Mostrando entradas con la etiqueta Deporte local. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deporte local. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de octubre de 2012

Entrevista a Javier García, membro do Club Ciclista Spol e campión jr. da Volta a Portugal 28/09/12

Javier García


Javier García vén de proclamarse campión da 7ª Volta a Portugal na categoría junior. Este redondelano dá así unha nova alegría nesta proba ao Club Ciclista Spol do Porriño, que acumula dúas victorias consecutivas xa que o ano pasado venceu outro corredor do equipo, Ángel Sánchez. Javier tamén conta no seu palmarés con outras victorias como o Campionato Galego e pronto se enfrontrá a novos retos porque pasará á categoría sub-23.


"La Vuelta a Portugal es la prueba más dura a la que me he enfrentado", contounos Javier durante a entrevista.


Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaCiclistaClubSpolJavierGarca28-09-12/EntrevistaCiclistaClubSpolJavierGarca28-09-12.mp3

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Programa especial Festas do Cristo 2012 no Porriño 21/09/12

Os pregoeiros xunto con membros do goberno local
Subimos unha parte do programa especial que fixemos o pasado día 21 de setembro con motivo do pregón das Festas do Cristo 2012 no Porriño. Poderás escoitar como falamos de curiosidades sobre esta celebración e as entrevistas que lle fixemos en directo ao concelleiro de Festexos, Alejandro Lorenzo, e ao alcalde, Nelson Santos. Ademais, por suposto, poderás escoitar o pregón íntegro que correu a cargo do grupo show do Club de Patinaxe Ribex do Porriño, subcampión de Europa este ano.

Preme neste enlace para escoitar o programa no que participaron Tania Alonso e Lorena Soto dende o noso estudo de Torneiros, e Antón Xil dende a Praza Arquitecto Antonio Palacios:
http://archive.org/download/ProgramaFestasDoCristoPorrio2012/ProgramaFestasDoCristoPorrio2012.mp3

AQUÍ podes ver algunhas fotografías tomadas ese día.

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 

viernes, 27 de julio de 2012

Entrevista Campionato de España de Aeromodelismo na Cañiza. Club Vuelo a Vela Fontefría 27/07/12

José Lumbreras no noso estudo
Esta fin de semana, tanto o sábado (de 10.00 a 20.00h) como o domingo (de 10.00 a 17.00h) celébrase na Cañiza o Campionato de España de Aeromodelismo na modalidade de "remolcados por torno" no que participarán persoas procedentes de diversos puntos de España.

Organiza o Club de Aeromodelismo de Vuelo a Vela de Fontefría e nós falamos co presidente, José Lumbreras, que non só nos contou detalles do campionato, senón todo tipo de curiosidades sobre este deporte federado. O aermodelismo consiste en construír e facer voar réplicas ou modelos de avións, paixón á que José Lumbreras lle dedica moito tempo dende hai máis de 30 anos.

jueves, 5 de julio de 2012

Entrevistas Rallye Sur do Condado: Pablo Fdez Lameiro (Porriño) e Cándido Carrera (Salvaterra) 04/07/12

Pablo no noso estudo
Esta fin de semana, do 6 ao 8 de xullo, celébrase o IX Rallye Sur do Condado puntuable para o Campionato Galego de Rallye sobre asfalto. Polos concellos de Salvaterra, Ponteareas e Salceda pasan os diversos tramos que percorrerán os 110 pilotos inscritos este ano. 

Nós falamos en primeiro lugar con Pablo Fernández Lameiro, piloto de rallye natural da parroquia de Budiño (Porriño), sobre a competición e a súa traxectoria. "Este ano máis que nunca opto ao Campionato Galego" é un dos titulares que nos deixou durante a entrevista.

Podes escoitala premendo no seguinte enlace:

Cándido Carrera
Tamén conversamos con Cándido Carrera, un dos fundadores da escudería Surco que organiza o evento. O copiloto de Salvaterra está a competir a nivel mundial con José Antonio Suárez no World Rally Car Academy e pronto viaxará a Estonia e a Finlandia. Sobre a competición desta fin de semana díxonos: "Como novidade este ano recuperamos A Picaraña, un tramo rápido no que non se pode dubidar".

Podes escoitar a entrevista no seguinte enlace:

Aquí podes escoitar unha entrevista feita en novembro do ano pasado sobre o Rallye Serra da Groba:




miércoles, 4 de julio de 2012

Entrevista ao alcalde Nelson Santos sobre "Porriño, Concello do deporte" 28/06/12

Nelson Santos

A semana pasada falamos con Nelson Santos con motivo da Festa do Deporte que se celebrou no Concello. Aproveitamos para facer balance dos bos resultados deportivos no municipio durante a temporada 2011-2012 e falar das axudas económicas a clubs e a deportistas e da mellora de instalacións. Conversamos ademais de todo o relacionado co lema "Porriño, Concello do Deporte" e da propia experiencia do alcalde neste eido.


Premendo neste enlace podes escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldePorrioNelsonSantosSobreDeporteNoConcello28-06-12/EntrevistaAlcaldePorrioNelsonSantosSobreDeporteNoConcello28-06-12.mp3

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña
*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño


miércoles, 27 de junio de 2012

Entrevista aos organizadores do XIV Campus Porriño Baloncesto Base + festa do deporte 27/07/12

Arredor duns 300 nenos participan ano a ano neste campus
Acudimos ao pavillón do Porriño para falar XIV Campus de Baloncesto Base que se celebra no municipio e que este ano bateu récord de particiación con 324 nenos inscritos. Ademais de baloncesto, os participantes practican outros deportes e actividades lúdicas e formativas do 25 ao 30 de xuño en horario ininterrompido. Porriño volve dar mostra con este tipo de eventos que é o Concello do deporte. Nós falamos con Darío Méndez, director do campus, e Francisco Martínez, coordinador das actividades de tempo libre, para que nos contasen os detalles do evento e algunhas curiosidades.

Premendo neste enlace podes escoitar a entrevista (pedimos desculpas por un problemiña de son ao comezo das preguntas):
http://archive.org/download/EntrevistaCampusBaloncestoBasePorriodarioMendezEFranMnez26-06-12/EntrevistaCampusBaloncestoBasePorriodarioMendezEFranMnez26-06-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior a Quique Dopico, coordinador deportivo do Club Porriño Baloncesto Base:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-ao-coordinador-deportivo-do.html

Festa do deporte
Esta temporada o deporte porriñés pode presumir de bos resultados como por exemplo o ascenso das categorías Infantil A, Cadete e Xuvenil do Porriño Industrial, o afianzamento do equipo feminino do Balonmán Porriño en categoría de honor, os títulos logrados polos clubs Patín Porriño e Ribex, ademais dos repetidos éxitos do Club Ciclista Spol e doutros deportistas a título individual. Para celebrar todos isto, na tarde de hoxe mércores 27 (a partir das 17.00h) organízase unha gran festa do deporte no centro urbano do Porriño con exhibicións deportivas, música, animación e pantalla xigante para ver o partido da Eurocopa España-Portugal. 

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

Entrevista ao Club Balonmán Porriño sobre problemas de financiamento 18/06/12

Fernando Godoy
A pesar de que o equipo senior masculino do Club Balonmán Porriño fixo unha temporada para o recordo este ano ao xogar a fase de ascenso á División de Prata (por primeira vez na historia da entidade) non pode ver recompensados os seus esforzos por problemas económicos. É por isto que a directiva do Club xa confirmou que só haberá un equipo senior masculino e que este xogará en Categoría Autonómica e non en Primeira Nacional.

Por outra parte, no equipo feminino  (División de Honor) apostarase pola canteira e o equipo base no canto de fichaxes estrelas. 

Nós falamos co presidente do Club, Fernando Godoy, sobre os problemas de financiamento que está a atravesar a entidade e os cambios estructurais e deportivos que se van producir por mor disto.

Para escoitar a entrevista preme este enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaBalonmnPorrioSobreRenunciaPrazaNacionalEquipoMasculino/EntrevistaBalonmnPorrioSobreRenunciaPrazaNacionalEquipoMasculino18-06-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a dous xogadores e ao adestrador do equipo masculino do Balonmán Porriño para facer balance da temporada:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/05/entrevista-ao-adestrador-e-dous.html

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 6 de junio de 2012

Entrevistas ao pedáneo de Chenlo e edil de Emprego e Deportes do Porriño, Alejandro Lorenzo 01/06/12

A. Lorenzo (fronte á porta) na inauguración do centro social de Chenlo
A Entidade Local Menor de Chenlo conta por fin cun centro sociocultural inagurado hai dúas fins de semana, a parroquia de Pontellas estreou este pasado venres novo campo de fútbol de herba artificial de última xeración destinado ao C.D. Pontellas e xa se poden presentar ao I Premio Antonio Palacios os proxectos empresariais postos en marcha por emprendedores durante o ano pasado ou no presente (ata 28 de xuño). Destas tres cuestións falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo e edil de Deportes e Emprego. 



No mes de maio 43 porriñeses atoparon traballo  a través dos servizos de Porremprego do Concello do Porriño (aínda que a cifra total de desempregados ascendeu en 19 persoas). Falamos co concelleiro de Emprego para afondar nas políticas de traballo deste ano coas que se conseguiron 157 insercións laborais no que vai de 2012 e se estableceron novas medidas para o apoio a emprededores. Tamén falamos dos cursos de formación e dos viveiros de empresas. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista: 
http://archive.org/download/EntrevistaEmpregoPorrioMaio201205-06-12/EntrevistaAlejandroLorenzoEmpregoPorrioMaio201205-06-12.mp3


--> Aquí podes escoitar unha entrevista anterior sobre o centro cultural de Chenlo:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/entrevista-ao-pedaneo-de-chenlo-sobre.html
--> Nesta ligazón está dispoñible unha entrevista ao S.D Pontellas:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-ao-ud-atios-e-ao-cd.html
--> Neste outro enlace A. Lorenzo fala dos postos de traballo máis demandados no Concello:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-edil-de-emprego-do.html
--> E aquí podes escoitar o Plan Municipal de Emprego 2012 ao completo da man do alcalde do Porriño e o edil de Emprego:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/presentacion-do-plan-de-emprego.html

miércoles, 30 de mayo de 2012

Entrevista a dous membros do Club de Loita Alakram Vermelho do Porriño 28/05/12

Pichel e Carlos no noso estudo de Torneiros
O Club de Loita Alakram Vermelho do Porriño creouse no 2009 e está especializado en grappling e MMA (siglas de Artes Marciais Mixtas en inglés). Segundo os seus fundadores o club naceu coa intención de ofrecer unha alternativa de ocio e deporte no municipio e para fomentar a vida sá entre a xuventude. Na acualidade o club conta con trece membros (dúas mulleres) e ten as súas instalacións nas Rotonda das Angustias na parroquia de Torneiros. Entre semana impártense clases todos os días sobre diferentes técnicas relacionadas coa loita. Para o sete de xullo os membros Alakram Vermelho están a preparar o 1º Campionato de Grappling e Combat Grappling da Louriña. 

Nós falamos con dous membros do club: David Pichel, que leva dende os inicios, e Carlos Rodríguez, apuntado hai uns tres meses. 

Para escoitar a entrevista pincha o seguinte enlace: 
http://archive.org/download/EntrevistaClubLoitaAlakramVermelhoDavidPichelECarlosRguez28-05-12/EntrevistaClubLoitaAlakramVermelhoPichelECarlos28-05-12.mp3

Aquí podes escoitar un par de entrevistas anteriores relacionadas coa loita:

--> Entrevista full contact Porriño (Fran Farrapeira e Seo Fernández)
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-full-contact-porrino-seo.html

--> Entrevista boxeo Porriño (Roberto Caroca)
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Deporte%20local?updated-max=2011-11-07T09:22:00-08:00&max-results=20&start=20&by-date=false

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño



martes, 8 de mayo de 2012

Entrevista ao adestrador e a dous xogadores do Balonmán Porriño Masculino 07/05/12

Antón e Adrián no noso estudo 
O equipo senior masculino do Club Balonmán Porriño (1ª División Estatal) conseguiu este ano xogar a fase de ascenso á División de Prata e quedou segundo na táboa clasificatoria logo de liderala durante practicamente toda a temporada. Un bos resultados para o balonmán porriñés aos que se suma a permanencia do equipo feminino en División de Honor. Nós quixemos afondar nos detalles do equipo e da temporada da man do adestrador, Luis Montes, e de dous xogadores, Antón Sequeiros e Adrián Freiría. Ambos forman parte da canteira de xogadores locais e con eles conversamos tamén sobre algunhas curiosidades deste deporte.

A entrevista está dispoñible neste enlace: 
http://archive.org/download/EntrevistaBalonmanPorrioMasculinoLuisMontesAntonEAdrian07-05-12/EntrevistaBalonmanPorrioMasculinoLuisMontesAntonAdrian07-05-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao presidente do Club Balonmán Porriño, Fernando Godoy

lunes, 30 de abril de 2012

Entrevista ao presidente do C.C Spol e a dous corredores. Trofeo Ciclista 1º maio no Porriño 30/04/12

Horacio Barros no noso estudo 
Mañá, 1 de maio, celébrase o XXXIII Trofeo Presidente e o XXXIV Trofeo Vila do Louro no Porriño organizados polo Club Ciclista Spol e o Concello. A cita é a partir das 11.00h nas pistas de ciclismo de Torneiros onde competirán as categorías de principiantes, infantís, alevíns e féminas. Ao final da competición terá lugar unha proba de promoción para aqueles que non participasen na carreira. Serán máis de 300 ciclistas de Galicia e norte de Portugal os que acodan á cita. 

Nós falamos con Horacio Barros, presidente do Club Ciclista Spol, para que nos contase os detalles da competición. Tamén falamos con Chus Barros que correrá na categoría de féminas e con Ángel Sánchez que vén de gañar o Gran Premio Santiago de Palencia nunha proba na que tivo que enfrontarse ao vento e a 140 rivais. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior a Horacio Barros na que falamos do Club Spol e da súa traxectoria persoal no mundo do ciclismo:

E aquí podes escoitar outra entrevista relacionada co Club Ciclista Spol. Neste caso falamos co fundador: Guillermo Rodríguez Alonso, porriñés afincado en Fuengirola que sempre estivo moi vinculado ao mundo do deporte:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-porrines-guillermo.html

Chus Barros                                                     Ángel Sánchez


*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño


miércoles, 25 de abril de 2012

Entrevista ao porriñés Guillermo Rodríguez Alonso, ex deportista fundador do Club SPOL 03/04/12

Guillermo, na dereita, acompañado polo alcade do Porriño e a alcadesa de Fuengirola
O porriñés Guillermo Rodríguez Alonso, aos seus 77 anos, vén de ser nomeado Fillo Adoptivo de Fuengirola polo seu labor deportivo e empresarial neste municipio da Costa do Sol. A súa historia no mundo do deporte remóntase á súa xuventude no Porriño onde fundou un equipo de fútbol e o mesmo aconteceu cando emigrou a Venezuela. Xa a súa volta fundou, de xeito anecdótico, un club de grande relevancia no Porriño: o Club Ciclista Spol de onde saíron figuras como Álvaro Pino. Cando se instalou en Fuengirola por motivos de saúde dos seus fillos seguiu relacionado co deporte levando adiante o polideportivo do municipio onde se formaron uns 600 nenos. Co paso do tempo centrouse na súa faceta como empresario no sector inmobiliario superando ata tres crises económicas.

Para escoitar a entrevista pincha neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAoPorrisGuillermoRodriguezAlonsoDeportistaFundadorClub/EntrevistaPorriesGuillermoRodriguezAlonsoDeportistaFundadorSpolEEmpresario03-04-12.mp3

*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas HISTORIA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

martes, 3 de abril de 2012

Entrevista ao secretario do Club Colombófilo do Porriño, Rogelio Nogueira 27/03/12

Rogelio Nogueira
A colombofilia consite en criar e adestrar pombas mensaxeiras co obxectivo de que sexan capaces de volver ao seu pombal dende puntos distantes. No Porriño existe un club colombófilo no que unhas oito persoas adestran pombas para facelas competir tanto a nivel provincial, coma autonómico e nacional. Os éxitos acompañan a este club dende hai tempo xa que adoita que quedar nos primeiros postos. 

Nós convidamos ao noso estudo ao secretario do Club Colombófilo do Porriño, Rogelio Nogueira, para que nos contase todos os detalles e curiosidades desta técnica. El conta no seu pombal de Salceda con arredor de 70 aves ás que lles dedica catro horas diarias de coidados e adestramento. Durante a entrevista falounos dalgunhas anécdotas relacionadas coa colombofilia.

Se queres escoitar a entrevista pincha o seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAoSecretarioDoClubColombofiloPorrioRogelioNogueira27-03-12/EntrevistaSecretarioClubColombofiloPorriloRogelioNogueira27-03-12.mp3

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

lunes, 2 de abril de 2012

Entrevista ao equipo de fútbol S.D Mosende 19/03/12

Plantilla do S.D Mosende
Un dos equipos de fútbol do Porriño que faltaba por pasar pola nosa emisora era o S.D. Mosende. É por isto que falamos cun dos xogadores, Luis Guisande, para que nos puxera ao día sobre a temporada, obxectivos, a traxectoria do club. O equipo xoga en 3ª División Rexional e este ano sufriu numerosas baixas na plantilla debido a lesións e outros motivos, pero a idea é continuar adiante para evitar que volva a desaparecer como aconteceu hai uns anos.

Para escoitar a entrevista preme o seguinte enlace:

miércoles, 21 de marzo de 2012

Entrevista á adestradora e a tres patinadoras do Club Ribex Porriño 08/03/12

De esquerda a dereita: Marta, Rocío, Carolina e Candela
A adestradora do Club Ribex, Carolina Figueroa, e as patinadoras Marta López, Rocío Fernández e Candela Díaz visitaron o noso estudo pouco tempo despois de regresar de Madrid onde disputaron o Trofeo Latina. Este ano o Club Ribex conseguiu dúas victorias: na categoría grupal e na de cuarteto (na que competía por primeira vez). 


Falamos coas catro deste trofeo, dos vindeiros retos, da traxectoria individual de cada unha no mundo da patinaxe e da historia e características do Club. A próxima cita no seu calendario é este sábado na Copa de España en Vigo (o ano pasado quedaron segundos accedendo así á Copa de Europa). 

Se queres escoitar o que nos contaron pincha no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaClubPatinaxeRibexPorrioCarolinaRocioMartaCandela/EntrevistaClubPatinaxeRibexPorrioCarolinaRocioMartaECandela08-03-12.mp3

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 7 de marzo de 2012

Entevista a Hassan Lekhili, vencedor da 6ª edición da Interruning Piñeiro 24/02/12

Lekhili cruzando a meta na Interruning (Jesús de Arcos)
Hassan Lekhili, atleta afincando en Ourense e gran dominador das probas en ruta, foi o vencedor da VI Interruning Piñeiro que se celebrou o pasado día 26 no Porriño. Lekhili fixo os 10 km nun tempo de 29m e 59s. A competición, que se desenvolve no casco urbano do Porriño, bateu récord de participación con 2000 corredores no conxunto das categorías. Ademais, a organización recadou máis dunha tonelada de alimentos a través de diversas iniciativas solidarias e que foron entregados a SOS Porriño.

Nós falamos con Lekhili o venres previo á competición para coñecer cales eran as súas expectativas e como se estaba a preparar entre outras cuestións. Se pinchas o seguinte enlace podes escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntevistaInterruningPieiroHassanLekhili24-02-12/EntrevistaHassanLekhili24-02-12.mp3

Neste outro podes escoitar a entrevista que lle fixeramos semanas antes a Freddy Velasco, organizador da competición:
http://ia600801.us.archive.org/11/items/EntrevistaInterrunningPieiroFredyVelasco04-01-12/EntrevistaInterrunningPieiroFredyVelasco04-01-12.mp3

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 22 de febrero de 2012

Entrevista á directiva do equipo masculino C.D San Salvador Budiño 06/02/12

Detalle do tríptico informativo da parroquia no que se fala do club
Volvemos falar de fútbol no noso espazo de entrevistas dos luns dedicado ás parroquias. Nesta ocasión, conversamos co equipo masculino C.D San Salvador de Budiño da man da súa presidenta, Eva Domínguez, e da persoa que se ecargou de recuperar o equipo hai xa anos cando este se desfixera, Manuel Rodríguez "Lolo". Actualmente o equipo xoga en 3ª rexional e está a loitar polos postos de ascenso. Se queres coñecer os resultados desta temporada, obxectivos e historia preme o seguinte enlace e escoita a entrevista: 

http://www.archive.org/download/EntrevistaAoC.dSanSalvadorDeBudioEvaDguezELolo06-02-12/EntrevistaAC.dSanSalvadorBudioMasculinoEvaDguezELolo06-02-12.mp3

Neste outro link podes escoitar a entrevista ao equipo feminino San Salvador de Budiño a través da xogadora Rocío Rodríguez:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoCdSanSalvadorBudioRocioRodriguez09-01-12/EntrevistaCdSanSalvadorBudioRoco09-01-12.mp3

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

lunes, 30 de enero de 2012

Entrevista ao coordinador deportivo do Club Porriño Baloncesto Base, Quique Dopico 18/01/12

No XII Campus deportivo organizado polo Club PBB participaron 300 rapaces
O Club Porriño Baloncesto Base leva a cabo un proxecto de fomento deste deporte a través de dous piares: a promoción e a iniciación. Con este fin, membros do Club realizan visitas habituais aos colexios da zona para fomentar a práctica do basket entre os rapaces e organizan unha liga local. Ademais, serve de trampolín para os xogadores grazas a súa actividade nas escolas municipais e a organización dun presitixioso campus no que participan unha media de 300 nenos e que este ano cumprirá a súa 14º edición. Por outra parte, o PBB conta con 21 equipos federados, é o club galego con máis equipos en 1ª deivisión en ligas autonómicas e o único que non pertence a unha das sete principais cidades galegas.

Nós falamos con Quique Dopico, coodinador deportivo do Club para coñecer tódolos detalles. Para escoitar a conversa preme enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoCoordinadroDoClubBaloncestoBasePorrioQuiqueDopico/EntrevistaClubBaloncestoBasePorrioQuiqueDopico18-01-12.mp3

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

viernes, 27 de enero de 2012

Entrevista a xogadoras dos equipos de fútbol San Salvador Budiño e Auto Atios 09-23/01/12

No noso repaso polos diversos equipos de fútbol das parroquias do Porriño fixemos parada, nesta ocasión, en Budiño e en Atios. Falamos coas xogadoras dos equipos San Salvador de Budiño e Auto Atios que compiten na Liga de Fútbol 7 Feminino da área metropolitana de Vigo.

Escoita a entrevista a Rocío Rodríguez, xogadora do San Salvador de Budiño, pinchando o seguinte enlace:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaAoCdSanSalvadorBudioRocioRodriguez09-01-12/EntrevistaCdSanSalvadorBudioRoco09-01-12.mp3

Plantilla do San Salvador de Budiño

Escoita a entrevista ao adestrador do Auto Atios, Miguel Pérez, e ás xogadoras Mónica Fernández, Soraya Fernández e Sandra Carballo ciclando enriba deste outro:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaAoAutoAtiosMiguelMonicaSorayaSandra23-01-12/EntrevistaAutoAtiosmiguelMonicaSandraSoraya23-01-12.mp3


Plantilla do Auto Atios

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

lunes, 23 de enero de 2012

Entrevista ao porriñés Campión de Ciclocross, Jose Rodríguez Domínguez 'Tamy' 17/01/12

"Tamy", Campión de España
Recibimos unha vez máis no noso estudo a un campión da zona. Neste caso trátase de Jose Rodríguez Domínguez "Tamy" quen se proclamou recentemente Campión de España de Ciclocross na categoría máster 30 en Valencia e quedou cuarto no Mundial celebrado a comezos de ano nos Estados Unidos. "Tamy", os seus 32 anos, conseguiu por fin unha recompensa aos seus esforzos e durante a entrevista deixou claro que estes resultados lle deron máis folgos para continuar competindo. Agora, márcase como obxectivo vencer no vindeiro mundial. 
Entrevistámolo no noso estudo de Torneiros xusto o día despois da seu regreso de Kentucky. 



Podes escoitar a conversa se clicas enriba do seguinte enlace: