Mostrando entradas con la etiqueta ASPAP Protectora Animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ASPAP Protectora Animais. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de septiembre de 2012

Entrevista á protectora de animais de Porriño sobre a polémica coa canceira de Meis 20/09/12

Instalacións da canceira de Meis (por Carlos Puga)
Manán, venres 21 de setembro ás 21.00h, trece protectoras e refuxios de animais da provincia convocan unha protesta diante do Pazo da Deputación de Pontevedra. O motivo: consideran que o ente público está a facer unha xestión inaxeitada da canceira de Meis. Denuncian que se pretende privatizar o servizo provocando que a canceira acabe por converterse nun lugar de sacrificio dos animais por falta de espazo xa que se busca cubrir todos os concellos da provincia que o desexen.

Baixo o nome de Plataforma contra o exterminio de cans, as protectoras piden que se faga o uso real para o que se creou a instalación, financiada principalmente con fondos da UE e pensada para dar servizo soamente a concellos da súa contorna. Os defensores dos animais aseguran tamén que a privatización da canceira fará que desaparezan as protectoras de Pontevedra e, por tanto, tamén o seu  labor de difusión de campañas de esterilización, contra o abandono, de concienciación, etc.

Nós falamos con Marta Penelas, da Asociación Protectora de Porriño e Mos (ASPAP), "la gestión por parte de una empresa privada convertirá la perrera en un lugar de limpieza y exterminio de los animales", foi unha das declaracións que nos deixou durante a entrevista.



viernes, 17 de febrero de 2012

Entrevista á porriñesa Cristina Diz, adestradora de cans 31/01/12

Cristina con animais da protecotra
Cristina Diz, veciña do Porriño, é adestradora de cans e membro da Asociación Protectora de Animais de Porriño e Mos, ASPAP. Convidámola ao noso estudo de Torneiros para que nos falase da súa profesión e nos explicase en que consiste a técnica que emprega: o adestramento en positivo. Conversamos tamén sobre casos concretos cos que tratou, de curiosidades e de técnicas e consellos á hora de coidar un animal.

Por último, tamén abordamos o tema da protectora. Os seus membros acollen animais perdidos ou abandonados ata que atopan un novo fogar e á espera de que se constrúa por fin un refuxio na comarca.

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaACristinaDizAdestradoraDeCans31-01-12/EntrevistaAdestradoraDeCansCristinaDiz31-01-12.mp3

Neste outro podes escoitar a entrevista a Marta Penelas, tesoureira de ASPAP, na que nos conta todo o labor que desenvolven na protectora:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/10/entrevista-protectora-de-animais-de.html

viernes, 7 de octubre de 2011

Entrevista á tesoureira da Protectora de Animais de Porriño e Mos (ASPAP) 31/08/11

Karpin, en adopción
Unha das entrevistas que máis lles interesou aos nosos oíntes foi a que lle fixemos a Marta Penelas, tesoureira da Protectora de Animais de Porriño e Mos, ASPAP.

Grazas a esta protectora formada por voluntarios, animais perdidos ou abandonados da comarca teñen un refuxio provisional á espera de atopar un novo fogar. Ademais, grazas  ao seu traballo desinteresado evitan que moitos destes animais acaben sacrificados, cousa que adoita ocorrer cando se avisa a unha empresa de recollida e o animal non ten chip que o identifique. A través desta protectora non só podes adoptar, senón tamén apadriñar. 

Podes escoitar a entrevista que lles fixemos a través do seguinte enlace, pincha:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAspapProtectoraAnimaisPorrioEMos31-08/EntrevistaAspapmartaPenelas31-08.mp3

Neste outro enlace podes escoitar a entrevista que lle fixemos a Cristina Diz, tamén membro da protectora e adestradora de cans:
http://siradioporrino.blogspot.com/2012/02/entrevista-porrinesa-cristina-diz.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño