Mostrando entradas con la etiqueta Viveiro Torneiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Viveiro Torneiros. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de julio de 2012

Entrevista á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, durante a súa visita a Porriño 13/07/12

Beatriz Mato xunto co alcalde do Porriño e o edil de emprego
O venres pasado a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou unha visita a Porriño co obxectivo principal de coñecer de primeira man o funcionamento do servizo Porremprego. Estivo na Casa Consistorial e no Multicentro de Torneiros acompañada, entre outros, polo alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego, Alejandro Lorenzo. Aproveitou o encontro para anunciar que a Xunta achegará 250.000 euros para a realización de catro accións formativas para desempregados no municipio. Nós falamos en directo coa conselleira e con membros do goberno local.

"Porriño está moi implicado en solventar o problema do desemprego",  foi unha das declaracións que nos deixou Mato durante a entrevista.







jueves, 7 de junio de 2012

Entrevista á empresa porriñesa pioneira na creación de papelería artesanal para eventos 04/06/12

Verónica Gómez
Falamos nesta ocasión con Verónica Gómez, socia da empresa Martina Eventos dedicada á creación de papelería artesanal para eventos (sobre todo vodas) e ao asesoramento e protocolo na organización de eventos. É unha empresa pioneira en España que traballa con materiais importados de países como Suíza ou Brasil. 
A empresa está ubicada nun dos locais que o Concello do Porriño cede de xeito gratuíto no Multicentro de Torneiros para que emprendedores poidan ter un lugar físico no que levar a cabo un proxecto empresarial (prevese en aumentar as salas destinadas a este fin en 14 máis, segundo o edil de Emprego).

Podes escoitar a entrevista premendo neste enlace:

Aquí podes escoitar unha entrevista a outra empresa ubicada no viveiro do Multicentro. Trátase de Medialex que ofrece mediación e asesoramento xurídico. Tamén é unha iniciativa pioneira:

martes, 27 de marzo de 2012

Entrevista a dúas avogadas especialistas en mediación (Porriño) 20/03/12

Ádega e María durante a entrevista
Ádega Castro e María Alonso son dúas avogadas que decidiron montar unha empresa que presta servizos xurídicos e de mediación. A mediación consiste nun proceso alternativo e complementario á vía xudicial na que as partes en conflicto, coa axuda do mediador, chegan a un acordo para evitar ir a xuízo.

Este proceso, segundo Ádega e María, é axeitado para litixios no ámbito educativo e familiar ou de carácter multicultural e resulta menos traumático, custoso e duradeiro. A Xunta ofrece axudas económicas a aquelas persoas que queiran optar por esta vía e carezan de recursos. Ádega e María teñen a súa oficina (Medialex) nun dos viveiros que o Concello pon a disposición dos emprendedores no Multicentro de Torneiros de xeito gratuíto.

Se queres coñecer exactamente de que se trata o servizo de mediación preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaADasAvogadasPromotorasDeServizosXurdicosEDeMediacin_22/EntrevistaAAdegaEMaraDeMedialextorneiros20-03-12.mp3

*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño