 |
Clara do Roxo |
Aínda que a
escritora Clara do Roxo reside actualmente en Vigo está moi vinculada á Louriña onde viviu durante anos. De feito,
O Porriño é o escenario dalgún dos seus libros. Clara do Roxo escribe, sobre todo, relatos e recibiu diversos premios como o Cividade de Mos, o Manuel Murguía ou un accésit ao Pedrón de Ouro entre outros. O vernes pasado estivo na tenda infantil Tía Tata do Porriño para presentar
a súa última obra titulada A princesiña que conducía unha locomotora, un libro infantil xa dispoñible nas librerías.
Nós quixemos falar con ela deste libro, da súa traxectoria e dalgunha que outra curiosidade.
Para escoitar a entrevista preme nesta ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario