Mostrando entradas con la etiqueta Parroquia Chenlo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Parroquia Chenlo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de agosto de 2012

Entrevista IV Festa Gastronómica do Cabrito ao Espeto de Chenlo (Porriño) 31/07/12

Foto tomada onte durante a presentación da festa no centro sociocultural de Chenlo
Como cada primeiro domingo de agosto dende hai catro anos celébrase a Festa do Cabrito ao Espeto na parroquia porriñesa de Chenlo. O día 5 estarán listos os 100 cabritos e os 200 kg de churrasco que se van asar coa previsión de abastecer a unhas 2.000 persoas no lugar da Chan da Carreira (xunto o campo de fútbol). O evento, que comezará a partir das 10.00h, estará amenizado musicalmente co grupo 3.com e o grupo de gaitas San Xurxo de Mosende. Haberá sorpresas e agasallos e sortearase un cabrito. O prazo para facer as reservas remata este xoves día 2 de agosto. Os prezos son os seguintes:

- cabrito enteiro 180€
- medio cabrito 90€
- ración de cabrito 20€
- ración de churrasco 12€
- pinchos de cabrito 3€

As racións inclúen viño, rosca, empanada, café e chupito. Os teléfonos para as reservas son os seguintes: 
607 77.55.25 / 647 14.27. 82 / 615 40.02.65.

Nós falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo, sobre todos os detalles do evento organizado, principalmente, por xente moza do municipio.

Podes escoitar a entevista pinchando neste enlace:


viernes, 22 de junio de 2012

Entrevista á Comisión de Festas de Chenlo (Porriño) sobre Festa de San Xoán 22/06/12

Ana Isabel, Rosa e Ana durante a entrevista
San Xoán é o patrón da parroquia porriñesa de Chenlo e por iso se trata dunha festa de grande arraigamento no lugar. Ademais, mantéñense algunhas tradicións vivas como a de roubar os carros e cancelas (e na actualidade outros elementos) durante a noite para situalos nos sitios máis insospeitados. 

Este ano, como vén sendo habitual, haberá dous días de festa. O sábado 23, os actos comezan a partir das 22.00h con sardiñada e churrascada amenizada polo Grupo Nevada. Xa, as 00.00h, queimarase a fogueira e faranse os rituais típicos da noite de San Xoán. O domingo 24 continúa o programa de festas a partir das 12.00h con misa solemne, comunións e a actuación da Banda de Música Municipal de Redondela e xa pola tarde, a partir das 18.00h verbena co Grupo Sabor. 

Nós falamos con tres membros da Comisión de Festas de Chenlo 2012 Ana Isabel Castro, Rosa Boubeta e Ana Novoa que nos contaron de xeito ameno non só o programa, senón tamén curiosidades do San Xoán e da parroquia. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12.mp3

San Xoán tamén en:

Parroquia de Torneiros no Porriño (organiza: AVV San Salvador de Torneiros), dia 23:
- 17.00h recolleita de herbas de San Xoán
- 22.00h tapas variadas e viño a disposición dos asistentes (de balde para os socios)
- 00.00h fogueira e música a cargo de Airiños do Miño

Porriño (organiza: AVV San Benito e San Sebastián), día 23:
- 22.00h noite do chouripán
- 00.00h fogueira e chocolate con rosca

Parroquia de Pereiras en Mos (organiza AVV A Nosa Terra de Pereiras), día 23:
- 22.30h sardiñada cos grupo de cantareiras As Lagharteiras e o grupo de gaitas Nosa Terra de Pereiras
- 00.00h fogueira

día 24:
- 11.00h baile tradicional cos grupos Nosa Terra de Pereiras e Santa Eulalia de Mos
- xantar campestre
- 18.00h festival folclórico infantil con: Nosa Terra de Pereiras, Chaneiros de Marín e Axóuxeres de Moaña
- humor con Jano Costas

Nas festas (incluída a de Chenlo) haberá pantallas para ver o partido da Eurocopa España-Francia




miércoles, 6 de junio de 2012

Entrevistas ao pedáneo de Chenlo e edil de Emprego e Deportes do Porriño, Alejandro Lorenzo 01/06/12

A. Lorenzo (fronte á porta) na inauguración do centro social de Chenlo
A Entidade Local Menor de Chenlo conta por fin cun centro sociocultural inagurado hai dúas fins de semana, a parroquia de Pontellas estreou este pasado venres novo campo de fútbol de herba artificial de última xeración destinado ao C.D. Pontellas e xa se poden presentar ao I Premio Antonio Palacios os proxectos empresariais postos en marcha por emprendedores durante o ano pasado ou no presente (ata 28 de xuño). Destas tres cuestións falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo e edil de Deportes e Emprego. 



No mes de maio 43 porriñeses atoparon traballo  a través dos servizos de Porremprego do Concello do Porriño (aínda que a cifra total de desempregados ascendeu en 19 persoas). Falamos co concelleiro de Emprego para afondar nas políticas de traballo deste ano coas que se conseguiron 157 insercións laborais no que vai de 2012 e se estableceron novas medidas para o apoio a emprededores. Tamén falamos dos cursos de formación e dos viveiros de empresas. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista: 
http://archive.org/download/EntrevistaEmpregoPorrioMaio201205-06-12/EntrevistaAlejandroLorenzoEmpregoPorrioMaio201205-06-12.mp3


--> Aquí podes escoitar unha entrevista anterior sobre o centro cultural de Chenlo:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/entrevista-ao-pedaneo-de-chenlo-sobre.html
--> Nesta ligazón está dispoñible unha entrevista ao S.D Pontellas:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-ao-ud-atios-e-ao-cd.html
--> Neste outro enlace A. Lorenzo fala dos postos de traballo máis demandados no Concello:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-edil-de-emprego-do.html
--> E aquí podes escoitar o Plan Municipal de Emprego 2012 ao completo da man do alcalde do Porriño e o edil de Emprego:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/presentacion-do-plan-de-emprego.html

miércoles, 8 de febrero de 2012

Entrevista ao pedáneo de Chenlo sobre novo centro sociocultural e pistas deportivas 25/01/12

Santos, Louzán e Lorenzo visitan as obras da casa reitoral
A Entidade Local Menor de Chenlo contará por fin cun centro sociocultural unha vez finalizadas as obras de rehabilitación da antiga casa consitorial. Isto é posible grazas a un convenio asinado entre o Concello do Porriño, a diócese Tui-Vigo e a Deputación de Pontevedra que ascende a 520.000 euros. O acordo inclúe a compra por parte da Entidade Local Menor dun amplo espazo a carón do futuro centro sociocultural que se destinará a pistas deportivas e a recinto de festas. Nós falamos co alcalde pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, sobre todas estas cuestións e tamén sobre as expropiacións que levan anos pendentes na parroquia para finalizar o acondicionamento dunhas das estradas principais.

Para escoitar a entrevista preme enriba deste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaPedaneoDeChenloSobreNovoCentroSocioculturalAlejandroLorenzo/EntrevistaPedaneoChenloPorCentroCulturalAlejandroLorenzo25-01-12.mp3


jueves, 19 de enero de 2012

Entrevista a xogadores do equipo S.D. Chenlo 16/01/12

Xa é habitual que os luns fagamos un percorrido polos equipos de fútbol das diferentes parroquias do Porriño. Nesta ocasión, falamos con dous xogadores do S.D Chenlo, Brian Cortiñas (tamén presidente) e Rami Martínez. Este equipo xoga na Primeira División do Torneo Amistad de Vigo, conta cunha longa traxectoria e está na procura de patrocinadores.

Se queres coñecelo un pouco máis pincha o seguinte enlace e escoita a entrevista a Brian e a Rami aos que non lles falta sentido do humor: 


Brian, de pé, en 4º lugar pola esquerda; Rami, abaixo, en último

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

viernes, 16 de diciembre de 2011

Entrevista belén monumental de Herville e belén vivinte de Chenlo 12/12/12

O belén é un elemento típico destas datas e dúas parroquias da Louriña constrúeno dun xeito pouco común. Por un lado, na parroquia de Cela (Mos), a Asociación Cultural de Herville elabora un belén monumental e, por outro, Chenlo (O Porriño) recrea un belén vivinte. No caso de Herville trátase dun nacemento que acada este ano a súa extensión récord con 80 metros cadrados o que o converte en foco de atracción para diversos medios de comunicación. Por outra banda, Chenlo recrea o seu xa tradicional belén vivinte pero, por primeira vez, tamén se vai representar no Porriño.

Se queres visitar o belén monumental podes facelo ata o día 9 na Asociación Cultural de Herville (entre semana de 15.00h a 17.00h e de 19.30h a 22.30h, os sábados de 15.00h a 23.00h e os domingos de 15.00h a 21.00h). Por outra parte, Chenlo representará o seu nacemento este domingo 18 no torreiro da parroquia a partir das 17.00h e o día 23 no Parque do Cristo do Porriño.
Decorado do belén viviente en pasadas ocasións

Proceso de construcción do nacemento monumental










Nós falamos con Serafín Castro de Herville para coñecer tódalas curiosidades deste nacemento monumental e tamén con Marimar Barreiro e Rosa Boubeta de Chenlo para falar do belén vivinte.

Pincha este enlace e escoita a conversa que mantivemos con eles:
http://www.archive.org/download/EntrevistaBelnMonumentalHervilleEBelnVivinteChenlo12-12-12/EntrevistaBelnMonumentalHervilleEBelnVivinteChenlo12-12.mp3 

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño


lunes, 12 de diciembre de 2011

Entrevista polígono eólico no Galiñeiro: Pura González e Alejandro Lorenzo 07/12/12

Recreación do polígono que se pode ver na páxina da plataforma
Despois de que os concellos de Vigo e Gondomar se manifestasen en contra do polígono eólico que a Xunta pretende construír na Serra do Galiñeiro, nós quixemos dar a coñecer a postura do Porriño a este respecto. É por isto que falamos coa voceira da plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro, Pura González, para que nos contase de que maneira se están a organizar para evitar que o polígono sexa unha realidade neste monte e como afectaría este proxecto a Porriño e, en concreto, á Entidade Local Menor de Chenlo . Por outra banda, tamén falamos co alcalde pedáneo desta parroquia, Alejandro Lorenzo, que nos contou que o Concello está a alegar contra o proxecto o igual que o fará Chenlo.

Podes escoitar as dúas entrevistas seguidas se pinchas o seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaSobrePolgonoElicoNaSerraDoGaleiroPuraEAlejandro/EntrevistaPolgonoElicoSerraGalieiroPuraEAlejandro07-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a Pura González sobre os pormenores da actividade da plataforma:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-plataforma-pola-defensa-da.html





jueves, 27 de octubre de 2011

Parroquia de Chenlo con Marimar Barreiro 17/10/11

Festa do Cabrito ao Espeto en Chenlo
O luns 17 deste mes estreamos un novo espazo na Radio Municipal chamado Parroquias de Porriño conducido por Tania Alonso. O noso obxectivo é traer a veciños das parroquias ao noso estudo para darlles voz. Queremos coñecer as sete parroquias do Porriño e tamén o barrio de Carracido. Queremos saber que se fai, como se vive, que piden os veciños desas parroquias e que cousas curiosas e particulariedades garda cada unha. Estreou o noso espazo Marimar Barreiro, veciña da Entidade Local Menor de Chenlo. Mantivemos unha charla moi amena con ela e soubemos, por exemplo, como xurdiu a Festa do Cabrito ao Espeto ou que non teñen catequista para impartir a Confirmación. Pero falamos de moitas outras cousas e non faltou o humor.

Se queres escoitar a entrevista pincha o enlace de embaixo:
http://www.archive.org/download/ParroquiaDeChenloMarimar17-10-11/ParroquiaDeChenlo17-10.mp3

Neste outro enlace podes escoitar unha entrevista posterior a Marimar Barreiro e a Rosa Boubeta na que falamos do belén vivinte que organizan os veciños da parroquia:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-belen-monumental-herville-e.html

*Entrevistas parroquia de MOSENDE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de PONTELLAS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CANS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de ATIOS na Radio Muncicipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de BUDIÑO na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de TORNEIROS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño


lunes, 3 de octubre de 2011

Entrevista á voceira da Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, Pura González 15/09/11

Monte do Galiñeiro
Hoxe subimos a entrevista que lle fixemos a Pura González, voceira da Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro. Trátase dunha organización formada por máis de 30 colectivos que busca que o Galiñeiro se converta nun espazo protexido e evitar así que continúen as agresións que está a sufrir e a futura instalación dun parque eólico proxectado pola Consellería de Industria da Xunta. Con este fin, organizaron unha segunda andaina pola serra que gozou dunha boa acollida e cun convidado de honra, o escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín que lle puxo o broche de ouro a andaina coa lectura do manifesto da plataforma.

Podes escoitar a entrevista se pinchas o seguinte enlace:

Neste outro enlace podes escoitar unha entrevista posterior feita a Pura González e tamén ao alcalde pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, sobre o polígono eólico:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/12/entrevista-poligono-eolico-no-galineiro.html

*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na RadioMunicipal do Porriño
*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño