Mostrando entradas con la etiqueta Artistas locais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artistas locais. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de octubre de 2012

Entrevista á pintora porriñesa Chelo Rodríguez 28/09/12



Chelo Rodríguez pasou polo noso estudo para contarnos todo o referido á súa traxectoria como pintora. Estas semanas expuxo parte da súa obra no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, unha de tantas mostras que ten feito en Galicia. Chelo tamén deu a coñecer a súa obra noutros sitios de España, en Portugal e incluso en Francia. É unha artista que se inspira nos detalles e recunchos e que aposta pola cor. Pronto viaxará a Barcelona para pintar co artista e amigo Pere Munné.

"Ya no puedo dejar de pintar, se ha convertido en una necesidad de expresión", díxonos Chelo. 




sábado, 29 de septiembre de 2012

Entrevista á pintora porriñesa Rossina Lucchini Leiva 20/09/12

Rossina durante a inauguración


Rossina Lucchini Leiva, veciña do Porriño, expón por primeira vez os seus cadros. Durante as Festas do Crsito 2012 pódese visitar a súa obra xa que un total de 19 lenzos están a disposición do público no centro cultural municipal.

Rossina comezou a pintar hai tres anos e asegura que non presta tanta atención á ténica como á imaxinación. As obras desta pintora caracterízanse por tratar temas variados e as cores vivas.

"Empecé a pintar a raíz del accidente que tuve", díxonos Rossina durante a entrevista. 



Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaPintoraPorriesaRossinaLucchiniLeiva20-09-12/EntrevistaPintoraPorriesaRossinaLucchiniLeiva20-09-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

jueves, 2 de agosto de 2012

Entrevista ao actor mosense Pablo Paz 31/07/12

Pablo Paz (dereita) xunto ao tamén actor Pablo Viña en Torneiros (Porriño)
Esta semana estivo no noso estudo o actor mosense Pablo Paz (Amar en tiempos revueltos, Yo soy Bea) que está por terras galegas para presentar a obra que produce e protagoniza Águilas en el jardín (todos os xoves e domingos de agosto na Sala Cristian de Samil en Vigo ás 21.30h). Falounos deste proxecto no que dá vida a seis personaxes diferentes que deben demostrar o seu valor á hora de enfrontarse a unha serie de retos en ton de comedia. Trae, ademais, como convidado especial ao temén actor Pablo Viña (Amar en tiempos revueltos, Agitación+iva). Podes consultar máis información sobre a obra que gozou de éxito durante dúas temporadas en Madrid premendo AQUÍ. 
Pablo Paz non só é actor, senón tamén productor e bailarín e incluso se atreve coa música. "Me hace especial ilusión actuar en Vigo, cerca de casa" díxonos durante a conversa. 

Falamos sobre Águilas en el jardín, todas as súas facetas e outras curiosidades na entrevista que podes escoitar se premes o seguinte enlace:

jueves, 14 de junio de 2012

Entrevista ao ilustrador porriñés Paco Quintas Etsueña 14/06/12

Paco Quintas Etsueña
Paco Quintas é un ilustrador porriñés que traballa como freelance facendo, ademais de ilustracións, deseño gráfico e graffitis. Agora reside en Barcelona pero no Porriño quedan numerosos vestixios do seu traballo. Nuns días marcha a Italia a pintar e prepara uns encargos para discoteca Pachá Ibiza entre outros.
Pintou en 17 países e recorda especialmente a súa obra na meca do graffiti: o 5Pointz de Queens, Nova York.

Na súa web podes ver boa parte da súa obra: www.dosceworks.com

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoIlustradorPorriesPacoQuintasEtsuea14-06-12/EntrevistaIlustradorPorriesPacoQuinasEtsuea14-06-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

lunes, 4 de junio de 2012

Entrevista aos pintores porriñeses Nito Pereiro e Nuria Vilanova 31/05/12

Nito Pereiro e Nuria Vilanova son dous pintores que teñen un taller no Multicentro de Torneiros (Porriño) no que imparten clases a nenos, adultos e usuarios do Centro de Educación Especial Aceesca (recentemente os alumnos decoraron cun grande mural as paredes do centro --> ver aquí). Esta fin de semana pasada ámbolos dous participaron no IV Econtro coas Artes Espíritu de Mariñán (Coruña) e pronto exporán obras súas na Fundación Caixa Galicia (tamén na Coruña). 

Nito e Nuria no noso estudo
Nito e Nuria compaxinan o seu labor docente coa súa traxectoria profesional e tamén con actividades lúdicas dirixidas aos máis cativos que fan de xeito desinteresado como os talleres de pintura que organizan durante as Festas do Cristo. Preparan ademais, a partir do 25 de xuño, unha escola de verán de pintura para nenos en horario de mañá. Pódese obter máis información sobre esta actividade no Concello do Porriño ou no taller dos pintores en Torneiros. 

Para escoitar a entrevista a Nito e Nuria pincha neste enlace de embaixo:

jueves, 31 de mayo de 2012

Entrevista á escritora Clara do Roxo 29/05/12

Clara do Roxo
Aínda que a escritora Clara do Roxo reside actualmente en Vigo está moi vinculada á Louriña onde viviu durante anos. De feito, O Porriño é o escenario dalgún dos seus libros. Clara do Roxo escribe, sobre todo, relatos e recibiu diversos premios como o Cividade de Mos, o Manuel Murguía ou un accésit ao Pedrón de Ouro entre outros. O vernes pasado estivo na tenda infantil Tía Tata do Porriño para presentar a súa última obra titulada A princesiña que conducía unha locomotora, un libro infantil xa dispoñible nas librerías. 

Nós quixemos falar con ela deste libro, da súa traxectoria e dalgunha que outra curiosidade. 





Para escoitar a entrevista preme nesta ligazón: 

lunes, 14 de mayo de 2012

Entrevista ao artesán porriñés Paco Candán. Festival de Cans 10/05/12

Paco no noso estudo
Pronto poderemos asistir á IX edición do Festival de Cans no Porriño (23-26 maio) e para ir abrindo boca queremos falar con algúns dos protagonistas que fan posible este evento. Nesta ocasión convidamos ao noso estudo a Paco Candán. El é o encargado de crear os cans e as estrelas en pedra que levan os premiados. Este artesán de Cans colabora no festival dende a primeira edición e  foi premiado no certame co chimpín de prata. 

Paco Candán leva 25 anos traballando a pedra e durante a entrevista, ademais de falar sobre a súa achega a Cans, tamén conversamos sobre a súa traxectoria facendo algunha que outra reflexión sobre a crise. 

A entrevista xa está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAoEscultorDeCans-porrioPacoCandan10-05-12/EntrevistaEscultorFestivalCansPacoCandan10-05-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas VECIÑOS COÑECIDOS na Radio Municipal do Porriño 






viernes, 4 de mayo de 2012

Entrevista ao escultor tudense Raimundo Martínez "Rai" 02/05/12


Raimundo Martínez, máis coñecido como "Rai", é un escultor tudense da parroquia de Malvas. Xa dende a súa mocidade estivo vinculado á pedra e traballou en numerosas canteiras dentro e fóra de Galicia. Os seus 72 anos segue esculpindo granito Rosa Porriño, Verde Santiago e Negro Galicia ademais de facer figuras con cantos rodados. Na súa casa ten centenas de esculturas que van dende os 7,5 m de alto a tan só 20 cm. Actualmente pódese visitar unha exposición súa no Centro Cultural Municipal do Porriño composta por 31 pezas ata o 11 de maio. No entanto, "Rai" convida a todos os interesados a visitar a súa ampla colección na súa vivenda de Tui. Tanto aprecia o seu traballo que mesmo escribe poesías nas que relata o seu amor á pedra.

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoEscultorTudenseRaimundoMartinezRai02-05-12/EntrevistaEscultorTudenseRai02-05-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 29 de febrero de 2012

Entrevista á bailarina de Mos campiona de España, Patricia Martínez II 16/02/12

Patricia Martínez e Adrián Esperón
Volvemos recibir no noso estudo a Patricia Martínez, bailarina mosense Campiona de España en cinco ocasións. Falamos con ela logo de que regresara do Campionato de 10 Bailes Stándard deste ano no que, nesta ocasión, quedou en terceira posición xunto co seu compañeiro Adrián Esperón. Días antes gañara o Campionato Galego. Patricia leva bailando dende os oito anos e sempre se dedicou á competición. Ademais, combina esta faceta coa de profesora de baile e tamén se quere preparar para exercer de xuíza nas competicións. Pronto se enfrontará a novos retos xa que en abril e xuño participará nos campionatos de España de bailes stándard e bailes latinos.

Escoita a entrevista ciclando enriba do seguinte enlace:

Neste outro podes escoitar a entrevista que lle fixemos en decembro, un tempo despois de que participase no Campionato Mundial.
http://www.archive.org/download/EntrevistaBailarinaMosensePatriciaMartnez27-12-11/EntrevistaBailarinaMosensePatriciaMartnez27-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

viernes, 24 de febrero de 2012

Entrevista ao artista plástico mosense David Debén 14/02/12

David Debén
David Debén, veciño de Mos, moldea pedra, cerámica, barro, escaiola e outros materiais artesanalmente. Traballa por encargo aínda que tamén expón as súas obras en galerías. No 2005 formou parte do colectivo de artistas plásticos mosenses "A Carroucha" con Marcos Escudero e Severiano Lago e actualmente tamén está a traballar na súa faceta como escritor e ademais de relatos curtos está a preparar unha novela. Nós convidámolo ao noso estudo para que nos falase das súa faceta artística.

Para escoitar a entrevista só tes que premer enriba desta ligazón:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoEscultorMosenseDavidDebn14-02-12/EntrevistaEscultorMosenseDavidDebn14-02-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao tamén artista plástico de Mos, Marcos Escudero, quen formou parto colectivo "A Carroucha":
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-artista-plastico-mosense.html

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

lunes, 16 de enero de 2012

Entrevista ao tudense Roque Cameselle, director de "O Mago Dubidoso" 11/01/12

Roque Cameselle mostra un debuxo do filme (E.G.)
Xa se fixo pública a lista de nominados aos Goya e entre as candidatas a levar o premio están catro cintas de animación galegas. Unha delas é O mago dubidoso do tudense Roque Cameselle. O filme conta a historia dun neno ilusionista que loita contra un poderoso bispo na Idade Media, está baseada nun libro escrito polo propio director e ambiéntase en Tui. Así como nos enteramos da súa nominación, puxémonos en contacto con Roque Cameselle para entrevistalo e falamos con el o día seguinte de que se desen a coñecer os candidatos.

Se queres escoitar o que nos contou sobre a película e a súa traxectoria pincha no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaARoqueCameselleDirectorDeOMagoDubidoso11-01-12/EntrevistaAoDirectorDeOMagoDubidosoRoqueCameselle11-01-12.mp3


*Entrevistas Concello de TUI na Radio Municipal do Porriño

jueves, 12 de enero de 2012

Entrevista ao músico, escritor, pintor e político porriñés Quico Paz Antón 03/01/12

Paz Antón
Esta vez convidamos ao noso estudo a un porriñés cunha grande bagaxe profesional. Trátase de Quico Paz Antón, quen formou parte do grupo Na Lúa e é autor de diversos libros sobre a historia da comarca da Louriña e a súa contorna. Ademais, tamén é pintor e foi parlamentario do BNG. Nós entrevistámolo co gallo da publicación da súa última obra, Salceda en Festa. Historia das bandas de música en Salceda, e aproveitamos para afondar en tódalas súas facetas e falar tamén da Vila do Louro.


Pincha o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaQuicoPazAntn03-01-12/EntrevistaQuicoPazAntn03-01-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas VECIÑOS COÑECIDOS na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 4 de enero de 2012

Entrevista á bailarina mosense Campiona de España, Patricia Martínez 27-12-11

Patricia coa súa parella de baile


Patricia Martínez é Campiona de España de  Dez Bailes Stándar xunto coa súa parella, Adrián Esperón. Ademais, esta mosense de 21 anos que se formou na Escola de Baile Pasos, acaba de participar recentemente no Campinato do Mundo de Baile Deportivo en Moscú.

As vindeiras citas  na súa axenda son o 14 e o 15 de xaneiro en Madrid para participar nunha competición internancional de baile e, xa en febreiro, tratará de repetir a victoria conseguida o ano pasado no Campionato de España. 

Nós falamos con ela para que nos contase as súas experiencias nestes campionatos, a súa traxectoria e os seus plans de futuro.


Escoita a conversa clicando enriba deste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaBailarinaMosensePatriciaMartnez27-12-11/EntrevistaBailarinaMosensePatriciaMartnez27-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior que lle fixemos logo de participar no Campionato de España de 2012:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/entrevista-bailarina-de-mos-campiona-de.html

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño 

sábado, 17 de diciembre de 2011

Entrevista ao organizador de "2020 European Art Tour" no Pazo de Mos 15/12/12



Na Radio Municipal do Porriño apostamos por darlle difusión a aquelas iniciativas que se desenvolven na zona e máis se quen as promove son os propios veciños da Louriña. Neste caso quixemos falar dun proxecto innovador que busca ser un trampolín para novos artistas con talento. Trátase de "2020 European Art Tour", unha proposta da empresa mosense Nortcultura. Este proxecto xa se pode visitar entre semana no Pazo de Mos e este sábado día 17, o 30 e o 14 de xaneiro, se acodes, poderás ademais participar nuha visita guiada polas obras e gozar de proxeccións das curtas que forman parte deste evento (a partir das 20.00h).

Falamos das particulariedades desta iniciativa que dará a volta a Europa co seu creador, Javier Barreiro, co que tamén conversamos doutros temas relacionados coa arte e a cultura en Galicia.

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/Entrevista2020EuropeanArtTourJavierBarreiroDeNortcultura15-12-12/EntrevistaNortculturaJavierBarreiro15-12.mp3

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

viernes, 2 de diciembre de 2011

Entrevista ao mosense Mago Marco 29/11/11

O Mago Marco

Maxia, ilusión, solidariedade... isto e moito máis reúne o Mago Marco, nado en Portugal pero afincando en Mos dende hai moitos anos. Esta semana convidamos ao noso estudo a Marco, a persoa que se converte en mago cando sobe a un escenario. Durante a conversa contounos por que se interesou polo mundo da maxia, cales son os seus magos de referencia, se pode vivir da súa faceta artística, que fai cando un truco sae mal, a súa  actividade solidaria... e moitas cousas máis que podes escoitar na entrevista se pinchas o seguinte enlace: 
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoMagoMarco29-11-11/EntrevistaMagoMarco29-11-11.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas VECIÑOS COÑECIDOS na Radio Municipal do Porriño

jueves, 3 de noviembre de 2011

Entrevista á pintora porriñesa Marta Cabaleiro 19/10/11

Os carteis que anunciaron as Festas do Cristo deste ano son obra dunha pintora porriñesa, Marta Cabaleiro. Dende 2002 Marta meteuse de cheo no mundo da pintura e trata de vivir exclusivamente da súa obra que califica como "colorista e puntillista".

Conta no seu currículo con diversas exposicións pola comarca e área e tamén participou nunha galería de arte en Holanda.

Se queres saber máis dela e da súa obra pincha o enlace e escoita a entrevista:

http://www.archive.org/download/EntrevistaPintoraPorriesaMartaCabaleiro19-10-11/EntrevistaMartaCabaleiro19-10.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño


viernes, 28 de octubre de 2011

Entrevista ao artista plástico mosense Marcos Escudero 20/10/11


Marcos debuxando en area na gala de Mos Solidario
Marcos Escudero é un artista plástico mosense que, entre outras cousas, fai debuxos en area (sand drowing) e esculpe cantos rodados. Puxo en práctica o sand drowing en dúas ocasións e nos dous casos para colaborar nas galas de Mos Solidario. En canto a súa faceta como escultor, podemos ver obras súas repartidas por todo Mos como é o caso do Monumento en lembranza ás vítimas do 36 ou o aproveitamento que fixo das pedras do Muiño Valente para escribir Mos coas rochas. Recentemente, ingaurou o Gaiteiro de Soutelo en Forcarei.

Pero o seu selo persoal son os pelouros, cantos rodados que lle suxestionan formas e que el talla para remarcalas. De feito, algúns destes pelouros viaxarán pronto a Nova York para formar parte dunha exposición con obras doutros escultores galegos.

Se queres sabelo todo sobre este artista pincha o seguinte enlace e escoita a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaMarcoEscudero20-11-11/EntrevistaMarcosEscudero20-11.mp3



Nesta ligazón podes escoitar a entrevista a membros de Mos Solidario sobre a gala: 

Neste outro enlace está dispoñible a entrevista ao Mago Marco, impulsor de Mos Solidario e a quen Marcos Escudero dedicou os debuxos en area:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/12/entrevista-ao-mago-marco-291111.html

Aquí podes escoitar unha entrevista ao tamén artista plástico de Mos, David Debén quen formou parte do colectivo A Carroucha xunto con Marcos Escudero e Severiano Lago:

martes, 11 de octubre de 2011

Entrevista ao monologuista de Salceda, Héctor Rodríguez 08/09/11

Héctor Rodríguez durante unha actuación

Non só de porriñeses vive a Radio Municipal do Porriño. Neste caso entrevistamos a un veciño de Salceda de Caselas. Concretamente a Héctor Rodríguez, un rapaz de 19 anos que comezou no mundo do humor recentemente e por casualidade. Pero o que empezou case como unha broma estase a converter na súa profesión e Héctor Rodríguez está percorrer cos seus monólogos diversos locais da zona das Rías Baixas.


Como bo cómico contounos a súa historia na radio con doses de humor e rematouna cunha pequena mostra do que podes escoitar se vas ver unha das súas actuacións.





Preme o enlace e escoita a entrevista: