Mostrando entradas con la etiqueta Baldosa Amarilla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Baldosa Amarilla. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de marzo de 2012

Entrevista ao grupo porriñés Baldosa Amarilla II 24/03/12

Gatsby no noso estudo de Torneiros
A banda Baldosa Amarilla acaba de estrear videoclip e fíxoo na Cervexería Irish Monk's do Porriño na que ademais deu un pequeno concerto en acústico de balde. O videocplip corresponde á canción Desequilibrio (incluída dentro do último traballo do grupo chamado "La colisión invisible") e é un dos candidatos a ser premiado no Festival de Cans deste ano.

Nós quixemos poñernos ao día sobre esta banda de pop-rock en español e por iso contamos no noso estudo cun dos membros: Gatsby (teclados e guitarra). Con el falamos desta cita que tivo lugar o venres pasado, fixemos balance da traxectoria da banda e sacamos algunha que outra curiosidade.


Nesta outra ligazón podes escoitar unha entrevista anterior á banda:

viernes, 18 de noviembre de 2011

Entrevista ao grupo porriñés Baldosa Amarilla 15/11/11

O grupo Baldosa Amarilla xa ten novo traballo, "La colisión invisible". Presentan este novo disco hoxe no Porriño no Bar Liceum ás 23.00h. Nós convidamos a banda ao noso estudo de Si Radio para falar da súa traxectoria, dos seus traballos e próximos proxectos.

Escoita a entrevista pinchando o seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaBaldosaAmarilla15-11-11/EntrevistaBaldosaAmarilla15-11.mp3

Os membros de Baldosa Amarilla fotografiados por Águeda N. Paz

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior que lle fixemos á banda cando presentaron o primeiro videoclip de "La colisión invisible": 
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-ao-grupo-porrines-baldosa.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño