martes, 13 de marzo de 2012

Entrevista a Maxi Adega, veciño do Porriño capaz de imitar voces de famosos 05/03/12

Maxi Adega reside dende hai moitos anos no Porriño aínda que é natural do Concello das Pontes de García Rodríguez. Foi o encargado de dar recentemente o pregón das Festas de San Rosendo de Torneiros porque ten unha serie de facetas que casan moito co humor que se require para este tipo de actos. Concretamente, Maxi é un grande afeccionado dos disfraces, pero sobre todo ten grandes dotes para imitar voces.

Maxi Adega no noso estudo
Dende ben pequeno Maxi imitaba os compañeiros de clase ou profesores o que lle ocasionou máis dalgún problema na escola. Co paso dos anos foi adquirindo un variado repertorio de voces de famosos e é quen de imitar á Duquesa de Alba, ao Rey Juan Carlos, a Torrente, a Fraga, a Mourinho ou a Punset entre outros personaxes coñecidos. Por suposto, durante a entrevista que lle fixemos non perdémola oportunidade de pedirlle a este particular Latre da Louriña que nos fixese unhas cantas imitacións.

Para escoitar a conversa só tes que premer enriba deste enlace:

*Entrevistas HUMOR LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño


No hay comentarios:

Publicar un comentario