Mostrando entradas con la etiqueta TUI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TUI. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de mayo de 2012

Entrevista ao escultor tudense Raimundo Martínez "Rai" 02/05/12


Raimundo Martínez, máis coñecido como "Rai", é un escultor tudense da parroquia de Malvas. Xa dende a súa mocidade estivo vinculado á pedra e traballou en numerosas canteiras dentro e fóra de Galicia. Os seus 72 anos segue esculpindo granito Rosa Porriño, Verde Santiago e Negro Galicia ademais de facer figuras con cantos rodados. Na súa casa ten centenas de esculturas que van dende os 7,5 m de alto a tan só 20 cm. Actualmente pódese visitar unha exposición súa no Centro Cultural Municipal do Porriño composta por 31 pezas ata o 11 de maio. No entanto, "Rai" convida a todos os interesados a visitar a súa ampla colección na súa vivenda de Tui. Tanto aprecia o seu traballo que mesmo escribe poesías nas que relata o seu amor á pedra.

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoEscultorTudenseRaimundoMartinezRai02-05-12/EntrevistaEscultorTudenseRai02-05-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

jueves, 22 de marzo de 2012

Entrevista a Ángel Sánchez, codirector do "Play-Doc" de Tui 21/03/12


Imaxe sacada da web www.play-doc.com
Subimos unha entrevista recente que fixemos con motivo da celebración da 8ª edición do Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui (21-25 de marzo, Teatro Principal). Falamos cun dos directores do certame, Ángel Sánchez, para afondar no programa e características desta edición.
O prato forte este ano vén da man dos directores de prestixio Ross McElvee e Artavazd Pelechian, considerado unha lenda viva do cine soviético. Tamén destaca o concerto que o grupo norteamericano Morphine dará o sábado.

Play-Doc busca ser unha plataforma para a promoción de proxectos que raramente atopan outras vías de exposición, formar a novos creadores no mundo do cine e poñer en valor a cultura e a cidade de Tui. As entradas teñen un prezo de 2 euros por sesión.

Neste enlace podes escoitar a entrevista:


lunes, 16 de enero de 2012

Entrevista ao tudense Roque Cameselle, director de "O Mago Dubidoso" 11/01/12

Roque Cameselle mostra un debuxo do filme (E.G.)
Xa se fixo pública a lista de nominados aos Goya e entre as candidatas a levar o premio están catro cintas de animación galegas. Unha delas é O mago dubidoso do tudense Roque Cameselle. O filme conta a historia dun neno ilusionista que loita contra un poderoso bispo na Idade Media, está baseada nun libro escrito polo propio director e ambiéntase en Tui. Así como nos enteramos da súa nominación, puxémonos en contacto con Roque Cameselle para entrevistalo e falamos con el o día seguinte de que se desen a coñecer os candidatos.

Se queres escoitar o que nos contou sobre a película e a súa traxectoria pincha no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaARoqueCameselleDirectorDeOMagoDubidoso11-01-12/EntrevistaAoDirectorDeOMagoDubidosoRoqueCameselle11-01-12.mp3


*Entrevistas Concello de TUI na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 4 de enero de 2012

Entrevista ao guitarrista tudense, Samuel Diz 23/12/11

Samuel Diz Sierpes
Samuel Diz é un guitarrista tudense que aos seus 25 anos xa conseguiu o recoñecemento internacional. Nós convidámolo ao noso estudo recén chegado da súa xira americana para que nos falase da súa experiencia, da súa traxectoria e dos novos proxectos que ten entre mans entre os que destaca un disco no que versionará  cancións de compositores galegos ou relacionados con Galicia. No mesmo día da entrevista, pola tarde, ofreceu un concerto na tenda JL Música en Tui e aproveitamos para que nos adiantase un dos temas no noso estudo.

Se queres coñecer un pouco mellor a este artista tudense escoita a entrevista pinchando o seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoGuitarristaTudenseSamuelDiz23-12-12/EntrevistaGuitarristaTudenseSamuelDiz23-12.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas Concello de TUI na Radio Municipal do Porriño

viernes, 2 de diciembre de 2011

Entrevista ao tricampión do mundo de piragüismo, o tudense Manu Garrido 01/12/11

Manu Garrido


Tres veces campión do mundo de piragüismo na modalidade C1 sub 23, 16 medallas en campionatos galegos, 12 en españois e mañá recibe en Madrid o premio da Federación Española de Piragüismo á mellor promesa masculina. Trátase de Manu Garrido Barbosa, un tudense de 22 anos que, a parte destas victorias, agora celebra que conseguiu novo patrocinador para continuar coa súa vida como deportista.

Nós convidámolo ao noso estudo para que nos falase da súa traxectoria, nos explicase con que dificultades económicas se atopa, que obxectivos se marca e de outras moitas cousas.

Pincha o enlace para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoPiragistaTudenseManuGarcaBarbosa01-12-11/EntrevistaPiragistaManuGarridoBarbosa01-12.mp3

jueves, 29 de septiembre de 2011

Entrevista ao grupo Phantom Club 18/08/11

Comezamos colgando algúns dos contidos que xa foron emitidos en Si Radio Porriño. Hoxe, recordamos a entrevista que lle fixemos a Frans Banfield vocalista da banda Phantom Club (cuxos membros son de Tui, Vigo e Bos Aires). 

Phantom Club
Está previsto que o seu disco Muchas noches, buenas gracias con temas propios e no que colaboran artistas como Ariel Rot saia en outubro.


Se queres coñecer mellor esta banda, só tes que pinchar no seguinte enlace:
http://ia600708.us.archive.org/5/items/EntrevistaPhantomClub18-08-11/EntrevistaPhantomClub18-08.mp3

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño