| Tamara Trillo |
Tamara Trillo é unha veciña do Porriño de 23 anos que está a montar unha asociación xuvenil no municipio xa que non existe ningunha. É por isto que xa deu os primeiros pasos para comezar os trámites e formalizar a asociación e tamén está na procura de membros que desexen unirse e participar nas futuras iniciativas como cursos, campamentos, actividades culturais e de lecer etc. Para ser socio é preciso ter entre 14 e 30 anos.
As instalacións estarían na Pastelería A Torta da parroquia de Torneiros onde tamén se pode acudir para obter máis información e inscribirse así como na OMIX do Porriño (ubicada no Centro Cultural Municipal) ou no correo tamaratrillo@hotmail.com
Podes escoitar a entrevista a Tamara se pinchas nesta ligazón:
http://archive.org/download/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12/EntrevistaAsociacinXuvenilPorrioTamaraTrillo30-05-12.mp3
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño