Mostrando entradas con la etiqueta Alejandro Lorenzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alejandro Lorenzo. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de septiembre de 2012

Entrevista ao edil porriñés Alejandro Lorenzo sobre emprego en setembro e Festas do Cristo 18/09/12

Alejandro Lorenzo (dereita)
Falamos co concelleiro porriñés Alejandro Lorenzo sobre cuestións referidas a dous dos departamentos que dirixe: Emprego-Formación e Festexos. Por un lado, conversamos sobre os datos de paro no Concello, os obradoiros que se van a poñer en marcha (atención sociosanitaria, xardiñería e deseño-instalación de enerxía xeotérmica e solar) e as accións formativas que xa se están a desenvolver dende agosto (atención sociosanitaria, vendedor técnico e restauración). Tamén tratamos inciativas que se van a levar a cabo proximamente como o II Feirón Porremprego. Por outra banda, como edil de Festexos, Alejandro Lorenzo falounos das particulariedades das Festas do Cristo deste ano.

"Estámonos planteando celebrar este ano o Feirón Porremprego no pavillón para ampliar as ponencias", foi unha das declaracións que nos deixou Alejandro Lorenzo durante a entrevista. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaEdilPorrioAlejandroLorenzoempregoSetembroEFestasCristo/EntrevistaEdilPorrioAlejandroLorenzoempregoSetembroEFestasCristo18-09-12.mp3


*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña 

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño 


miércoles, 1 de agosto de 2012

Entrevista IV Festa Gastronómica do Cabrito ao Espeto de Chenlo (Porriño) 31/07/12

Foto tomada onte durante a presentación da festa no centro sociocultural de Chenlo
Como cada primeiro domingo de agosto dende hai catro anos celébrase a Festa do Cabrito ao Espeto na parroquia porriñesa de Chenlo. O día 5 estarán listos os 100 cabritos e os 200 kg de churrasco que se van asar coa previsión de abastecer a unhas 2.000 persoas no lugar da Chan da Carreira (xunto o campo de fútbol). O evento, que comezará a partir das 10.00h, estará amenizado musicalmente co grupo 3.com e o grupo de gaitas San Xurxo de Mosende. Haberá sorpresas e agasallos e sortearase un cabrito. O prazo para facer as reservas remata este xoves día 2 de agosto. Os prezos son os seguintes:

- cabrito enteiro 180€
- medio cabrito 90€
- ración de cabrito 20€
- ración de churrasco 12€
- pinchos de cabrito 3€

As racións inclúen viño, rosca, empanada, café e chupito. Os teléfonos para as reservas son os seguintes: 
607 77.55.25 / 647 14.27. 82 / 615 40.02.65.

Nós falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo, sobre todos os detalles do evento organizado, principalmente, por xente moza do municipio.

Podes escoitar a entevista pinchando neste enlace:


miércoles, 18 de julio de 2012

Entrevista á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, durante a súa visita a Porriño 13/07/12

Beatriz Mato xunto co alcalde do Porriño e o edil de emprego
O venres pasado a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou unha visita a Porriño co obxectivo principal de coñecer de primeira man o funcionamento do servizo Porremprego. Estivo na Casa Consistorial e no Multicentro de Torneiros acompañada, entre outros, polo alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego, Alejandro Lorenzo. Aproveitou o encontro para anunciar que a Xunta achegará 250.000 euros para a realización de catro accións formativas para desempregados no municipio. Nós falamos en directo coa conselleira e con membros do goberno local.

"Porriño está moi implicado en solventar o problema do desemprego",  foi unha das declaracións que nos deixou Mato durante a entrevista.







jueves, 12 de julio de 2012

Entrevistas aos concelleiros de Emprego de Porriño e Mos 10/07/12

Alejandro Lorenzo
Este martes pasado falamos de emprego na Radio Municipal do Porriño.

En primeiro lugar tivemos no noso estudo ao edil de Traballo do Porriño, Alejandro Lorenzo. Con el falamos da cifra de desempregados do Porriño que baixou por primeira vez en meses e fíxoo en 28 persoas (a cifra total de parados é de 2.609). Falamos tamén dos convenios de prácticas que o Concello está asinar con empresas da zona para que titulados (universitarios ou de Formación Profesional) fagan estadías con posibilidade de contratación. Conversamos ademais dos cursos de formación e accións formativas que se están a levar a cabo no Multicentro de Torneiros que agora, no verán, están centrados especialmente na hostelería. 

"Hai xente que se empadroa no Porriño e no mesmo día xa se quere apuntar á bolsa de emprego", díxonos Alejandro Lorenzo durante a entrevista.


Óscar Soto
Por outra parte falamos con Óscar Soto, edil de Emprego de Mos. Neste municipio a cifra de parados, logo de meses á alza,  baixou en xuño en 106 persoas (a cifra total desempregados é de 1.748). Preguntámoslle ao concelleiro a este respecto e tamén falamos da importancia do Polígono Empresarial da Veigadaña para a creación de emprego. Tratamos ademais temas relacionados cos cursos de formación que se ofertan no Concello e coas críticas da oposición que tilda ao goberno local de "oficina de colocación". 

"Os datos de xuño poden supoñer un punto de inflexión para deixar de destruír emprego no Concello", é unha das declaracións que nos deixou  Óscar Soto durante a entrevista.


miércoles, 6 de junio de 2012

Entrevistas ao pedáneo de Chenlo e edil de Emprego e Deportes do Porriño, Alejandro Lorenzo 01/06/12

A. Lorenzo (fronte á porta) na inauguración do centro social de Chenlo
A Entidade Local Menor de Chenlo conta por fin cun centro sociocultural inagurado hai dúas fins de semana, a parroquia de Pontellas estreou este pasado venres novo campo de fútbol de herba artificial de última xeración destinado ao C.D. Pontellas e xa se poden presentar ao I Premio Antonio Palacios os proxectos empresariais postos en marcha por emprendedores durante o ano pasado ou no presente (ata 28 de xuño). Destas tres cuestións falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo de Chenlo e edil de Deportes e Emprego. 



No mes de maio 43 porriñeses atoparon traballo  a través dos servizos de Porremprego do Concello do Porriño (aínda que a cifra total de desempregados ascendeu en 19 persoas). Falamos co concelleiro de Emprego para afondar nas políticas de traballo deste ano coas que se conseguiron 157 insercións laborais no que vai de 2012 e se estableceron novas medidas para o apoio a emprededores. Tamén falamos dos cursos de formación e dos viveiros de empresas. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista: 
http://archive.org/download/EntrevistaEmpregoPorrioMaio201205-06-12/EntrevistaAlejandroLorenzoEmpregoPorrioMaio201205-06-12.mp3


--> Aquí podes escoitar unha entrevista anterior sobre o centro cultural de Chenlo:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/entrevista-ao-pedaneo-de-chenlo-sobre.html
--> Nesta ligazón está dispoñible unha entrevista ao S.D Pontellas:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-ao-ud-atios-e-ao-cd.html
--> Neste outro enlace A. Lorenzo fala dos postos de traballo máis demandados no Concello:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-edil-de-emprego-do.html
--> E aquí podes escoitar o Plan Municipal de Emprego 2012 ao completo da man do alcalde do Porriño e o edil de Emprego:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/02/presentacion-do-plan-de-emprego.html

miércoles, 25 de abril de 2012

Entrevista ao edil de emprego do Porriño sobre postos máis demandados e formación 18/04/12

Alejandro Lorenzo, edil de traballo
Recentemente a Concellería de Emprego e Formación do Porriño publicou un estudo do que se extraen os postos de traballo máis demandados na zona. Estas estatísitas serven tanto para xestionar as ofertas en relación aos usuarios da bolsa de traballo municipal como para poñer en marcha determinados cursos e obradoiros relacionados coas profesións máis demandadas. 

Falamos co edil deste departamento, Alejandro Lorenzo, para que nos explicase polo miúdo cales son os traballos máis solicitados e que tipo de requisitos profesionais piden as empresas da contorna. Tamén falamos dos cursos e obradoiros que se están a poñer en marcha este ano para mellorar a formación profesional entre outros temas. 

Para escoitar a entrevista pincha o seguinte enlace:



http://archive.org/download/EntrevistaAAlejandroLorenzoSobrePostosTraballoPorrio18-04-12/EntrevistaAlejandroLorenzoPostosTraballoPorrio18-04-12.mp3

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA da Radio Municipal do Porriño 

miércoles, 8 de febrero de 2012

Presentación do Plan de Emprego Municipal do Porriño para o 2012 (06/02/12)

Nelson Santos e Alejandro Lorenzo (A. Hernández)
Este luns o alcalde do Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de emprego e formación, Alejandro Lorenzo, presentaron detalladamente o novo Plan de Emprego Municipal. En total, destinaranse 4.758.000 euros a políticas de emprego, formación e autoemprego

Lorenzo adiantou que aquelas persoas que decidan montar un negocio no Porriño recibirán unha bonificación de 1.500 euros ao igual que as empresas que contraten a desempregados inscritos na bolsa municipal de emprego (ata 2.000 euros). Ademais, titulados e persoas con Formación Profesional poderán optar a bolsas e convenios de prácticas. A principal partida presupostaria irá destinada á formación para o desenvolvemento de obradoiros e accións formativas

Para coñecer polo miúdo os detalles pincha o seguinte enlace e escoita a rolda de prensa:
http://www.archive.org/download/PresentacinPlanEmpregoPorrio2012/PresentacionPlanEmpregoPorrio20126-2-12.mp3

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

Entrevista ao pedáneo de Chenlo sobre novo centro sociocultural e pistas deportivas 25/01/12

Santos, Louzán e Lorenzo visitan as obras da casa reitoral
A Entidade Local Menor de Chenlo contará por fin cun centro sociocultural unha vez finalizadas as obras de rehabilitación da antiga casa consitorial. Isto é posible grazas a un convenio asinado entre o Concello do Porriño, a diócese Tui-Vigo e a Deputación de Pontevedra que ascende a 520.000 euros. O acordo inclúe a compra por parte da Entidade Local Menor dun amplo espazo a carón do futuro centro sociocultural que se destinará a pistas deportivas e a recinto de festas. Nós falamos co alcalde pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, sobre todas estas cuestións e tamén sobre as expropiacións que levan anos pendentes na parroquia para finalizar o acondicionamento dunhas das estradas principais.

Para escoitar a entrevista preme enriba deste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaPedaneoDeChenloSobreNovoCentroSocioculturalAlejandroLorenzo/EntrevistaPedaneoChenloPorCentroCulturalAlejandroLorenzo25-01-12.mp3


jueves, 27 de octubre de 2011

Entrevista a Alejandro Lorenzo sobre o 1º Feirón Porremprego do Porriño 26/10/11

Cartel das xornadas
Onte entrevistamos a Alejandro Lorenzo, edil responsable da Concellería de Emprego e Formación do Porriño, para falar do 1º Feirón Porremprego que está a ter lugar esta semana no Concello. Hoxe estreouse a xornada cunhas actividades dirixidas aos máis mozos e a estudantes e mañá será o prato forte coa feira de stands na que participarán 40 empresas e ofreceranse máis de 100 postos de traballo. Ademais, terán lugar ponencias do máis variadas  da man de dirixentes e outros cargos de relevancia de empresas, clústers e asociacións de todo o tipo. 

Podes escoitar a entrevista e enterarte de tódolos detalles deste Feirón e outros temas relacionados co emprego no Porriño clicando no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaFeirnPorremprego26-10-11/EntrevistaFeironPorremprego26-10.mp3

Aquí podes escoitar a entrevista que lle fixemos a un dos ponentes do Feirón, Pablo Valverde do centro tecnolóxico Aimen de Torneiros: 
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-aimen-261011.html

E nesta outra ligazón está dispoñible a entrevista á directora da oficina de traballo temporal Ranstad do Porriño, Maruxa Mantecón, quen tamén foi ponente:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-ett-randstad-do-porrino.html

*Entrevistas EMPREGO E FORMACIÓN LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño



viernes, 7 de octubre de 2011

Entrevista ao edil de Emprego e Formación do Porriño, Alejandro Lorenzo 10/08/11

Alejandro Lorenzo

Subimos nesta ocasión unha das primeiras entrevistas feitas na radio cando xa estabamos encamiñando a nosa programación habitual. Nesta ocasión, falamos con Alejandro Lorenzo, Concelleiro de Emprego e Formación do Porriño, que nos puxo ao tanto das últimas novidades en materia de emprego que se están a levar a cabo no municipio.

Se te queres enterar ben de que se está a facer neste ámbito na Vila do Louro só tes que pinchar o seguinte enlace:


Neste outro enlace podes escoitar o plan de emprego municipal para o 2012 da man do alcalde, Nelson Santos, e Alejandro Lorenzo:
http://siradioporrino.blogspot.com/2012/02/presentacion-do-plan-de-emprego.html

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño