Mostrando entradas con la etiqueta PORRIÑO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PORRIÑO. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de octubre de 2012

Entrevista a Javier García, membro do Club Ciclista Spol e campión jr. da Volta a Portugal 28/09/12

Javier García


Javier García vén de proclamarse campión da 7ª Volta a Portugal na categoría junior. Este redondelano dá así unha nova alegría nesta proba ao Club Ciclista Spol do Porriño, que acumula dúas victorias consecutivas xa que o ano pasado venceu outro corredor do equipo, Ángel Sánchez. Javier tamén conta no seu palmarés con outras victorias como o Campionato Galego e pronto se enfrontrá a novos retos porque pasará á categoría sub-23.


"La Vuelta a Portugal es la prueba más dura a la que me he enfrentado", contounos Javier durante a entrevista.


Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaCiclistaClubSpolJavierGarca28-09-12/EntrevistaCiclistaClubSpolJavierGarca28-09-12.mp3

Entrevista á pintora porriñesa Chelo Rodríguez 28/09/12



Chelo Rodríguez pasou polo noso estudo para contarnos todo o referido á súa traxectoria como pintora. Estas semanas expuxo parte da súa obra no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, unha de tantas mostras que ten feito en Galicia. Chelo tamén deu a coñecer a súa obra noutros sitios de España, en Portugal e incluso en Francia. É unha artista que se inspira nos detalles e recunchos e que aposta pola cor. Pronto viaxará a Barcelona para pintar co artista e amigo Pere Munné.

"Ya no puedo dejar de pintar, se ha convertido en una necesidad de expresión", díxonos Chelo. 




Entrevista á empresa porriñesa TCR Datos Norte, candidata a conometrar o Mundial de Rallyes 27/09/12

Fidel, de TCR Datos, na esquerda
Fidel Iglesias, administrador da empresa porriñesa TCR Datos Norte, estivo no noso estudo para contarnos o reto ao que se enfrontan se a FIA (Federación Internacional de Automovilismo) elixe a súa candidatura para participar no vindeiro Campionato Mundial de Rallyes. O obxectivo desta empresa é levar a cabo a conometraxe e localización GPS durante a proba que se celebrará a comezos do ano que vén en varios continentes.
No caso de que TCR Datos Nortes saíse elixida para estas tarefas, trataríase doutra empresa instalada no Porriño que fai coñecido o nome do municipio no estranxeiro.

"É unha grande responsabilidade porque a conometraxe determina quen gaña... Temos que usar un sistema fiable e moi rápido", díxonos Fidel durante a entrevista.

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaFidelIglesiasTcrDatosNorte27-09-12/EntrevistaFidelIglesiasTcrDatosNorte27-09-12.mp3

*Entrevistas COMERCIO E INDUSTRIA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

sábado, 29 de septiembre de 2012

Entrevista á pintora porriñesa Rossina Lucchini Leiva 20/09/12

Rossina durante a inauguración


Rossina Lucchini Leiva, veciña do Porriño, expón por primeira vez os seus cadros. Durante as Festas do Crsito 2012 pódese visitar a súa obra xa que un total de 19 lenzos están a disposición do público no centro cultural municipal.

Rossina comezou a pintar hai tres anos e asegura que non presta tanta atención á ténica como á imaxinación. As obras desta pintora caracterízanse por tratar temas variados e as cores vivas.

"Empecé a pintar a raíz del accidente que tuve", díxonos Rossina durante a entrevista. 



Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaPintoraPorriesaRossinaLucchiniLeiva20-09-12/EntrevistaPintoraPorriesaRossinaLucchiniLeiva20-09-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

viernes, 28 de septiembre de 2012

Entrevista ao edil porriñés Alejandro Lorenzo sobre emprego en setembro e Festas do Cristo 18/09/12

Alejandro Lorenzo (dereita)
Falamos co concelleiro porriñés Alejandro Lorenzo sobre cuestións referidas a dous dos departamentos que dirixe: Emprego-Formación e Festexos. Por un lado, conversamos sobre os datos de paro no Concello, os obradoiros que se van a poñer en marcha (atención sociosanitaria, xardiñería e deseño-instalación de enerxía xeotérmica e solar) e as accións formativas que xa se están a desenvolver dende agosto (atención sociosanitaria, vendedor técnico e restauración). Tamén tratamos inciativas que se van a levar a cabo proximamente como o II Feirón Porremprego. Por outra banda, como edil de Festexos, Alejandro Lorenzo falounos das particulariedades das Festas do Cristo deste ano.

"Estámonos planteando celebrar este ano o Feirón Porremprego no pavillón para ampliar as ponencias", foi unha das declaracións que nos deixou Alejandro Lorenzo durante a entrevista. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaEdilPorrioAlejandroLorenzoempregoSetembroEFestasCristo/EntrevistaEdilPorrioAlejandroLorenzoempregoSetembroEFestasCristo18-09-12.mp3


*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña 

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 


miércoles, 26 de septiembre de 2012

Programa especial Festas do Cristo 2012 no Porriño 21/09/12

Os pregoeiros xunto con membros do goberno local
Subimos unha parte do programa especial que fixemos o pasado día 21 de setembro con motivo do pregón das Festas do Cristo 2012 no Porriño. Poderás escoitar como falamos de curiosidades sobre esta celebración e as entrevistas que lle fixemos en directo ao concelleiro de Festexos, Alejandro Lorenzo, e ao alcalde, Nelson Santos. Ademais, por suposto, poderás escoitar o pregón íntegro que correu a cargo do grupo show do Club de Patinaxe Ribex do Porriño, subcampión de Europa este ano.

Preme neste enlace para escoitar o programa no que participaron Tania Alonso e Lorena Soto dende o noso estudo de Torneiros, e Antón Xil dende a Praza Arquitecto Antonio Palacios:
http://archive.org/download/ProgramaFestasDoCristoPorrio2012/ProgramaFestasDoCristoPorrio2012.mp3

AQUÍ podes ver algunhas fotografías tomadas ese día.

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 

jueves, 20 de septiembre de 2012

Entrevista á protectora de animais de Porriño sobre a polémica coa canceira de Meis 20/09/12

Instalacións da canceira de Meis (por Carlos Puga)
Manán, venres 21 de setembro ás 21.00h, trece protectoras e refuxios de animais da provincia convocan unha protesta diante do Pazo da Deputación de Pontevedra. O motivo: consideran que o ente público está a facer unha xestión inaxeitada da canceira de Meis. Denuncian que se pretende privatizar o servizo provocando que a canceira acabe por converterse nun lugar de sacrificio dos animais por falta de espazo xa que se busca cubrir todos os concellos da provincia que o desexen.

Baixo o nome de Plataforma contra o exterminio de cans, as protectoras piden que se faga o uso real para o que se creou a instalación, financiada principalmente con fondos da UE e pensada para dar servizo soamente a concellos da súa contorna. Os defensores dos animais aseguran tamén que a privatización da canceira fará que desaparezan as protectoras de Pontevedra e, por tanto, tamén o seu  labor de difusión de campañas de esterilización, contra o abandono, de concienciación, etc.

Nós falamos con Marta Penelas, da Asociación Protectora de Porriño e Mos (ASPAP), "la gestión por parte de una empresa privada convertirá la perrera en un lugar de limpieza y exterminio de los animales", foi unha das declaracións que nos deixou durante a entrevista.



Entrevista ao músico de reggae porriñés, Ras Mael I 17/09/12

Ras Mael e Jhavy no noso estudo durante a entrevista
Na inauguración da nova temporada de Si Radio Porriño acompañounos Ras Mael I, un músico de reggae porriñés afincado en Málaga. Ten dous discos no mercado que podes descargar de xeito gratuito aquí . Nós aproveitamos que estivo este verán en Galicia dando concertos para entrevistalo. Viu acompañado do seu productor, Jhavy, e falounos da súa traxectoria, da filosofía rastafari e outros asuntos que xa podes escoitar na entrevista que lle fixemos. "Paz, unidad y amor es el mensaje que transmito en mis canciones", díxonos Ras Mael durante a entrevista. 

Preme no seguinte enlace para escoitar o audio da entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoCantanteDeReggaePorrisRasMaelI17-09-23.mp3/EntrevistaAoCantanteDeReggaePorrisRasMaelI17-09-23.mp3

Videoclip da canción Guárdame Jahovia:

lunes, 6 de agosto de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos 01/08/12

Nelson Santos

Falamos co alcade do Porriño, recén estreado o mes de agosto, para repasar a actualidade municipal máis recente. Conversamos sobre emprego, saneamento, a nova ordenanza reguladora de tráfico e seguridade cidadá, deporte, etc.

Sobre emprego díxonos: "Estudamos limitar o prazo de empadroamento para que os que leven toda a vida censados no Porriño teñan preferencia á hora de acceder á bolsa de emprego".

En canto a benestar social comentounos: "En Porriño vai abrir unha nova gardería Galiña Azul e queremos dotar o edificio dos antigos xulgados con servizos de centro de día".

En relación ás obras para conectar o saneamento porriñés á EDAR de Guillarei puntualizou: "Estamos a facer obras en Torneiros, Atios e Carracido (...) Nun prazo de 3-4 anos queremos que todo o Concello estea plenamente sanenado (...) En canto a Chenlo, estudamos conectala a Guillarei ou a posible colocación dunha pequena depuradora na propia parroquia".

Sobre a prohibición de colocar carteis no Concello en lugares non habilitados a tal fin (ex. mobiliario urbano, sinais de tráfico etc.)  baixo ameaza de sanción económica o alcalde dixo o seguinte: "O que non pode ser é ir pola rúa e atoparse con ducias de pintadas e carteis colocados en calquera sitio (...) Colocáronse uns espazos onde a xente pode expoñer o que queira (...) Multouse xa a unha persoa que estaba a facer unha pintada con 1.500 euros (...) Imos levar a cabo un importante investimento para limpar o Concello de pintadas e graffitis".

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12.mp3

Máis entrevistas a Nelson Santos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Santos

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

viernes, 3 de agosto de 2012

Entrevista sobre concentración de coches tuning e clásicos no Porriño 03/07/12

Esta fin de semana (dende o sábado día 4 ás 10.00h ata o domingo 5 ás 18.00h) celébrase no aparacamento do pavillón polideportivo do Porriño unha concentración de tuning e de coches clásicos.

Santiago e Aroa no noso estudo
A inscrición vai estar aberta os dous días e dende a organización aseguran que se prevé a mobilización de entre 100 e 150 coches. Realizaranse competicións de audio como o Campionato Internacional de SPL e outros e exporanse automóbiles clásicos como Corvette Z06 Black Edition. Tamén haberá preparación de vehículos e expositores.

Santiago Carballo e Aroa Rodríguez, da organización, aseguran que o obxectivo é pasalo ben, favorecer o turismo no Concello e compartir a paixón polos coches. Convidan a todo o mundo interesado a asistir.

jueves, 2 de agosto de 2012

Entrevista ao actor mosense Pablo Paz 31/07/12

Pablo Paz (dereita) xunto ao tamén actor Pablo Viña en Torneiros (Porriño)
Esta semana estivo no noso estudo o actor mosense Pablo Paz (Amar en tiempos revueltos, Yo soy Bea) que está por terras galegas para presentar a obra que produce e protagoniza Águilas en el jardín (todos os xoves e domingos de agosto na Sala Cristian de Samil en Vigo ás 21.30h). Falounos deste proxecto no que dá vida a seis personaxes diferentes que deben demostrar o seu valor á hora de enfrontarse a unha serie de retos en ton de comedia. Trae, ademais, como convidado especial ao temén actor Pablo Viña (Amar en tiempos revueltos, Agitación+iva). Podes consultar máis información sobre a obra que gozou de éxito durante dúas temporadas en Madrid premendo AQUÍ. 
Pablo Paz non só é actor, senón tamén productor e bailarín e incluso se atreve coa música. "Me hace especial ilusión actuar en Vigo, cerca de casa" díxonos durante a conversa. 

Falamos sobre Águilas en el jardín, todas as súas facetas e outras curiosidades na entrevista que podes escoitar se premes o seguinte enlace:

miércoles, 1 de agosto de 2012

Entrevista IV Festa Gastronómica do Cabrito ao Espeto de Chenlo (Porriño) 31/07/12

Foto tomada onte durante a presentación da festa no centro sociocultural de Chenlo
Como cada primeiro domingo de agosto dende hai catro anos celébrase a Festa do Cabrito ao Espeto na parroquia porriñesa de Chenlo. O día 5 estarán listos os 100 cabritos e os 200 kg de churrasco que se van asar coa previsión de abastecer a unhas 2.000 persoas no lugar da Chan da Carreira (xunto o campo de fútbol). O evento, que comezará a partir das 10.00h, estará amenizado musicalmente co grupo 3.com e o grupo de gaitas San Xurxo de Mosende. Haberá sorpresas e agasallos e sortearase un cabrito. O prazo para facer as reservas remata este xoves día 2 de agosto. Os prezos son os seguintes:

- cabrito enteiro 180€
- medio cabrito 90€
- ración de cabrito 20€
- ración de churrasco 12€
- pinchos de cabrito 3€

As racións inclúen viño, rosca, empanada, café e chupito. Os teléfonos para as reservas son os seguintes: 
607 77.55.25 / 647 14.27. 82 / 615 40.02.65.

Nós falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo, sobre todos os detalles do evento organizado, principalmente, por xente moza do municipio.

Podes escoitar a entevista pinchando neste enlace:


jueves, 26 de julio de 2012

Entrevista aos edís Marcelino Coto e Óscar Soto sobre deslinde en Porriño e Mos 17/07/12

Marcelino Coto
Veciños e empresarios de Porriño e Mos levan tempo reinvindicando que se leve a cabo un proceso deslinde para que se esclarezan, de xeito oficial e definitivo, os límites entre ambos concellos e evitar así problemas, na súa maioría, burocráticos. Agora esa petición pretende ser atendida nos dous municipios nos que se vai levar a cabo o proceso. Para isto, formáronse dúas comisións compostas por membros da corporación municipal e históricos, é dicir, persoas maiores con amplos coñecementos sobre onde están situados os límites dende hai tempo. A zona máis problemática é a da parroquia de Pereiras. Está previsto que en setembro se comece co proceso. 

Óscar Soto
Nós falamos con dous membros das comisións encargadas de levar a cabo os trámites. Pola parte do Porriño conversamos con Marcelino Coto, edil de Urbanismo. Pola de Mos, atendeunos Óscar Soto, edil de Patrimonio. 

"Un ejemplo es el tanatorio Louriña Memorial que tiene licencia por ambos concellos. Dependiendo de la sala, el fallecido puede estar en Porriño o Mos", díxonos Marcelino Coto.

"Dende Mos xa pretendéramos comezar co proceso no 2008 cando gobernaba Raúl Francés no Porriño, pero fora imposible chegar a un acordo" contounos pola súa parte Óscar Soto.

martes, 24 de julio de 2012

Entrevista a David Sobral, xerente da Asociación de Empresarios do Porriño 19/07/12

David Sobral
Quixemos dar voz aos empresarios do Porriño porque, sendo a Vila do Louro un municipio industrial, teñen moito que contar. Falamos con David Sobral, xerente da Asociación de Empresarios do Porriño que aúna a unhas 50 empresas, sobre todo do Polígono das Gándaras e da Granxa.
Contounos como está afectar a crise aos empresarios asentados en solo porriñés, que papel xogan os polígonos á hora de reactivar a economía, que peticións e necesidades teñen os empresarios do municipio, que opinión teñen respecto das políticas de emprego do goberno local ou como traballan para evitar máis danos no escosistema que forman as Gándaras de Budiño e as súas lagoas

"Porriño, a diferenza doutros concellos da área, está nunha mellor posición para dar resposta á crise debido ao seu tecido producivo, a un maior nivel de internacionalización e á excelencia empresarial", foi unha das declaracións que nos deixou David Sobral durante a entrevista.


miércoles, 18 de julio de 2012

Entrevista á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, durante a súa visita a Porriño 13/07/12

Beatriz Mato xunto co alcalde do Porriño e o edil de emprego
O venres pasado a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou unha visita a Porriño co obxectivo principal de coñecer de primeira man o funcionamento do servizo Porremprego. Estivo na Casa Consistorial e no Multicentro de Torneiros acompañada, entre outros, polo alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego, Alejandro Lorenzo. Aproveitou o encontro para anunciar que a Xunta achegará 250.000 euros para a realización de catro accións formativas para desempregados no municipio. Nós falamos en directo coa conselleira e con membros do goberno local.

"Porriño está moi implicado en solventar o problema do desemprego",  foi unha das declaracións que nos deixou Mato durante a entrevista.







jueves, 12 de julio de 2012

Entrevistas aos concelleiros de Emprego de Porriño e Mos 10/07/12

Alejandro Lorenzo
Este martes pasado falamos de emprego na Radio Municipal do Porriño.

En primeiro lugar tivemos no noso estudo ao edil de Traballo do Porriño, Alejandro Lorenzo. Con el falamos da cifra de desempregados do Porriño que baixou por primeira vez en meses e fíxoo en 28 persoas (a cifra total de parados é de 2.609). Falamos tamén dos convenios de prácticas que o Concello está asinar con empresas da zona para que titulados (universitarios ou de Formación Profesional) fagan estadías con posibilidade de contratación. Conversamos ademais dos cursos de formación e accións formativas que se están a levar a cabo no Multicentro de Torneiros que agora, no verán, están centrados especialmente na hostelería. 

"Hai xente que se empadroa no Porriño e no mesmo día xa se quere apuntar á bolsa de emprego", díxonos Alejandro Lorenzo durante a entrevista.


Óscar Soto
Por outra parte falamos con Óscar Soto, edil de Emprego de Mos. Neste municipio a cifra de parados, logo de meses á alza,  baixou en xuño en 106 persoas (a cifra total desempregados é de 1.748). Preguntámoslle ao concelleiro a este respecto e tamén falamos da importancia do Polígono Empresarial da Veigadaña para a creación de emprego. Tratamos ademais temas relacionados cos cursos de formación que se ofertan no Concello e coas críticas da oposición que tilda ao goberno local de "oficina de colocación". 

"Os datos de xuño poden supoñer un punto de inflexión para deixar de destruír emprego no Concello", é unha das declaracións que nos deixou  Óscar Soto durante a entrevista.


Entrevista "Gala 25 aniversario Premios Circulo do Porriño" con María José Giráldez 06/07/12

Mª Jose Giráldez no noso estudo
O sábado pasado o Círculo Recreativo Cultural do Porriño acolleu unha gala especial con motivo do 25 aniversario dos seus premios que cada ano se outorgan a veciños (deporte, música, cultura, recordo, mención especial). Unhas 150 persoas, entre socios e premiados, asistiron o evento presentado por Icía Alcalde.

Este ano, os protagonistas foron os impulsores da idea: Modesto Giráldez Teijeira, quen presidía o Círculo daquela, e os irmáns Antonio e Eduardo Fernández Valverde, primeiro Premio Círculo á Cultura e primeiro presentador gala respectivamete. 

Un día antes do evento, recibimos no noso estudo á  actual presidenta do Círculo, María José Giráldez. Con ela non só conversamos dos premios, senón tamén da importancia do centro para o desenvolvemento cultural no municipio durante os seus máis de 55 anos de historia ou do número especial da Revista Acougo (emblema do Círculo alá polos '70) entre outros temas.

"No Círculo somos unha gran familia", díxonos María José Giráldez durante a entrevista.

jueves, 5 de julio de 2012

Entrevistas Rallye Sur do Condado: Pablo Fdez Lameiro (Porriño) e Cándido Carrera (Salvaterra) 04/07/12

Pablo no noso estudo
Esta fin de semana, do 6 ao 8 de xullo, celébrase o IX Rallye Sur do Condado puntuable para o Campionato Galego de Rallye sobre asfalto. Polos concellos de Salvaterra, Ponteareas e Salceda pasan os diversos tramos que percorrerán os 110 pilotos inscritos este ano. 

Nós falamos en primeiro lugar con Pablo Fernández Lameiro, piloto de rallye natural da parroquia de Budiño (Porriño), sobre a competición e a súa traxectoria. "Este ano máis que nunca opto ao Campionato Galego" é un dos titulares que nos deixou durante a entrevista.

Podes escoitala premendo no seguinte enlace:

Cándido Carrera
Tamén conversamos con Cándido Carrera, un dos fundadores da escudería Surco que organiza o evento. O copiloto de Salvaterra está a competir a nivel mundial con José Antonio Suárez no World Rally Car Academy e pronto viaxará a Estonia e a Finlandia. Sobre a competición desta fin de semana díxonos: "Como novidade este ano recuperamos A Picaraña, un tramo rápido no que non se pode dubidar".

Podes escoitar a entrevista no seguinte enlace:

Aquí podes escoitar unha entrevista feita en novembro do ano pasado sobre o Rallye Serra da Groba:




martes, 3 de julio de 2012

Entevistas sobre os principais temas tratados no pleno de xuño no Porriño 28-29/06/12 e 02/07/12

A Radio Municipal do Porriño estivo presente no pleno celebrado o xoves 28 de xuño no Concello e tanto ao final do mesmo coma nos días seguintes fixemos entrevistas sobre os temas máis destacados.

José Manuel Jacobo
Por unha parte, falamos con José Manuel Jacobo, tenente alcalde do Porriño, sobre a proposta dos populares de crear unha ordenanza que regule o tráfico e a circulación no municipio. Tamén lle preguntamos por que o goberno local rexeitou a moción presentada polo BNG na que pedían que o banco de alimentos municipal contase cun servizo de doazón de roupa
Ao final da entrevista incluimos unhas declaracións de Mónica Bugarín, edil do BNG, explicando o motivo polo que piden este servizo ademais dunha comisión  para asegurar a transparencia de SOS Porriño

Se premes no enlace de embaixo podes escoitar as entrevistas:


Ana Crespo,Marcos Rguez,Mónica Bugarín,Gustavo Dguez, Laura Iglesias
Por outro lado, no pleno de xuño incorporáronse os tres novos concelleiros do BNG que sustitúen a Raúl Francés, Quico Paz Antón e Victoria Cardoso que reuniciaron as súas actas hai máis dun par de meses. Falamos con Gustavo Domínguez Lemos, Laura Iglesias Freiría e Ana Belén Crespo Bastos sobre como afrontan os seus novos cargos no partido. Tamén falamos con Mónica Bugarín e Marcos Rodríguez sobre as súas impresións respecto da marcha dos seus compañeiros e os proxectos que queren para O Porriño.

Preme na ligazón para escoitar as declaracións:


Carlos Martínez

En terceiro lugar, entrevistamos a Carlos Rodríguez, edil de Canteiras do Porriño, sobre a proposta que os populares levaron a pleno para subvencionar con ata 6.000€ obras feitas no Concello que empreguen granito rosa Porriño. Tamén lle preguntamos sobre a moción do PSOE na que lle pediron aos populares que se renovasen os convenios coas comunidades de montes de Atios e Budiño.

Neste enlace podes escoitar a entrevista:


Iván Vaqueiro
María José Martínez
Por último, este luns entrevistamos a Iván Vaqueiro (PSOE do Porriño) xa que os socialistas levaron a pleno unha moción de urxencia na que pedían que a corporación municipal esixise ao SERGAS unha solución inmediata ás altas temperaturas que se rexistran no centro de saúde (ata 33º segundo Vaqueiro). Falamos tamén coa edil de Sanidade, María José Martínez, ao respecto.

A entrevista está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaPsoePorrioEEdilSanidadeSobreAltasTemperaturasCentroSaude/EntrevistaPsoePorrioEEdilSanidadeSobreAltasTemperaturasCentroSaude02-07-12.mp3 

*Premendo enriba dos enlaces que aparecen no texto podes escoitar entrevistas relacionadas coas palabras marcadas en verde. 


*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

Entrevista á representante dos despedidos da panadería Las Mercedes do Porriño 25/06/12

Os traballadores durante a folga que convocaron hai un ano
A semana pasada falamos con Rebeca Estévez, representante dos 25 extraballadores da panadería Las Mercedes (con locais en diversos municipios do sur de Pontevedra, entre eles O Porriño), para que nos contase cal é a situación un ano despois do peche da empresa. Dende o sindicato quéixanse de que o xerente da panadería nunca mostrou interese en chegar a un acordo cos traballadores. É por isto que os afectados levaron o caso aos xulgados e contan xa con sentencias firmes que confirman que a empresa lles adebeda cinco meses de salario e indeminizacións por despedimento improcedente. A día de hoxe seguen á espera de recuperar estes cartos, uns 360.000€ en total, segundo Rebeca Estévez. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaDespedidosPanaderiaLasMercedesPorrioRebecaEstevez25-06-12/EntrevistaDespedidosPanaderiaLasMercedesPorrioRebecaEstevez25-06-12.mp3

Neste outro enlace está dispoñible a entrevista aos traballadores de Forbo Mos tras confirmarse o peche da planta:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/07/entrevista-sobre-o-futuro-dos-70.html

Aquí podes escoitar outra entrevista que lle fixemos aos despedidos de Frigolouro do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-dous-despedidos-de.html

E aquí aos traballadores da empresa Pérez Leirós tamén do Porrriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-aos-traballadores-de-perez.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño