Mostrando entradas con la etiqueta Arquivo de audio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquivo de audio. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de octubre de 2012

Entrevista á pintora porriñesa Chelo Rodríguez 28/09/12



Chelo Rodríguez pasou polo noso estudo para contarnos todo o referido á súa traxectoria como pintora. Estas semanas expuxo parte da súa obra no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, unha de tantas mostras que ten feito en Galicia. Chelo tamén deu a coñecer a súa obra noutros sitios de España, en Portugal e incluso en Francia. É unha artista que se inspira nos detalles e recunchos e que aposta pola cor. Pronto viaxará a Barcelona para pintar co artista e amigo Pere Munné.

"Ya no puedo dejar de pintar, se ha convertido en una necesidad de expresión", díxonos Chelo. 




Entrevista á empresa porriñesa TCR Datos Norte, candidata a conometrar o Mundial de Rallyes 27/09/12

Fidel, de TCR Datos, na esquerda
Fidel Iglesias, administrador da empresa porriñesa TCR Datos Norte, estivo no noso estudo para contarnos o reto ao que se enfrontan se a FIA (Federación Internacional de Automovilismo) elixe a súa candidatura para participar no vindeiro Campionato Mundial de Rallyes. O obxectivo desta empresa é levar a cabo a conometraxe e localización GPS durante a proba que se celebrará a comezos do ano que vén en varios continentes.
No caso de que TCR Datos Nortes saíse elixida para estas tarefas, trataríase doutra empresa instalada no Porriño que fai coñecido o nome do municipio no estranxeiro.

"É unha grande responsabilidade porque a conometraxe determina quen gaña... Temos que usar un sistema fiable e moi rápido", díxonos Fidel durante a entrevista.

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaFidelIglesiasTcrDatosNorte27-09-12/EntrevistaFidelIglesiasTcrDatosNorte27-09-12.mp3

*Entrevistas COMERCIO E INDUSTRIA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

sábado, 29 de septiembre de 2012

Entrevista á pintora porriñesa Rossina Lucchini Leiva 20/09/12

Rossina durante a inauguración


Rossina Lucchini Leiva, veciña do Porriño, expón por primeira vez os seus cadros. Durante as Festas do Crsito 2012 pódese visitar a súa obra xa que un total de 19 lenzos están a disposición do público no centro cultural municipal.

Rossina comezou a pintar hai tres anos e asegura que non presta tanta atención á ténica como á imaxinación. As obras desta pintora caracterízanse por tratar temas variados e as cores vivas.

"Empecé a pintar a raíz del accidente que tuve", díxonos Rossina durante a entrevista. 



Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaPintoraPorriesaRossinaLucchiniLeiva20-09-12/EntrevistaPintoraPorriesaRossinaLucchiniLeiva20-09-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

jueves, 20 de septiembre de 2012

Entrevista á protectora de animais de Porriño sobre a polémica coa canceira de Meis 20/09/12

Instalacións da canceira de Meis (por Carlos Puga)
Manán, venres 21 de setembro ás 21.00h, trece protectoras e refuxios de animais da provincia convocan unha protesta diante do Pazo da Deputación de Pontevedra. O motivo: consideran que o ente público está a facer unha xestión inaxeitada da canceira de Meis. Denuncian que se pretende privatizar o servizo provocando que a canceira acabe por converterse nun lugar de sacrificio dos animais por falta de espazo xa que se busca cubrir todos os concellos da provincia que o desexen.

Baixo o nome de Plataforma contra o exterminio de cans, as protectoras piden que se faga o uso real para o que se creou a instalación, financiada principalmente con fondos da UE e pensada para dar servizo soamente a concellos da súa contorna. Os defensores dos animais aseguran tamén que a privatización da canceira fará que desaparezan as protectoras de Pontevedra e, por tanto, tamén o seu  labor de difusión de campañas de esterilización, contra o abandono, de concienciación, etc.

Nós falamos con Marta Penelas, da Asociación Protectora de Porriño e Mos (ASPAP), "la gestión por parte de una empresa privada convertirá la perrera en un lugar de limpieza y exterminio de los animales", foi unha das declaracións que nos deixou durante a entrevista.



Entrevista ao músico de reggae porriñés, Ras Mael I 17/09/12

Ras Mael e Jhavy no noso estudo durante a entrevista
Na inauguración da nova temporada de Si Radio Porriño acompañounos Ras Mael I, un músico de reggae porriñés afincado en Málaga. Ten dous discos no mercado que podes descargar de xeito gratuito aquí . Nós aproveitamos que estivo este verán en Galicia dando concertos para entrevistalo. Viu acompañado do seu productor, Jhavy, e falounos da súa traxectoria, da filosofía rastafari e outros asuntos que xa podes escoitar na entrevista que lle fixemos. "Paz, unidad y amor es el mensaje que transmito en mis canciones", díxonos Ras Mael durante a entrevista. 

Preme no seguinte enlace para escoitar o audio da entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoCantanteDeReggaePorrisRasMaelI17-09-23.mp3/EntrevistaAoCantanteDeReggaePorrisRasMaelI17-09-23.mp3

Videoclip da canción Guárdame Jahovia:

lunes, 6 de agosto de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos 01/08/12

Nelson Santos

Falamos co alcade do Porriño, recén estreado o mes de agosto, para repasar a actualidade municipal máis recente. Conversamos sobre emprego, saneamento, a nova ordenanza reguladora de tráfico e seguridade cidadá, deporte, etc.

Sobre emprego díxonos: "Estudamos limitar o prazo de empadroamento para que os que leven toda a vida censados no Porriño teñan preferencia á hora de acceder á bolsa de emprego".

En canto a benestar social comentounos: "En Porriño vai abrir unha nova gardería Galiña Azul e queremos dotar o edificio dos antigos xulgados con servizos de centro de día".

En relación ás obras para conectar o saneamento porriñés á EDAR de Guillarei puntualizou: "Estamos a facer obras en Torneiros, Atios e Carracido (...) Nun prazo de 3-4 anos queremos que todo o Concello estea plenamente sanenado (...) En canto a Chenlo, estudamos conectala a Guillarei ou a posible colocación dunha pequena depuradora na propia parroquia".

Sobre a prohibición de colocar carteis no Concello en lugares non habilitados a tal fin (ex. mobiliario urbano, sinais de tráfico etc.)  baixo ameaza de sanción económica o alcalde dixo o seguinte: "O que non pode ser é ir pola rúa e atoparse con ducias de pintadas e carteis colocados en calquera sitio (...) Colocáronse uns espazos onde a xente pode expoñer o que queira (...) Multouse xa a unha persoa que estaba a facer unha pintada con 1.500 euros (...) Imos levar a cabo un importante investimento para limpar o Concello de pintadas e graffitis".

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12.mp3

Máis entrevistas a Nelson Santos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Santos

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

Entrevista sobre emprego en Mos (xullo-agosto): Óscar Soto (PP) e M.A. Aldea Moscoso (BNG) 02/08/12

Óscar Soto
Quixemos dar conta das últimas inciativas postas en marcha en materia de emprego no Concello de Mos como o plan de fomento da ocupación para que mosenses, especialmente aqueles menores de 35 anos, se formen en ocupacións demandadas por empresas da comarca. É por isto que falamos con Óscar Soto, concelleiro de Emprego e tenente alcalde de Mos, ao que tamén lle preguntamos sobre o proceso de mediación que está a levar a cabo o Concello para a contratación de persoal en empresas de recente ou futura instalación no municipio (Gadis, Aki, Mercadona...).

"Estamos a conseguir que xente do Concello entre a traballar en empresas que se están a instalar no municipio", díxonos Soto durante a entrevista.


M.A. Aldea Moscoso
A oposición, en especial o BNG de Mos, non concorda co procedemento que está a seguir o goberno local á hora de xestionar parte do procedemento de selección de persoal das novas empresas da zona. "O Concello non pode actuar como unha oficina de emprego recibindo currículums, non nos fiamos do PP", díxonos Miguel Anxo Aldea Moscoso, voceiro dos nacionalistas durante a conversa que tamén mantivemos con el.





viernes, 3 de agosto de 2012

Entrevista sobre concentración de coches tuning e clásicos no Porriño 03/07/12

Esta fin de semana (dende o sábado día 4 ás 10.00h ata o domingo 5 ás 18.00h) celébrase no aparacamento do pavillón polideportivo do Porriño unha concentración de tuning e de coches clásicos.

Santiago e Aroa no noso estudo
A inscrición vai estar aberta os dous días e dende a organización aseguran que se prevé a mobilización de entre 100 e 150 coches. Realizaranse competicións de audio como o Campionato Internacional de SPL e outros e exporanse automóbiles clásicos como Corvette Z06 Black Edition. Tamén haberá preparación de vehículos e expositores.

Santiago Carballo e Aroa Rodríguez, da organización, aseguran que o obxectivo é pasalo ben, favorecer o turismo no Concello e compartir a paixón polos coches. Convidan a todo o mundo interesado a asistir.

jueves, 2 de agosto de 2012

Entrevista ao actor mosense Pablo Paz 31/07/12

Pablo Paz (dereita) xunto ao tamén actor Pablo Viña en Torneiros (Porriño)
Esta semana estivo no noso estudo o actor mosense Pablo Paz (Amar en tiempos revueltos, Yo soy Bea) que está por terras galegas para presentar a obra que produce e protagoniza Águilas en el jardín (todos os xoves e domingos de agosto na Sala Cristian de Samil en Vigo ás 21.30h). Falounos deste proxecto no que dá vida a seis personaxes diferentes que deben demostrar o seu valor á hora de enfrontarse a unha serie de retos en ton de comedia. Trae, ademais, como convidado especial ao temén actor Pablo Viña (Amar en tiempos revueltos, Agitación+iva). Podes consultar máis información sobre a obra que gozou de éxito durante dúas temporadas en Madrid premendo AQUÍ. 
Pablo Paz non só é actor, senón tamén productor e bailarín e incluso se atreve coa música. "Me hace especial ilusión actuar en Vigo, cerca de casa" díxonos durante a conversa. 

Falamos sobre Águilas en el jardín, todas as súas facetas e outras curiosidades na entrevista que podes escoitar se premes o seguinte enlace:

miércoles, 1 de agosto de 2012

Entrevista IV Festa Gastronómica do Cabrito ao Espeto de Chenlo (Porriño) 31/07/12

Foto tomada onte durante a presentación da festa no centro sociocultural de Chenlo
Como cada primeiro domingo de agosto dende hai catro anos celébrase a Festa do Cabrito ao Espeto na parroquia porriñesa de Chenlo. O día 5 estarán listos os 100 cabritos e os 200 kg de churrasco que se van asar coa previsión de abastecer a unhas 2.000 persoas no lugar da Chan da Carreira (xunto o campo de fútbol). O evento, que comezará a partir das 10.00h, estará amenizado musicalmente co grupo 3.com e o grupo de gaitas San Xurxo de Mosende. Haberá sorpresas e agasallos e sortearase un cabrito. O prazo para facer as reservas remata este xoves día 2 de agosto. Os prezos son os seguintes:

- cabrito enteiro 180€
- medio cabrito 90€
- ración de cabrito 20€
- ración de churrasco 12€
- pinchos de cabrito 3€

As racións inclúen viño, rosca, empanada, café e chupito. Os teléfonos para as reservas son os seguintes: 
607 77.55.25 / 647 14.27. 82 / 615 40.02.65.

Nós falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo, sobre todos os detalles do evento organizado, principalmente, por xente moza do municipio.

Podes escoitar a entevista pinchando neste enlace:


martes, 31 de julio de 2012

Entrevista CISM e Banda de Música Cultural de Salceda 30/07/12

Falamos da oitava edición do Curso Internacional e a Semana Musical de Salceda, certame polo que se segue a apostar no Concello a pesar de que en outros lugares de España non se fai este ano principalmente por motivos económicos. Este evento serve para poñer aínda máis de relevancia a tradición da música en Salceda, e en especial da súa Banda de Música Cultural que conta cunha longa e froitírfera traxectoria.

Cartel do evento
Este ano participan no curso 93 alumnos (varios deles de Portugal e un de Rusia) que van aprender a tocar diversos instrumentos da man de mestres consolidados como David Rejano (trombón), Pascual Martínez (clarinete), Mike Forbes (tuba) e Paula Gállego (frauta). Ademais, hai preparadas actuacións todas as noites. Onte, o certame inaugurouse o grupo de cámara de clarinetes Ad Libitum de Portugal e o punto final o venres vén da man da Maribor International Orchestra de Eslovenia, directos dende Londres (ás 20.00h na Praza do Concello). Hoxe, a quenda é para o recital do trombón solista da Münchner Philharmoniker, David Rejano, acompañado ao piano por María Lebed (auditorio municipal, 22.00h).
Podes consultar o resto do programa AQUÍ.

Nós falamos con Álex Rodríguez Canosa, da organización do evento, para falar dos detalles da presente edición do CISM da importancia da banda e da escola de música salcedenses.



O mércores 1, ás 23.00h no Parque Raíña Argonta, actúa a banda de Mos The Turre's Band que xa pasaron polo noso estudo. Podes escoitar a entrevista que lle fixemos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-grupo-mosense-turres-band.html


O programa inclúe unha mostra de pintura vinculada á música do porriñés Quico Paz Antón. Aquí podes consultar unha entrevista que lle fixemos hai un tempo sobre a súa faceta como pintor e músico e o libro que escribiu sobre os 125 anos de historia da Banda de Música de Salceda:

http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-quico-paz-anton-030112.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño  
*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño

viernes, 27 de julio de 2012

Entrevista ao humorista de Redondela Héctor Somoza 26/07/12

Somoza no noso estudo
Aínda que Héctor Somoza é de Redondela, viviu durante moitos anos no Porriño. Di que comezou a casa polo tellado na súa faceta como humorista porque contou chistes e bromas na televisión antes que nos bares. Dende 1986 ten participado en numerosos programas de televisión e radio e actuou tamén fóra de Galicia. Agora reclámano especialmente en festas e percorre Galicia cos seus espectáculos.

Nós entrevistámolo e, por suposto, deixamos que o humor fluise durante a conversa.  

"Cheguei a facer un monólogo de máis de 7 horas. Foi memorable", díxonos Somoza durante a entrevista. 



Entrevista Campionato de España de Aeromodelismo na Cañiza. Club Vuelo a Vela Fontefría 27/07/12

José Lumbreras no noso estudo
Esta fin de semana, tanto o sábado (de 10.00 a 20.00h) como o domingo (de 10.00 a 17.00h) celébrase na Cañiza o Campionato de España de Aeromodelismo na modalidade de "remolcados por torno" no que participarán persoas procedentes de diversos puntos de España.

Organiza o Club de Aeromodelismo de Vuelo a Vela de Fontefría e nós falamos co presidente, José Lumbreras, que non só nos contou detalles do campionato, senón todo tipo de curiosidades sobre este deporte federado. O aermodelismo consiste en construír e facer voar réplicas ou modelos de avións, paixón á que José Lumbreras lle dedica moito tempo dende hai máis de 30 anos.

jueves, 26 de julio de 2012

Entrevista sobre mostra de radios antigas en Mos para o apoio a enfermos de esclerose múltiple 18/07/12

A edil de Benestar de Mos xunto a Luis "O das radios"
Ata este sábado 28 no Pazo de Mos, está aberta ao público unha exposición de radios antigas cunha finalidade solidaria. O coleccionista luso Luis "O das radios" trouxo dende Portugal os aparellos, algún deles de case 100 anos. A entrada é de balde, pero catro radios venderanse ou sacaranse a poxa co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra, Avempo. A clausura é este sábado ás 21.00h coa actuación do Grupo Vocal Amieiro da AVV Chan do Bosque.

Marina Román (foto: J.Lores)
Nós falamos con Marina Román, presidenta de Avempo, sobre a exposición e a esclerose múltiple, enfermidade autoinmunitaria que afecta ao cerebro e á médula espiñal e que ela coñece de primeira man porque a padece dende hai anos. 

"Nuestro sistema nervioso es como un cable de la luz pelado que sufre cortocircuitos", díxonos Marina durante a entrevista. 

Para escoitar a entrevista preme na ligazón de embaixo:

Entrevista aos edís Marcelino Coto e Óscar Soto sobre deslinde en Porriño e Mos 17/07/12

Marcelino Coto
Veciños e empresarios de Porriño e Mos levan tempo reinvindicando que se leve a cabo un proceso deslinde para que se esclarezan, de xeito oficial e definitivo, os límites entre ambos concellos e evitar así problemas, na súa maioría, burocráticos. Agora esa petición pretende ser atendida nos dous municipios nos que se vai levar a cabo o proceso. Para isto, formáronse dúas comisións compostas por membros da corporación municipal e históricos, é dicir, persoas maiores con amplos coñecementos sobre onde están situados os límites dende hai tempo. A zona máis problemática é a da parroquia de Pereiras. Está previsto que en setembro se comece co proceso. 

Óscar Soto
Nós falamos con dous membros das comisións encargadas de levar a cabo os trámites. Pola parte do Porriño conversamos con Marcelino Coto, edil de Urbanismo. Pola de Mos, atendeunos Óscar Soto, edil de Patrimonio. 

"Un ejemplo es el tanatorio Louriña Memorial que tiene licencia por ambos concellos. Dependiendo de la sala, el fallecido puede estar en Porriño o Mos", díxonos Marcelino Coto.

"Dende Mos xa pretendéramos comezar co proceso no 2008 cando gobernaba Raúl Francés no Porriño, pero fora imposible chegar a un acordo" contounos pola súa parte Óscar Soto.

martes, 24 de julio de 2012

Entrevista a David Sobral, xerente da Asociación de Empresarios do Porriño 19/07/12

David Sobral
Quixemos dar voz aos empresarios do Porriño porque, sendo a Vila do Louro un municipio industrial, teñen moito que contar. Falamos con David Sobral, xerente da Asociación de Empresarios do Porriño que aúna a unhas 50 empresas, sobre todo do Polígono das Gándaras e da Granxa.
Contounos como está afectar a crise aos empresarios asentados en solo porriñés, que papel xogan os polígonos á hora de reactivar a economía, que peticións e necesidades teñen os empresarios do municipio, que opinión teñen respecto das políticas de emprego do goberno local ou como traballan para evitar máis danos no escosistema que forman as Gándaras de Budiño e as súas lagoas

"Porriño, a diferenza doutros concellos da área, está nunha mellor posición para dar resposta á crise debido ao seu tecido producivo, a un maior nivel de internacionalización e á excelencia empresarial", foi unha das declaracións que nos deixou David Sobral durante a entrevista.


Entrevista a 3 nenos saharauis e a edil de Benestar de Mos, sobre o programa Vacacións en paz 12/07/12

Seis nenos saharauis veñen a pasar este verán as súas "vacacións en paz" a Mos. Trátase dun progama de acollida de menores saharauis no que participan, en toda Galicia, uns 300 nenos. O obxectivo é que os rapaces poidan pasar unha temporada alonxados das altísimas temperaturas do deserto e dos campamentos de refuxiados ao tempo que realizan todo tipo de actividades educativas e de lecer. 

Mohamed, Faal, Bachir e S. Cebreiro no noso estudo
Nós falamos Faal, Mohamed e Bachir, tres nenos saharauis que repiten estadía en Mos, e coa delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Sara Cebreiro, quen precisamente é nai de acollida dun deles. Os nenos contáronos como pasan estes meses en Mos e como é a súa vida no Sáhara e coa edil de Benestar conversarmos dos pormenores do programa e de como se pode ser familia de acollida. 

"Lo que más nos gusta hacer aquí es ir a la piscina, a la playa y al cine", contáronos os nenos.

"Esta experiencia aporta muchísimo a las familias de acogida", díxonos pola súa parte a edil de Benestar de Mos, Sara Cebreiro. 

Para escoitar a entrevista preme neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaVacacionsEnPazAcollidaSaharauiscebreiroBachirFaal/EntrevistaVacacionsEnPazAcollidaSaharauiscebreiroBachirFaalMohamed12-07-12.mp3


Neste outro enlace podes escoitar a historia de Yslem, "Hijo del desierto", un rapeiro saharaui afincado no Porriño que de pequeno tamén pasou as súas "vacacións en paz" en Mos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-yslem-rapeiro-saharaui.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño


viernes, 20 de julio de 2012

Entrevista a Flipy con motivo da súa actuación en Mos 20/07/12

Esta mesma mañá falamos con Flipy, coñecido polo seu paso polo programa de televisión El Hormiguero. Mañán, xunto co cómico Luismi, ofrecerá un monólogo no Multiusos de Mos ás 22.30h (para maiores de 14 anos). Ademais de preguntarlle sobre a súa visita a Mos, aproveitamos para falar dos proxectos que trae entre mans, do seu paso por El Hormiguero e outras curiosidades.

"Las cadenas deberían tener más paciencia con las audiencias", foi unha das declaracións que nos deixou durante a entrevista. 

Entradas para o espectáculo: 8€ anticipada, 12€ en taquilla. Reserva no tlf. 986 23 35 82


- Puntos de venda no Porriño: Rest. Simplicio, Rest. Argentino2 e Panadería A Maquía (Torneiros). 

- Puntos de venda en Mos: Cafetería As de Trevo (fronte a discoteca   Queen), Rest. Argentino e Panadería A Maquía (Puxeiros). 


A entrevista podes escoitala se premes neste enlace:

*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 

miércoles, 18 de julio de 2012

Entrevista aos traballadores de Carmoble Porriño 16/07/12

Pancarta colocada polos traballadores diante da empresa
Este luns estaba previsto que os 25 traballadores da empresa Carmoble do Porriño, especializada en carpintería, fixesen folga para reclamar ata seis nóminas atrasadas. Segundo os traballadores, o luns a empresa contraatacou cun peche patronal, algo que consideran ilegal e por isto presentaron unha denuncia ante a Inspección de Traballo. 

O conflicto laboral comezou hai xa dous anos e a empresa adebeda a algúns traballadores ata 10.000 euros e este mesmo luns enviáronse cartas de despedimentos a través de burofax, segundo fontes da UXT. Dende o sindicato consideran que Carmoble xa non vai seguir coa súa actividade e por tanto os empregados van emprender accións legais para que se lles dean as indeminizacións que lles corresponden. 

"Agardamos o proceso xudicial que desenmascare a situación do peche dunha empresa emblemática do Porriño", comentounos durante a entrevista Diego Atanes, secretario xeral do sindicato comarcal MCA-UXT.


Neste outro enlace podes escoitar unha entrevista sobre o futuro incerto dos traballadores da empresa Forbo de Mos:

Aquí está dispoñible a entrevista que lle fixemos aos despedidos da panadería Las Mercedes do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/07/entrevista-representante-dos-despedidos.html 

E nesta outra ligazón podes escoitar entrevistas feitas aos despedidos de Frigolouro do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-dous-despedidos-de.html 

Por último, aquí está dispoñible a conversa que mantivemos cos traballadores do establecemento Pérez Leirós, tamén do Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-aos-traballadores-de-perez.html 

Entrevista á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, durante a súa visita a Porriño 13/07/12

Beatriz Mato xunto co alcalde do Porriño e o edil de emprego
O venres pasado a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou unha visita a Porriño co obxectivo principal de coñecer de primeira man o funcionamento do servizo Porremprego. Estivo na Casa Consistorial e no Multicentro de Torneiros acompañada, entre outros, polo alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego, Alejandro Lorenzo. Aproveitou o encontro para anunciar que a Xunta achegará 250.000 euros para a realización de catro accións formativas para desempregados no municipio. Nós falamos en directo coa conselleira e con membros do goberno local.

"Porriño está moi implicado en solventar o problema do desemprego",  foi unha das declaracións que nos deixou Mato durante a entrevista.