enriba do seguinte enlace para escoitar a entrevista:

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Entrevista ao cantante vigués Néstor Donoso 10/11/11

Néstor Donoso actuando en Madrid
Hai pouco máis dun mes convidamos ao noso estudo a Néstor Donoso, un mozo vigués que comeza a despuntar no mundo da música e que xa goza dun acérrimo grupo de fans. Deuse a coñecer hai preto de dous anos participando no programa radiofónico Escuche a sus vecinos, dirixido por Carlos Herrero e no que Juan Valderrama se interesou polos seus temas. Acaba de presentar o disco Escuche a sus vecinos na sala Galileo Galilei de Madrid.

Se queres coñecelo mellor escoita a entrevista que lle fixemos na nosa emisora pinchando o seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaNestorDonoso10-12-12/EntrevistaNstorDonoso10-12.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL da Radio Municipal do Porriño

viernes, 25 de noviembre de 2011

Entrevista ao grupo Sugar Mountain 25/11/11

A banda Sugar Mountain regresa con novo vocalista e nova guitarrista. Ao tempo en que prepara futuros proxectos, o grupo repasa os temas do seu terceiro álbum de estudo "Love Unique". Esta noite tes unha oportunidade única de velos en directo no Bar Liceum ás 23.30h. Sugar Mountain está composta polos porriñeses Isaac Campos (órgano e piano) e Rubén Álvarez (baixo) xunto con Yago Carreño (guitarra), Iván Trigo (batería), Gonzalo Arca (voz) e Laura Solla (guitarra). "Love Unique" está producido polo tándem Ken Coomer-Charlie Brocco e a banda pode presumir de ter compartido escenario con The Georgia Satellites, The Bellrays o Drive by Truckers.

De esquerda a dereita: Rubén, Yago, Isaac, Gonzalo, Iván e Laura