Mostrando entradas con la etiqueta Parroquia Atios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Parroquia Atios. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de mayo de 2012

Entrevista a Carlos Martínez sobre novas condicións para uso das canteiras do Porriño 08/05/12

Carlos Martínez
Recentemente aprobouse no pleno do Porriño (unicamente cos votos a favor do PP) o novo prego de condicións para o arrendamento e uso das canteiras nas parroquias de Atios e Budiño. Segundo o goberno local, o obxectivo e "regular a actividade e darlle protección xurídica aos titulares das explotacións". Establécese unha taxa 1,20€ ao ano por m2 (as canteiras inactivas poderán pagar o 50%) ou que o contrato se poida prolongar ata 15 anos entre outros cambios. 
Por outra parte, o PP di que a débeda que os propietarios das explotacións mineiras manteñen co Concello dende hai anos vaise xestionar a través doutras vías.



Nós falamos co edil de Canteiras, Carlos Martínez, un día despois de que se levase a pleno esta iniciativa.

A entrevista está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaPregoCanteirasPorrioEdilCarlosMartnez08-05-12/EntrevistaPregoCanteirasPorrioCarlosMartnez08-05-12.mp3

E neste outro enlace podes escoitar dúas entrevistas anteriores que lles fixemos ás comunidades de montes de Atios e Budiño nas que tamén se falou das canteiras: 
--> Atios
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-vicepresidente-da.html
--> Budiño
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-da.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de ATIOS na Radio Muncicipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de BUDIÑO na Radio Municipal do Porriño

lunes, 2 de abril de 2012

Entrevista ao vicepresidente da Comunidade de Montes de Atios, Xoan Pereira 26/03/12

Canteira de Atios
No noso repaso dos luns polas parroquias do Porriño é agora a quenda de coñecer mellor o labor e peticións das comunidades de montes. Neste caso falamos co vicepresidente da Comunidade de Montes en Man Común de Atios, Xoan Pereira.

Durante a entrevista, tratamos diversos temas como a reivindicación que os comuneiros fan do monte non clasificado e a polémica sobre a débeda que o Concello contraeu con eles dende hai anos polo uso que as canteiras fan do monte. Xoan tamén nos contou que conseguiron a certificación forestal, que están a traballar no deslinde coas parroquias de Cans e Budiño e o motivo polo que se opoñen ao trazado de liña de alta tensión que se prevé que pase polo monte da parroquia. Por suposto, tamén falamos dos incendios e de como están a traballar na súa prevención en Atios. 

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoVicepresidenteDaComunidadeMontesAtiosXoanPereira26-03-12/EntrevistaVpteComunidadeMontesAtiosXoanPereira26-03-12.mp3

Aquí está dispoñible unha entrevista posterior realizada á Comunidade de Montes de Budiño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-da.html

Neste outro podes escoitar unha entrevista que lle fixermos ao concelleiro de canterias do Porriño, Carlos Martínez, respecto da situación destas explotacións mineiras no Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-concelleiro-de-canteiras.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

lunes, 5 de marzo de 2012

Entrevista ás comparsas A.C Pontellas, A.C Alba, ANPA Atios e ANPA Antonio Palacios 20-21/02/12

Con motivo do entroido falamos cos organizadores de catro comparsas do Porriño:

Por unha parte, o luns de entroido falamos con Gerardo Ramírez e Rosángela Cancelas da Asociación Cultural de Pontellas. A súa comparsa contou con ata 64 participantes que se disfrazaron de hindús. Conversamos tamén con Paulo Blanquiño e Marcos Pereiro da Asociación Cultural Alba de Torneiros. A súa comparsa contou con 55 participantes que se vestiron de zombis, cadaleito incluído.

Podes escoitar a entrevista conxunta neste enlace:

Por outro lado, o martes de carnaval conversamos con Raquel González e María Rodríguez da ANPA do Colexio Antonio Palacios. A comparsa estivo composta por 100 participantes disfrazados de xente da Idade Media. Conversamos na mesma entrevista con María Domínguez e Roberto Domínguez da ANPA do CEIP de Atios que se vestiron de personaxes de contos populares e tamén rozaron os 100 disfrazados.

Escoita a entrevista pinchando nesta ligazón: 
 
Os membros da A.C. Pontellas foron disfrazados de hindús

"Camposanto", comparsa da A.C. Alba de Torneiros



A ANPA do Antonio Palacios trasladouse ao Medievo

"Contos populares", comparsa do CEIP Atios





FOTOS: valdolouro.blogspot.com

viernes, 27 de enero de 2012

Entrevista a xogadoras dos equipos de fútbol San Salvador Budiño e Auto Atios 09-23/01/12

No noso repaso polos diversos equipos de fútbol das parroquias do Porriño fixemos parada, nesta ocasión, en Budiño e en Atios. Falamos coas xogadoras dos equipos San Salvador de Budiño e Auto Atios que compiten na Liga de Fútbol 7 Feminino da área metropolitana de Vigo.

Escoita a entrevista a Rocío Rodríguez, xogadora do San Salvador de Budiño, pinchando o seguinte enlace:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaAoCdSanSalvadorBudioRocioRodriguez09-01-12/EntrevistaCdSanSalvadorBudioRoco09-01-12.mp3

Plantilla do San Salvador de Budiño

Escoita a entrevista ao adestrador do Auto Atios, Miguel Pérez, e ás xogadoras Mónica Fernández, Soraya Fernández e Sandra Carballo ciclando enriba deste outro:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaAoAutoAtiosMiguelMonicaSorayaSandra23-01-12/EntrevistaAutoAtiosmiguelMonicaSandraSoraya23-01-12.mp3


Plantilla do Auto Atios

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

viernes, 6 de enero de 2012

Entrevista a xogadores dos equipos U.D Atios e C.D. Pontellas 26/12/11 e 02/01/12

Coa intención de seguir afondando nas parroquias do Porriño ao tempo que promocionamos o deporte local, na Radio Municipal do Porriño entrevistamos a dous equipos que xogan en Categoría Preferente: o Unión Deportiva Atios e o Club Deportivo Pontellas. Falamos da liga, obxectivos, financiamento e , por suposto, dos xogadores. 

Neste enlace podes escoitar a entrevista a Miguel Calvar e a Hugo Pazos do U.D. Atios:
http://www.archive.org/download/EntrevistaU.d.AtiosMiguelCalvarEHugoPazos26-12-11/EntrevistaU.d.AtiosMiguelCalvarEHugoPazos26-12.mp3

Miguel, en 1º lugar pola dereita; Hugo, en 5º


Neste outro podes escoitar a entrevista a Iván Rivera do C.D. Pontellas:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoC.d.PontellasIvnRivera02-01-12/EntrevistaC.dPontellasIvanRivera02-01.mp3


Iván, en 1º lugar pola dereita

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

viernes, 30 de diciembre de 2011

Entrevista a membros das rondallas de Atios e Pontellas (Porriño) 19/12/12

Imaxe do encontro no polideportivo do Porriño (Atlántico Diario)
No Porriño existen dúas rondallas que gozan de grande recoñecemento e tradición. Unha delas é a Rondalla de Santa Eulalia de Atios, a outra é a Rondalla de Pontellas. O polideportivo do Porriño acolleu este domingo a IX mostra de rondallas na que, obviamente, non faltaron estas dúas. As vindeiras ocasións para escoitalas son o día 5 en As Neves e O Porriño acompañando as cabalgatas de reis, o día 6 en Pontellas e o día 8 competirán no Ifevi en Vigo nun certame multitudinario que se celebra anualmente e no que as agrupacións de Pontellas e Atios quedaron primeira e segunda respectivamente no 2011.

Nós falamos con Alfonso Domínguez, presidente da rondalla de Atios, e con Agustín dos Anjos, membro da agrupación de Pontellas.

Só tes que premer enriba do seguinte enlace para escoitar a entrevista:

lunes, 19 de diciembre de 2011

Entrevista parroquia de Atios coa Asociación Os Penediños 05/12/12

Vista xeral de Atios no linde con Torneiros
No noso percorrido dos luns polas parroquias fixemos parada, nesta ocasión, en Atios. Convidamos ao noso estudo o presidente da Asociación Cultural Os Penediños, Pachi Oya, e tamén a vicepresidenta, Ilaria Brito. Con eles falamos de tódalas características da parroquia e da súa actividade cultural.

Tamén tratamos o tema das canteiras e das necesidades na que os dous representantes fixeron varias peticións para a aldea coma unha biblioteca con Internet  ou unha mellor disposición dos colectores de lixo.

Se queres escoitar a conversa que mantivemos só tes que clicar enriba deste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaParroquiaDeAtiosCoaAsociacinOsPenedios05-12-12/ParroquiaAtiosConPachiEIlaria05-12.mp3


*Entrevistas parroquia de CHENLO na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas parroquia de MOSENDE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de PONTELLAS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CANS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de BUDIÑO na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de TORNEIROS na Radio Municipal do Porriño

viernes, 14 de octubre de 2011

Entrevista ao permacultor de Atios, Bugui García 28/08/11

Bugui García
A permacultura, segundo o noso entrevistado, "es una caja de herramientas para generar una cultura permanente en el tiempo.  Son herramientas para crear una vivienda de bajo impacto ambiental, una huerta en la que se trabaja cada vez menos año a año para que la tierra sea más fértil y también es una forma de relacionarse entre las personas más sostenible".

Bugui García é un veciño do Porriño que está metido de cheo neste modo de vida, é membro da asociación Eiras do Minho e creador do blog Permacultura Louro. Se queres saber que son os bosques comestibles, as hortas verticais ou a bioconstrución, só tes que escoitar a entrevista. O vindeiro sábado realizan en Atios un taller baixo o nome Cociñando con plantas comestibles.

A entrevista podes escoitala se clicas neste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaPermaculturaPorrio28-08-11/EntrevistaPermaculturabuguiGarca26-08.mp3

Neste outro link podes escoitar unha entrevista posterior a Bugui na que xunto con Míriam Méndez fala da súa faceta como profesor de ioga en Atios:
http://siradioporrino.blogspot.com/2012/01/entrevista-dous-profesores-de-ioga-de.html

*Entrevistas MEDIO AMBIENTE LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño




jueves, 13 de octubre de 2011

Entrevista ao Concelleiro de Canteiras do Porriño, Carlos Martínez 16/09/11

Carlos Martínez en primeiro plano


Na Radio Municipal do Porriño quixemos afondar nun tema moi importante e característico da Vila do Louro: as canteiras. Falamos co Concelleiro de Canteiras, Carlos Martínez, que dende xuño está a traballar para legalizar as explotacións. Entre outras cousas contounos que están todas en situación ilegal e só unhas poucas se manteñen activas. Por isto dende o Concello queren tomar medidas para a reactivación do sector baixando o canon do arrendamento ou falicitando os pagos da débeda.




Se queres ecoitar todo o que nos dixo clica no enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaCanteirasPorrio16-09/EntrevistaCanteiras-clstercarlosMartnez16-09.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior que lle fixemos ao edil sobre o novo prego de condicións para a explotación e uso de canteiras aprobado no pleno en maio do 2012:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/05/entrevista-carlos-martinez-sobre-novas.html

Aquí está dispoñible a que lle fixemos á Comunidade de Montes de Atios no 2012: