martes, 31 de julio de 2012

Entrevista CISM e Banda de Música Cultural de Salceda 30/07/12

Falamos da oitava edición do Curso Internacional e a Semana Musical de Salceda, certame polo que se segue a apostar no Concello a pesar de que en outros lugares de España non se fai este ano principalmente por motivos económicos. Este evento serve para poñer aínda máis de relevancia a tradición da música en Salceda, e en especial da súa Banda de Música Cultural que conta cunha longa e froitírfera traxectoria.

Cartel do evento
Este ano participan no curso 93 alumnos (varios deles de Portugal e un de Rusia) que van aprender a tocar diversos instrumentos da man de mestres consolidados como David Rejano (trombón), Pascual Martínez (clarinete), Mike Forbes (tuba) e Paula Gállego (frauta). Ademais, hai preparadas actuacións todas as noites. Onte, o certame inaugurouse o grupo de cámara de clarinetes Ad Libitum de Portugal e o punto final o venres vén da man da Maribor International Orchestra de Eslovenia, directos dende Londres (ás 20.00h na Praza do Concello). Hoxe, a quenda é para o recital do trombón solista da Münchner Philharmoniker, David Rejano, acompañado ao piano por María Lebed (auditorio municipal, 22.00h).
Podes consultar o resto do programa AQUÍ.

Nós falamos con Álex Rodríguez Canosa, da organización do evento, para falar dos detalles da presente edición do CISM da importancia da banda e da escola de música salcedenses.



O mércores 1, ás 23.00h no Parque Raíña Argonta, actúa a banda de Mos The Turre's Band que xa pasaron polo noso estudo. Podes escoitar a entrevista que lle fixemos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-grupo-mosense-turres-band.html


O programa inclúe unha mostra de pintura vinculada á música do porriñés Quico Paz Antón. Aquí podes consultar unha entrevista que lle fixemos hai un tempo sobre a súa faceta como pintor e músico e o libro que escribiu sobre os 125 anos de historia da Banda de Música de Salceda:

http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-quico-paz-anton-030112.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño  
*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario