Mostrando entradas con la etiqueta Saúde Louriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saúde Louriña. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de julio de 2012

Entrevista sobre mostra de radios antigas en Mos para o apoio a enfermos de esclerose múltiple 18/07/12

A edil de Benestar de Mos xunto a Luis "O das radios"
Ata este sábado 28 no Pazo de Mos, está aberta ao público unha exposición de radios antigas cunha finalidade solidaria. O coleccionista luso Luis "O das radios" trouxo dende Portugal os aparellos, algún deles de case 100 anos. A entrada é de balde, pero catro radios venderanse ou sacaranse a poxa co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra, Avempo. A clausura é este sábado ás 21.00h coa actuación do Grupo Vocal Amieiro da AVV Chan do Bosque.

Marina Román (foto: J.Lores)
Nós falamos con Marina Román, presidenta de Avempo, sobre a exposición e a esclerose múltiple, enfermidade autoinmunitaria que afecta ao cerebro e á médula espiñal e que ela coñece de primeira man porque a padece dende hai anos. 

"Nuestro sistema nervioso es como un cable de la luz pelado que sufre cortocircuitos", díxonos Marina durante a entrevista. 

Para escoitar a entrevista preme na ligazón de embaixo:

martes, 13 de marzo de 2012

Entrevista a dúas instructoras do método hipopresivo da zona de Vigo 02/03/12


Tamara e Aurora durante a conferencia no Porriño
Hai dous venres tivo lugar no centro cultural do Porriño unha charla sobre o método hipopresivo impartida polas ténicas instructoras Tamara Rial (profesora na Universidade de Vigo e Directora Internacional do Método Hipopresivo) e Aurora Costas (enfermeira e  instructora experta na zona de Vigo). 

O método hipopresivo consiste nun conxunto de técnicas posturais e exercicios de respiración de baixa presión que favorecen a recuperación de persoas que sofren problemas de saúde tales como hernias, incontinencias funcionais ou disfuncións sexuais. Ademais, tamén é efectivo para mulleres que deron a luz e para deportistas porque tonifica a faixa abdominal. O método serve tanto para o tratamento como para a prevención deste tipo de doenzas e outros malestares físicos. 

Nós quixemos coñecer máis detalles sobre esta técnica novidosa en España (non así noutros países de Europa) e por iso convidamos a Tamara e a Aurora ao noso estudo. Tamén nos acompañou Mª José Rebullido que leva practicando o método hipopresivo dende hai dous anos.


Para escoitar a entrevista preme o seguinte enlace: 
http://www.archive.org/download/EntrevistaADuasInstructorasDoMetodoHipopresivoTamaraEAurora02-03-12/EntrevistaADasInstuctorasDoMtodoHipopresivoTamaraEAurora02-03-12.mp3

*Entrevistas SAÚDE LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 7 de marzo de 2012

Entrevista a unha veciña de Mos, Auri Giráldez, que sofre dúas enfermidades raras 01/03/12

Auri Giráldez
O 29 de febreiro celebrouse o Día Mundial das Enfermidades Raras. Un día despois convidamos ao noso estudo a Auri Giráldez, unha veciña de Mos que sofre dende moi nova dúas doenzas pouco comúns: a aplasia medular e a hemoglobinuria paroxística nocturna. Estas enfermidades están estreitamente relacionadas co sangue polo que no seu día a día Auri ten que evitar calquera tipo de accidente, por pequeno que sexa, que implique sangrado xa que podería derivar nunha hemorraxia grave.

Grazas a Auri podemos dar a coñecer mellor estas enfermidades pouco comúns ao tempo que pomos de relevancia a todas aquelas persoas que están nunha situación semellante e que non só sofren pola súa doenza senón tamén polo feito de atopárense máis desamparados que o resto de enfermos.

Pincha o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaEnfermidadesRarasAuriGirldezmos01-03-12/EntrevistaEnfermidadesRarasAuriGirldezmos01-03-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior a Auri Giráldez na que fala en calidade de membro da Asociación Mos Solidario:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-mos-solidario-041011.html

*Entrevistas SAÚDE LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

viernes, 17 de febrero de 2012

Entrevista á ex delegada na zona de Vigo da Asociación Galega de Celíacos 19/01/12

O etiquetado é esencial para os celíacos
Tibisay Rodríguez, veciña de Mos, foi delegada na zona de Vigo da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) e é nai dunha rapaza que padece esta enfermidade. Nós convidámola ao noso estudo para afondar na celiaquía, doenza derivada dunha intolerancia ao gluten (un tipo proteína que se atopa en cereais como o trigo, o centeo ou a cebada). Con ela falamos das causas, síntomas, diagnóstico e trastornos desta enfermidade e tamén da súa experiencia persoal respecto a mesma.

Para escoitar a conversa cicla enriba do seguinte enlace:


lunes, 30 de enero de 2012

Entrevista a dous profesores de ioga de Atios (Porriño) 24/01/12

Míriam, en 1º plano, e Bugui, sentado, durante unha sesión
Bugui García e Míriam Méndez son dous profesores de ioga que imparten sesións de relaxación na súa vivenda en Atios. Con eles adentrámonos no mundo desta disciplina física e mental para coñecer que beneficios pode achegar a aqueles que o practiquen. Ademais, ambos son permacultores, é dicir, levan un modo de vida sostible e respetuoso co medioambiente. No mes de febreiro impartirán outras sesións.

Para escoitar a conversa que mantivemos con Bugui e Míriam clica enriba do seguinte enlace:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaADousProfesoresDeIogaDeAtiosBugiGarciaEMiriamMendez/EntrevistaProfesoresDeIogaBuguiEMiriam24-01-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a Bugui na que fala da permacultura:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/permacultura-segundo-o-noso.html

*Entrevistas SAÚDE LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

viernes, 21 de octubre de 2011

Entrevista á directora do Centro de Día do Porriño, Alexandra Ucha 11/10/11

Un momento da celebración do aniversario
Hai pouco máis dun ano que O Porriño conta cun centro de día dependente do Consorcio Galego de Servizos Igualdade e Benestar. O centro, situado en Torneiros, conta con corenta usuarios da Louriña e tamén de concellos doutras comarcas coma Ponteareas ou Salceda. O perfil deste usuario é o dunha muller de entre 75 e 85 anos cun nivel de dependencia moderado. Algunhas das actividades desenvoltas son: estimulación cognitiva, talleres de atención física, de autocoidado, lúdicos etc. Para coñecer a valoración do centro logo do seu aniversario e afondar noutros detalles entrevistamos a súa directora, Alexandra Ucha.

Só tes que cliclar no enlace de embaixo para poder escoitar a entrevista:

martes, 18 de octubre de 2011

Entrevista ao presidente do centro de Alzhéimer AFAGA do Porriño 21/09/11

O presidente de AFAGA, no extremo dereito
Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer entrevistamos a Juan Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA). Falounos sobre esta enfermidade neurodexenerativa, como se desenvolve, cales poderían ser algunhas medidas preventivas e sobre a situación dos familiares. Ademais, durante a conversa afondamos na unidade que AFAGA ten no Porriño e que Juan Carlos Rodríguez califica como "pioneira". Trátase dun centro de media estancia no que os enfermos reciben estimulación cognitiva e sensorial.


Se queres saber máis detalles clica o enlace de embaixo: 


viernes, 14 de octubre de 2011

Entrevista á directora da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño 19/08/11

Campaña da UADP no Pino Manso para a prevención do consumo de alcol
No mes de agosto entrevistamos a Flori Quintas, psicóloga e directora do Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño; centro no que se atenden a máis de medio millar de persoas ao ano e que leva funcionando máis de dúas décadas. A pesar de estar mal da gorxa, Flori atendeunos amablemente e falounos de tódolos detalles do centro: como prestan atención médica, asesoramento, etc. Tamén nos contou de que xeito melloraron os servizos dende os comezos e como mudaron os perfís dos usuarios.

Unha entrevista moi interesante que podes escoitar no seguinte enlace. ¡Clica!
http://www.archive.org/download/EntrevistaCentroDrogodependenciasPorrio19-08-11/EntrevistaCentroDrogodependenciasfloriQuintas19-08.mp3

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño