jueves, 20 de septiembre de 2012

Entrevista á protectora de animais de Porriño sobre a polémica coa canceira de Meis 20/09/12

Instalacións da canceira de Meis (por Carlos Puga)
Manán, venres 21 de setembro ás 21.00h, trece protectoras e refuxios de animais da provincia convocan unha protesta diante do Pazo da Deputación de Pontevedra. O motivo: consideran que o ente público está a facer unha xestión inaxeitada da canceira de Meis. Denuncian que se pretende privatizar o servizo provocando que a canceira acabe por converterse nun lugar de sacrificio dos animais por falta de espazo xa que se busca cubrir todos os concellos da provincia que o desexen.

Baixo o nome de Plataforma contra o exterminio de cans, as protectoras piden que se faga o uso real para o que se creou a instalación, financiada principalmente con fondos da UE e pensada para dar servizo soamente a concellos da súa contorna. Os defensores dos animais aseguran tamén que a privatización da canceira fará que desaparezan as protectoras de Pontevedra e, por tanto, tamén o seu  labor de difusión de campañas de esterilización, contra o abandono, de concienciación, etc.

Nós falamos con Marta Penelas, da Asociación Protectora de Porriño e Mos (ASPAP), "la gestión por parte de una empresa privada convertirá la perrera en un lugar de limpieza y exterminio de los animales", foi unha das declaracións que nos deixou durante a entrevista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario