Mostrando entradas con la etiqueta Emprego Louriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emprego Louriña. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de septiembre de 2012

Entrevista ao edil porriñés Alejandro Lorenzo sobre emprego en setembro e Festas do Cristo 18/09/12

Alejandro Lorenzo (dereita)
Falamos co concelleiro porriñés Alejandro Lorenzo sobre cuestións referidas a dous dos departamentos que dirixe: Emprego-Formación e Festexos. Por un lado, conversamos sobre os datos de paro no Concello, os obradoiros que se van a poñer en marcha (atención sociosanitaria, xardiñería e deseño-instalación de enerxía xeotérmica e solar) e as accións formativas que xa se están a desenvolver dende agosto (atención sociosanitaria, vendedor técnico e restauración). Tamén tratamos inciativas que se van a levar a cabo proximamente como o II Feirón Porremprego. Por outra banda, como edil de Festexos, Alejandro Lorenzo falounos das particulariedades das Festas do Cristo deste ano.

"Estámonos planteando celebrar este ano o Feirón Porremprego no pavillón para ampliar as ponencias", foi unha das declaracións que nos deixou Alejandro Lorenzo durante a entrevista. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaEdilPorrioAlejandroLorenzoempregoSetembroEFestasCristo/EntrevistaEdilPorrioAlejandroLorenzoempregoSetembroEFestasCristo18-09-12.mp3


*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña 

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 


lunes, 6 de agosto de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos 01/08/12

Nelson Santos

Falamos co alcade do Porriño, recén estreado o mes de agosto, para repasar a actualidade municipal máis recente. Conversamos sobre emprego, saneamento, a nova ordenanza reguladora de tráfico e seguridade cidadá, deporte, etc.

Sobre emprego díxonos: "Estudamos limitar o prazo de empadroamento para que os que leven toda a vida censados no Porriño teñan preferencia á hora de acceder á bolsa de emprego".

En canto a benestar social comentounos: "En Porriño vai abrir unha nova gardería Galiña Azul e queremos dotar o edificio dos antigos xulgados con servizos de centro de día".

En relación ás obras para conectar o saneamento porriñés á EDAR de Guillarei puntualizou: "Estamos a facer obras en Torneiros, Atios e Carracido (...) Nun prazo de 3-4 anos queremos que todo o Concello estea plenamente sanenado (...) En canto a Chenlo, estudamos conectala a Guillarei ou a posible colocación dunha pequena depuradora na propia parroquia".

Sobre a prohibición de colocar carteis no Concello en lugares non habilitados a tal fin (ex. mobiliario urbano, sinais de tráfico etc.)  baixo ameaza de sanción económica o alcalde dixo o seguinte: "O que non pode ser é ir pola rúa e atoparse con ducias de pintadas e carteis colocados en calquera sitio (...) Colocáronse uns espazos onde a xente pode expoñer o que queira (...) Multouse xa a unha persoa que estaba a facer unha pintada con 1.500 euros (...) Imos levar a cabo un importante investimento para limpar o Concello de pintadas e graffitis".

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12.mp3

Máis entrevistas a Nelson Santos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Santos

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

Entrevista sobre emprego en Mos (xullo-agosto): Óscar Soto (PP) e M.A. Aldea Moscoso (BNG) 02/08/12

Óscar Soto
Quixemos dar conta das últimas inciativas postas en marcha en materia de emprego no Concello de Mos como o plan de fomento da ocupación para que mosenses, especialmente aqueles menores de 35 anos, se formen en ocupacións demandadas por empresas da comarca. É por isto que falamos con Óscar Soto, concelleiro de Emprego e tenente alcalde de Mos, ao que tamén lle preguntamos sobre o proceso de mediación que está a levar a cabo o Concello para a contratación de persoal en empresas de recente ou futura instalación no municipio (Gadis, Aki, Mercadona...).

"Estamos a conseguir que xente do Concello entre a traballar en empresas que se están a instalar no municipio", díxonos Soto durante a entrevista.


M.A. Aldea Moscoso
A oposición, en especial o BNG de Mos, non concorda co procedemento que está a seguir o goberno local á hora de xestionar parte do procedemento de selección de persoal das novas empresas da zona. "O Concello non pode actuar como unha oficina de emprego recibindo currículums, non nos fiamos do PP", díxonos Miguel Anxo Aldea Moscoso, voceiro dos nacionalistas durante a conversa que tamén mantivemos con el.





martes, 24 de julio de 2012

Entrevista a David Sobral, xerente da Asociación de Empresarios do Porriño 19/07/12

David Sobral
Quixemos dar voz aos empresarios do Porriño porque, sendo a Vila do Louro un municipio industrial, teñen moito que contar. Falamos con David Sobral, xerente da Asociación de Empresarios do Porriño que aúna a unhas 50 empresas, sobre todo do Polígono das Gándaras e da Granxa.
Contounos como está afectar a crise aos empresarios asentados en solo porriñés, que papel xogan os polígonos á hora de reactivar a economía, que peticións e necesidades teñen os empresarios do municipio, que opinión teñen respecto das políticas de emprego do goberno local ou como traballan para evitar máis danos no escosistema que forman as Gándaras de Budiño e as súas lagoas

"Porriño, a diferenza doutros concellos da área, está nunha mellor posición para dar resposta á crise debido ao seu tecido producivo, a un maior nivel de internacionalización e á excelencia empresarial", foi unha das declaracións que nos deixou David Sobral durante a entrevista.


miércoles, 18 de julio de 2012

Entrevista aos traballadores de Carmoble Porriño 16/07/12

Pancarta colocada polos traballadores diante da empresa
Este luns estaba previsto que os 25 traballadores da empresa Carmoble do Porriño, especializada en carpintería, fixesen folga para reclamar ata seis nóminas atrasadas. Segundo os traballadores, o luns a empresa contraatacou cun peche patronal, algo que consideran ilegal e por isto presentaron unha denuncia ante a Inspección de Traballo. 

O conflicto laboral comezou hai xa dous anos e a empresa adebeda a algúns traballadores ata 10.000 euros e este mesmo luns enviáronse cartas de despedimentos a través de burofax, segundo fontes da UXT. Dende o sindicato consideran que Carmoble xa non vai seguir coa súa actividade e por tanto os empregados van emprender accións legais para que se lles dean as indeminizacións que lles corresponden. 

"Agardamos o proceso xudicial que desenmascare a situación do peche dunha empresa emblemática do Porriño", comentounos durante a entrevista Diego Atanes, secretario xeral do sindicato comarcal MCA-UXT.


Neste outro enlace podes escoitar unha entrevista sobre o futuro incerto dos traballadores da empresa Forbo de Mos:

Aquí está dispoñible a entrevista que lle fixemos aos despedidos da panadería Las Mercedes do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/07/entrevista-representante-dos-despedidos.html 

E nesta outra ligazón podes escoitar entrevistas feitas aos despedidos de Frigolouro do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-dous-despedidos-de.html 

Por último, aquí está dispoñible a conversa que mantivemos cos traballadores do establecemento Pérez Leirós, tamén do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-aos-traballadores-de-perez.html 

Entrevista á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, durante a súa visita a Porriño 13/07/12

Beatriz Mato xunto co alcalde do Porriño e o edil de emprego
O venres pasado a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou unha visita a Porriño co obxectivo principal de coñecer de primeira man o funcionamento do servizo Porremprego. Estivo na Casa Consistorial e no Multicentro de Torneiros acompañada, entre outros, polo alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego, Alejandro Lorenzo. Aproveitou o encontro para anunciar que a Xunta achegará 250.000 euros para a realización de catro accións formativas para desempregados no municipio. Nós falamos en directo coa conselleira e con membros do goberno local.

"Porriño está moi implicado en solventar o problema do desemprego",  foi unha das declaracións que nos deixou Mato durante a entrevista.







jueves, 12 de julio de 2012

Entrevistas aos concelleiros de Emprego de Porriño e Mos 10/07/12

Alejandro Lorenzo
Este martes pasado falamos de emprego na Radio Municipal do Porriño.

En primeiro lugar tivemos no noso estudo ao edil de Traballo do Porriño, Alejandro Lorenzo. Con el falamos da cifra de desempregados do Porriño que baixou por primeira vez en meses e fíxoo en 28 persoas (a cifra total de parados é de 2.609). Falamos tamén dos convenios de prácticas que o Concello está asinar con empresas da zona para que titulados (universitarios ou de Formación Profesional) fagan estadías con posibilidade de contratación. Conversamos ademais dos cursos de formación e accións formativas que se están a levar a cabo no Multicentro de Torneiros que agora, no verán, están centrados especialmente na hostelería. 

"Hai xente que se empadroa no Porriño e no mesmo día xa se quere apuntar á bolsa de emprego", díxonos Alejandro Lorenzo durante a entrevista.


Óscar Soto
Por outra parte falamos con Óscar Soto, edil de Emprego de Mos. Neste municipio a cifra de parados, logo de meses á alza,  baixou en xuño en 106 persoas (a cifra total desempregados é de 1.748). Preguntámoslle ao concelleiro a este respecto e tamén falamos da importancia do Polígono Empresarial da Veigadaña para a creación de emprego. Tratamos ademais temas relacionados cos cursos de formación que se ofertan no Concello e coas críticas da oposición que tilda ao goberno local de "oficina de colocación". 

"Os datos de xuño poden supoñer un punto de inflexión para deixar de destruír emprego no Concello", é unha das declaracións que nos deixou  Óscar Soto durante a entrevista.


miércoles, 4 de julio de 2012

Entrevista sobre o futuro dos 70 traballadores de Forbo tras confirmarse o peche da planta de Mos 03/07/12

Javier Álvarez
O grupo norteamericano HB Fuller vén de confirmar o peche da planta de adhesivos Forbo de Mos (auxiliar do automóbil asentada dende hai case 20 anos no municipio) coa intención de trasladar a producción a unha empresa que posúe no norte Portugal.
Nós falamos con Javier Álvarez, presidente do comité da empresa (CIG), para que nos explicase cal vai ser o futuro dos preto de 70 empregados que, case con toda seguridade, non poderán conservar os seus postos de traballo. Tanto a corporación municipal de Mos como o deputado do BNG, Hernique Viéitez, mostraron o seu apoio aos empregados xa que a planta de Mos é rendible e os traballadores contan con grande experiencia na empresa. 

Para escoitar os detalles da entrevista, preme este enlace: 
http://archive.org/download/EntrevistaPteComiteEmpresaForboMosSobrePechePlantaJavierAlvarez/EntrevistaPteComiteEmpresaForboMosSobrePechePlantaJavierAlvarez03-07-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista recente que lle fixemos aos despedidos da panadería Las Mercedes do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/07/entrevista-representante-dos-despedidos.html

Nesta outra ligazón está dispoñible a que lle fixemos aos despedidos de Frigolouro do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-dous-despedidos-de.html 

E aquí aos traballadores do establecemento Pérez Leirós tamén do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-aos-traballadores-de-perez.html 

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

martes, 3 de julio de 2012

Entrevista á representante dos despedidos da panadería Las Mercedes do Porriño 25/06/12

Os traballadores durante a folga que convocaron hai un ano
A semana pasada falamos con Rebeca Estévez, representante dos 25 extraballadores da panadería Las Mercedes (con locais en diversos municipios do sur de Pontevedra, entre eles O Porriño), para que nos contase cal é a situación un ano despois do peche da empresa. Dende o sindicato quéixanse de que o xerente da panadería nunca mostrou interese en chegar a un acordo cos traballadores. É por isto que os afectados levaron o caso aos xulgados e contan xa con sentencias firmes que confirman que a empresa lles adebeda cinco meses de salario e indeminizacións por despedimento improcedente. A día de hoxe seguen á espera de recuperar estes cartos, uns 360.000€ en total, segundo Rebeca Estévez. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaDespedidosPanaderiaLasMercedesPorrioRebecaEstevez25-06-12/EntrevistaDespedidosPanaderiaLasMercedesPorrioRebecaEstevez25-06-12.mp3

Neste outro enlace está dispoñible a entrevista aos traballadores de Forbo Mos tras confirmarse o peche da planta:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/07/entrevista-sobre-o-futuro-dos-70.html

Aquí podes escoitar outra entrevista que lle fixemos aos despedidos de Frigolouro do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-dous-despedidos-de.html

E aquí aos traballadores da empresa Pérez Leirós tamén do Porrriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-aos-traballadores-de-perez.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 13 de junio de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos, sobre actualidade municipal 12/06/12

Nelson Santos
Falamos co alcalde do Porriño, Nelson Santos, sobre varios temas ligados á actualidade municipal e outras cuestións.

Afondamos en aspectos como o emprego, os importantes ivestimentos que están a realizar as grandes empresas instaladas no municipio, o consorcio para a xestión da auga do Louro, a Lei da Área Metropolitana de Vigo, etc.

Podes escoitar a entrevista premendo neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaNelsonSantosActualidadeMunicipal12-06-12/EntrevistaNelsonSantosActualidadeMunicipal12-06-12.mp3

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

Entrevistas sobre busca de emprego online e na biblioteca do Porriño 11/06/12

O Concello do Porriño vén de poñer en marcha dúas iniciativas para que os veciños poidan buscar emprego a través de dúas vías.

Por un lado, habilitouse na biblioteca municipal do Porriño un centro de interese de emprego no que hai a disposición dos usuarios uns 150 volumes. Os libros van dende manuais para aprender a elaborar un curriculum a volumes que tratan temas como as novas tendencias do mercado laboral ou destinados a emprendedores .

Por outra parte, existe unha aula permanente para a busca de emprego online no Multicentro de Torneiros a disposición dos usuarios da bolsa municipal de emprego os venres de 9.00 a 11.00h e supervisada por un profesional.


Destas dúas cuestións falamos con Teresa Veloso, concelleira de Cultura, e con Miguel Visconti, o profesor de informática encargado de supervisar a aula de Internet.



Ademais, tamén falamos coa profesora e alumnas do curso de perruquería posto en marcha polo Concello do Porriño e que se está a desenvolver estas semanas no Multicentro de Torneiros. Para apuntarte a cursos coma este podes informarte na oficina Porremprego situada na planta baixa deste edificio.

 Pincha aquí para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaCursoPerruqueriaMulticentroTorneirosPorrio13-06-12/EntrevistaCursoPerruqueraPorrio.GloriamagadalenaNoemiEJenny13-06-12.mp3

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA da Radio Municipal do Porriño 
* Espazos de INFORMÁTICA e INTERNET co profesor Miguel Visconti 

miércoles, 6 de junio de 2012

Entrevistas ao pedáneo de Chenlo e edil de Emprego e Deportes do Porriño, Alejandro Lorenzo 01/06/12

A. Lorenzo (fronte á porta) na inauguración do centro social de Chenlo
A Entidade Local Menor de Chenlo conta por fin cun centro sociocultural inagurado hai dúas fins de semana, a parroquia de Pontellas estreou este pasado venres novo campo de fútbol de herba artificial de última xeración destinado ao C.D. Pontellas e xa se poden presentar ao I Premio Antonio Palacios os proxectos empresariais postos en marcha por emprendedores durante o ano pasado ou no presente (ata 28 de xuño). Destas tres cuestións falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo e edil de Deportes e Emprego. 



No mes de maio 43 porriñeses atoparon traballo  a través dos servizos de Porremprego do Concello do Porriño (aínda que a cifra total de desempregados ascendeu en 19 persoas). Falamos co concelleiro de Emprego para afondar nas políticas de traballo deste ano coas que se conseguiron 157 insercións laborais no que vai de 2012 e se estableceron novas medidas para o apoio a emprededores. Tamén falamos dos cursos de formación e dos viveiros de empresas. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista: 
http://archive.org/download/EntrevistaEmpregoPorrioMaio201205-06-12/EntrevistaAlejandroLorenzoEmpregoPorrioMaio201205-06-12.mp3


--> Aquí podes escoitar unha entrevista anterior sobre o centro cultural de Chenlo:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/entrevista-ao-pedaneo-de-chenlo-sobre.html
--> Nesta ligazón está dispoñible unha entrevista ao S.D Pontellas:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-ao-ud-atios-e-ao-cd.html
--> Neste outro enlace A. Lorenzo fala dos postos de traballo máis demandados no Concello:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-edil-de-emprego-do.html
--> E aquí podes escoitar o Plan Municipal de Emprego 2012 ao completo da man do alcalde do Porriño e o edil de Emprego:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/presentacion-do-plan-de-emprego.html

sábado, 19 de mayo de 2012

Entrevista á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, sobre o polígono industrial da Veigadaña 09/05/12

Arévalo e Feijóo na Veigadaña (A.Hernández)
O polígono industrial da Veigadaña (Mos) foi inaugurado de xeito oficial recentemente polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Trátase dunha infraestrutura na que se investiron uns 50 millóns de euros en 800.000m2 para crear 77 parcelas. Dous tercios destes terreos  están vendidos e xa hai empresas funcionando con normalidade. Nós quixemos falar coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para que nos falase dos detalles da infraestructura, atrancos, logros e críticas da oposición. 

A entrevista está dsipoñible premendo neste enlace:


miércoles, 25 de abril de 2012

Entrevista ao edil de emprego do Porriño sobre postos máis demandados e formación 18/04/12

Alejandro Lorenzo, edil de traballo
Recentemente a Concellería de Emprego e Formación do Porriño publicou un estudo do que se extraen os postos de traballo máis demandados na zona. Estas estatísitas serven tanto para xestionar as ofertas en relación aos usuarios da bolsa de traballo municipal como para poñer en marcha determinados cursos e obradoiros relacionados coas profesións máis demandadas. 

Falamos co edil deste departamento, Alejandro Lorenzo, para que nos explicase polo miúdo cales son os traballos máis solicitados e que tipo de requisitos profesionais piden as empresas da contorna. Tamén falamos dos cursos e obradoiros que se están a poñer en marcha este ano para mellorar a formación profesional entre outros temas. 

Para escoitar a entrevista pincha o seguinte enlace:



http://archive.org/download/EntrevistaAAlejandroLorenzoSobrePostosTraballoPorrio18-04-12/EntrevistaAlejandroLorenzoPostosTraballoPorrio18-04-12.mp3

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA da Radio Municipal do Porriño 

jueves, 15 de marzo de 2012

Entrevista a dous despedidos de Frigolouro-Coren no Porriño II 06/03/12

Abel (ao fondo) e Pablo no noso estudo de Torneiros
Abel Alonso e Pablo Pampillón volveron ao noso estudo de Torneiros para contarnos as condicións finais do seu polémico despedimento de Frigolouro-Coren. Forman parte das 11 persoas que denunciaron á empresa tras seren botadas a rúa nunhas condicións que consideran totalmente inxustas xa que levaban moitos anos vinculados á empresa. Non están de todo contentos co acordo final, pero admiten que é bastante mellor que o de partida e lonxe quedan aqueles días nos que vixilaban polas noites nos arredores do matadoiro que non lles quitasen as súas pancartas de protesta.

Se queres saber o que nos contaron Abel e Pablo pincha neste enlace:

Neste outro podes escoitar a entrevista que lle fixéramos no mes de setembro en plena polémica: 

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA da Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 8 de febrero de 2012

Presentación do Plan de Emprego Municipal do Porriño para o 2012 (06/02/12)

Nelson Santos e Alejandro Lorenzo (A. Hernández)
Este luns o alcalde do Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de emprego e formación, Alejandro Lorenzo, presentaron detalladamente o novo Plan de Emprego Municipal. En total, destinaranse 4.758.000 euros a políticas de emprego, formación e autoemprego

Lorenzo adiantou que aquelas persoas que decidan montar un negocio no Porriño recibirán unha bonificación de 1.500 euros ao igual que as empresas que contraten a desempregados inscritos na bolsa municipal de emprego (ata 2.000 euros). Ademais, titulados e persoas con Formación Profesional poderán optar a bolsas e convenios de prácticas. A principal partida presupostaria irá destinada á formación para o desenvolvemento de obradoiros e accións formativas

Para coñecer polo miúdo os detalles pincha o seguinte enlace e escoita a rolda de prensa:
http://www.archive.org/download/PresentacinPlanEmpregoPorrio2012/PresentacionPlanEmpregoPorrio20126-2-12.mp3

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

martes, 27 de diciembre de 2011

Entrevista aos traballadores de Pérez Leirós no Porriño 21/12/12

Os traballadores durante a segunda xornada de folga (Tania Alonso)
Por segunda vez, os 31 empregados do establecemento de mobles e bazares Pérez Leirós concentráronse na tenda que a empresa ten na rúa Ramón González do Porriño. O motivo: levan sen cobrar entre dous e tres meses e teñen atrasadas oito pagas extras. A situación económica da empresa comezou a decaer no 2009 polo que levou a cabo un Expediente de Regulación de Emprego (ERE)  quedando con dez traballadores menos. Dende entón, o resto da plantilla está a acumular retrasos nos pagos dos seus salarios. É por isto que o persoal do establecemento convocou unha segunda xornada de folga a semana pasada para pedir explicacións aos responsables da empresa e aproveitou para reunirse co alcalde.

Nós estivemos a pé de rúa cos traballadores e tamén co Concelleiro de Industria do Porriño, Marcelino Coto, que se atopaba nas inmediacións. Escoita a entrevista que lles fixo Tania Alonso premendo enriba do seguinte enlace: 
http://www.archive.org/download/EntrevistaTraballadoresPerezLeirosPorrio21-12-12/EntrevistaTraballadoresPerezLeirosPorrio21-12.mp3


*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Entrevista ao xerente de Aemos sobre o foro de emprego Insere en Mos 13/12/12

Mañá día 15 terá lugar, no Multiusos das Pozas de Mos, o foro de emprego Insere 3.0 organizado pola Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), o Concello, a Federación Galega de Parques Empresariais, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa que busca poñer en contacto empresas, profesionais do mundo laboral e persoas interesadas en calquera ámbito do mercado de traballo. Un encontro dedicado á reflexión conxunta, ao intercambio de opinións e á orientación laboral. 

Nós entrevistamos ao xerente de Aemos, Francisco Domínguez, para afondar nos detalles deste foro e aproveitameos para preguntarlle tamén sobre o Polígono da Veigadaña, o apoio de Aemos aos emprendedores ou a súa opinión como empresario sobre a crise.

Só tes que premer o enlace para escoitar a entrevista:

jueves, 3 de noviembre de 2011

Entrevista á directora da empresa de traballo temporal Randstad do Porriño 28/10/11

Randstad está na Avda. de Galicia, 31

A semana pasada entrevistamos a Maruxa Mantecón, directora da oficina da empresa de traballo temporal (ETT) Randstad no Porriño. Dende 2007 esta ETT dedícase a xestionar postos de traballo e persoal no Porriño e outros concellos  da contorna como Mos, Salceda ou Tui.
Durante a entrevista falamos dos perfís máis solicitados no Porriño e os máis difíciles de encaixar e tamén de como unha ETT pode ser un trampolín de cara a consolidarse nunha empresa. Ademáis, Maruxa Mantecón foi unha das ponentes no Feirón Porremprego.

Se queres coñecer os detalles da entrevista clica no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaDirectoraDeRandstadPorrio26-10-11/EntrevistaRandstadMaruxa26-10.mp3


Aquí podes escoitar a entrevista que lle fixemos a outro dos ponentes do Feirón, Pablo Valverde do centro tecnolóxico Aimen de Torneiros: 

E nesta ligazón podes escoitar a entrevista que lle fixemos a Alejandro Lorenzo, edil de emprego e formación do Porriño, para falar dos detalles do Feirón: 

viernes, 28 de octubre de 2011

Entrevista ao delegado comercial do centro tecnolóxico AIMEN de Torneiros 26/10/11

O Centro Tecnolóxico AIMEN ten a súa sede en Torneiros
Subimos hoxe unha entrevista moi recente. Trátase da que lle fixemos ao delegado comercial da zona sur do centro tecnolóxico AIMEN, Pablo Valverde. El foi un dos ponentes hoxe no 1º Feirón Porremprego e nós aproveitamos para falar da súa ponencia, pero sobre todo para falar de AIMEN. Se escoitas a nosa entrevista poderás saber exactamente que fan, por que se instalaron no Porriño, como lles está a afectar a crise, que tipo de empregados buscan e en que consiste o Centro de Aplicacións Láser que inagurarán proximamente e que será, con moito, o máis importante e grande de España.

Unha empresa que leva o Porriño á vangarda no referente ao I+D+I e que podes coñecer mellor clicando no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAimen26-10-11/EntrevistaAimenPablo26-10.mp3

Nesta outra ligazón está dispoñible a entrevista á directora da oficina de traballo temporal Ranstad do Porriño, Maruxa Mantecón, quen tamén foi ponente:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-ett-randstad-do-porrino.html

E aquí podes escoitar a entrevista que lle fixemos a Alejandro Lorenzo, edil de emprego e formación do Porriño, para falar dos detalles do Feirón: