miércoles, 30 de mayo de 2012

Entrevista á promotora dunha futura asociación xuvenil no Porriño, Tamara Trillo 30/05/12

Tamara Trillo
Tamara Trillo é unha veciña do Porriño de 23 anos que está a montar unha asociación xuvenil no municipio xa que non existe  ningunha. É por isto que xa deu os primeiros pasos para comezar os trámites e formalizar a asociación e tamén está na procura de membros que desexen unirse e participar nas futuras iniciativas como cursos, campamentos, actividades culturais e de lecer etc. Para ser socio é preciso ter entre 14 e 30 anos. 

As instalacións estarían na Pastelería A Torta da parroquia de Torneiros onde tamén se pode acudir para obter máis información e inscribirse así como na OMIX do Porriño (ubicada no Centro Cultural Municipal) ou no correo tamaratrillo@hotmail.com

Podes escoitar a entrevista a Tamara se pinchas nesta ligazón: 
http://archive.org/download/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12.mp3

*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

4 comentarios:

  1. Aínda sei agora que Tamara é veciña do Porriño, estades enganadiños

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. totalmente dacordo! agora é do Porriño..cando sempre defendeu cela...anda ke...

      Eliminar
  2. Vive no Porriño por tanto si é veciña do Porriño, outra cousa é que sexa natural de Mos. Un saúdo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non tedes nin idea machiños, dende cando vive no Porriño se vive en Cela cos seus pais e ademáis empadronada no concello de Mos. Outra cousa é que estea a traballar en Torneiros que si é do Porriñó. So un consello, primeiro contrastar e refutar a información e despois publicala pero ben.
      Un saúdo.

      Eliminar