Mostrando entradas con la etiqueta Humor Louriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Humor Louriña. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de julio de 2012

Entrevista ao humorista de Redondela Héctor Somoza 26/07/12

Somoza no noso estudo
Aínda que Héctor Somoza é de Redondela, viviu durante moitos anos no Porriño. Di que comezou a casa polo tellado na súa faceta como humorista porque contou chistes e bromas na televisión antes que nos bares. Dende 1986 ten participado en numerosos programas de televisión e radio e actuou tamén fóra de Galicia. Agora reclámano especialmente en festas e percorre Galicia cos seus espectáculos.

Nós entrevistámolo e, por suposto, deixamos que o humor fluise durante a conversa.  

"Cheguei a facer un monólogo de máis de 7 horas. Foi memorable", díxonos Somoza durante a entrevista. 



viernes, 20 de julio de 2012

Entrevista a Flipy con motivo da súa actuación en Mos 20/07/12

Esta mesma mañá falamos con Flipy, coñecido polo seu paso polo programa de televisión El Hormiguero. Mañán, xunto co cómico Luismi, ofrecerá un monólogo no Multiusos de Mos ás 22.30h (para maiores de 14 anos). Ademais de preguntarlle sobre a súa visita a Mos, aproveitamos para falar dos proxectos que trae entre mans, do seu paso por El Hormiguero e outras curiosidades.

"Las cadenas deberían tener más paciencia con las audiencias", foi unha das declaracións que nos deixou durante a entrevista. 

Entradas para o espectáculo: 8€ anticipada, 12€ en taquilla. Reserva no tlf. 986 23 35 82


- Puntos de venda no Porriño: Rest. Simplicio, Rest. Argentino2 e Panadería A Maquía (Torneiros). 

- Puntos de venda en Mos: Cafetería As de Trevo (fronte a discoteca   Queen), Rest. Argentino e Panadería A Maquía (Puxeiros). 


A entrevista podes escoitala se premes neste enlace:

*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 

viernes, 22 de junio de 2012

Broma radiofónica a un veciño do Porriño que casa 22/06/12

Como sabedes temos a vosa disposición o noso teléfono (986.33.53.33) e a nosa páxina de facebook (SiRadio Porriño) para que nos fagades todo tipo de propostas e peticións. Uns oíntes quixeron gastarlle unha broma a un amigo que casa mañá a través da nosa emisora. 
Chamamos a Javier Alonso facéndonos pasar pola Garda Civil de Tráfico do Porriño para avisarlle dunha desorbitada sanción por non pagar nas peaxes de Portugal. A nosa só foi unha broma de tantas que estes amigos lle gastaron xa ao inminente matrimonio e das que falamos logo da chamada. 


Preme neste enlace para escoitar a borma:

martes, 13 de marzo de 2012

Entrevista a Maxi Adega, veciño do Porriño capaz de imitar voces de famosos 05/03/12

Maxi Adega reside dende hai moitos anos no Porriño aínda que é natural do Concello das Pontes de García Rodríguez. Foi o encargado de dar recentemente o pregón das Festas de San Rosendo de Torneiros porque ten unha serie de facetas que casan moito co humor que se require para este tipo de actos. Concretamente, Maxi é un grande afeccionado dos disfraces, pero sobre todo ten grandes dotes para imitar voces.

Maxi Adega no noso estudo
Dende ben pequeno Maxi imitaba os compañeiros de clase ou profesores o que lle ocasionou máis dalgún problema na escola. Co paso dos anos foi adquirindo un variado repertorio de voces de famosos e é quen de imitar á Duquesa de Alba, ao Rey Juan Carlos, a Torrente, a Fraga, a Mourinho ou a Punset entre outros personaxes coñecidos. Por suposto, durante a entrevista que lle fixemos non perdémola oportunidade de pedirlle a este particular Latre da Louriña que nos fixese unhas cantas imitacións.

Para escoitar a conversa só tes que premer enriba deste enlace:

*Entrevistas HUMOR LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño


martes, 11 de octubre de 2011

Entrevista ao monologuista de Salceda, Héctor Rodríguez 08/09/11

Héctor Rodríguez durante unha actuación

Non só de porriñeses vive a Radio Municipal do Porriño. Neste caso entrevistamos a un veciño de Salceda de Caselas. Concretamente a Héctor Rodríguez, un rapaz de 19 anos que comezou no mundo do humor recentemente e por casualidade. Pero o que empezou case como unha broma estase a converter na súa profesión e Héctor Rodríguez está percorrer cos seus monólogos diversos locais da zona das Rías Baixas.


Como bo cómico contounos a súa historia na radio con doses de humor e rematouna cunha pequena mostra do que podes escoitar se vas ver unha das súas actuacións.





Preme o enlace e escoita a entrevista: