Mostrando entradas con la etiqueta Instalacións e servizos Louriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Instalacións e servizos Louriña. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de agosto de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos 01/08/12

Nelson Santos

Falamos co alcade do Porriño, recén estreado o mes de agosto, para repasar a actualidade municipal máis recente. Conversamos sobre emprego, saneamento, a nova ordenanza reguladora de tráfico e seguridade cidadá, deporte, etc.

Sobre emprego díxonos: "Estudamos limitar o prazo de empadroamento para que os que leven toda a vida censados no Porriño teñan preferencia á hora de acceder á bolsa de emprego".

En canto a benestar social comentounos: "En Porriño vai abrir unha nova gardería Galiña Azul e queremos dotar o edificio dos antigos xulgados con servizos de centro de día".

En relación ás obras para conectar o saneamento porriñés á EDAR de Guillarei puntualizou: "Estamos a facer obras en Torneiros, Atios e Carracido (...) Nun prazo de 3-4 anos queremos que todo o Concello estea plenamente sanenado (...) En canto a Chenlo, estudamos conectala a Guillarei ou a posible colocación dunha pequena depuradora na propia parroquia".

Sobre a prohibición de colocar carteis no Concello en lugares non habilitados a tal fin (ex. mobiliario urbano, sinais de tráfico etc.)  baixo ameaza de sanción económica o alcalde dixo o seguinte: "O que non pode ser é ir pola rúa e atoparse con ducias de pintadas e carteis colocados en calquera sitio (...) Colocáronse uns espazos onde a xente pode expoñer o que queira (...) Multouse xa a unha persoa que estaba a facer unha pintada con 1.500 euros (...) Imos levar a cabo un importante investimento para limpar o Concello de pintadas e graffitis".

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12.mp3

Máis entrevistas a Nelson Santos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Santos

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

sábado, 19 de mayo de 2012

Entrevista á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, sobre o polígono industrial da Veigadaña 09/05/12

Arévalo e Feijóo na Veigadaña (A.Hernández)
O polígono industrial da Veigadaña (Mos) foi inaugurado de xeito oficial recentemente polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Trátase dunha infraestrutura na que se investiron uns 50 millóns de euros en 800.000m2 para crear 77 parcelas. Dous tercios destes terreos  están vendidos e xa hai empresas funcionando con normalidade. Nós quixemos falar coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para que nos falase dos detalles da infraestructura, atrancos, logros e críticas da oposición. 

A entrevista está dsipoñible premendo neste enlace:


martes, 3 de abril de 2012

Entrevista a dous membros da directiva de Asodifisi Mos II 30/03/12

Maruja e Rodrigo durante a entrevista

Hai uns meses entrevistabamos a membros da directiva da Asociación de Disminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, para falar do seu 20 aniversario e do importante labor que desenvolve na comarca prestando servizo a 25 usuarios. Nesta ocasión, convidámolos por outra razón. E é que Asodifisi está a atravesar unha delicada situación económica que pon en perigo a súa continuidade. A razón principal son os atrasos nos pagamentos das axudas económicas por parte de institucións públicas como o Concello de Mos ou a Xunta de Galicia. Aínda que ámbolos organismos xa confirmaron o ingreso das cantidades acordadas, a asociación non quere verse outra vez nesta situación límite e por iso pide axuda aos veciños e outros particulares para saír adiante. A directiva está a facer unha campaña de captación de socios (a partir de 15 euros ao ano) e preparando unha serie de eventos para recadar fondos e así non depender das axudas públicas. 

Podes escoitar a entrevista a Maruja Carrera, presidenta de Asodifisi, e a Rodrigo Rodríguez, secretario, clicando no seguinte enlace:


Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que fixemos co gallo do 20 aniversario da asociación:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-asodifisi-mos-24111.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

sábado, 10 de marzo de 2012

A ampliación do Centro Médico e da rede de saneamento, temas centrais do 1º encontro oficial entre Santos e Bravo Bosch 07/03/12

1ª visita oficial da nova delegada da Xunta en Vigo a Porriño
Mª José Bravo Bosch vén de asumir o seu novo cargo como delegada da Xunta en Vigo substituíndo a Lucía Molares. O pasado día 6 fixo a súa primeira visita oficial ao Porriño para falar co alcalde, Nelson Santos, e outros edís sobre as políticas e iniciativas do goberno local para os vindeiros tres anos. Entre os temas máis destacados falouse de ampliación do Centro Médico, cuxos terreos xa están cedidos e falta licitar o presuposto (que roldaría o 1.200.000€) e as obras. Ademais, segundo o alcalde hai intención de ampliar unha praza máis de pediatría (na actualidade hai dúas) e adquirir unha unidade de raios X. Outra cuestión posta sobre a mesa foi a ampliación da rede de saneamento no Concello ata cubrir o 80%. Parroquias como Atios, Torneiros, Budiño, Cans e Pontellas quedarían así conectadas a EDAR de Guillarei, mentres que Chenlo e Mosende, debido a súa ubicación, terían que facelo a través Ribadelouro. O presuposto estimado das obras é de 2.500.000€. Outros temas tratados foron os convenios en materia de emprego, obras como a ampliación da senda do Louro ou a conexión dos polígonos de Torneiros co centro urbano. 

Neste enlace podes escoitar as aclaracións sobre estas cuestións da man de Nelson Santos e Bravo Bosch:
http://www.archive.org/download/RoldaDePrensaDeNelsonSantosEBravoBoschTras1EncontroOficial/RoldaPrensaNelsonSantos-bravoBoschMontada07-03-12.mp3

*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

miércoles, 8 de febrero de 2012

Entrevista ao pedáneo de Chenlo sobre novo centro sociocultural e pistas deportivas 25/01/12

Santos, Louzán e Lorenzo visitan as obras da casa reitoral
A Entidade Local Menor de Chenlo contará por fin cun centro sociocultural unha vez finalizadas as obras de rehabilitación da antiga casa consitorial. Isto é posible grazas a un convenio asinado entre o Concello do Porriño, a diócese Tui-Vigo e a Deputación de Pontevedra que ascende a 520.000 euros. O acordo inclúe a compra por parte da Entidade Local Menor dun amplo espazo a carón do futuro centro sociocultural que se destinará a pistas deportivas e a recinto de festas. Nós falamos co alcalde pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, sobre todas estas cuestións e tamén sobre as expropiacións que levan anos pendentes na parroquia para finalizar o acondicionamento dunhas das estradas principais.

Para escoitar a entrevista preme enriba deste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaPedaneoDeChenloSobreNovoCentroSocioculturalAlejandroLorenzo/EntrevistaPedaneoChenloPorCentroCulturalAlejandroLorenzo25-01-12.mp3


martes, 17 de enero de 2012

Entrevista a tres usuarios de Cogami Mos participantes no programa "O pisito" 12/01/12

Usuarios de Cogami no piso de Mos
Na Radio Municipal do Porriño mantémonos fieis a entrevistar os verdadeiros protagonistas da noticia. É por isto que esta vez convidamos a tres usuarios de Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) que forman, ou formaron parte no pasado, do programa "Escola do día a día" tamén coñecido como "O pisito". Trátase de que persoas con discapacidade aprendan a desenvolver tarefas do día a día e a gañar en autonomía da cara unha maior inserción social e laboral. Para conseguilo dispoñen dunha vivenda en Mos dous días á semana na que cociñan, limpan, distribúen as tarefas... e dúas terapeutas ocupacionais se encargan de supervisar o desenvolvemento das actividades.

Nós falamos con Rosa San Martín e Iván Pombo, dous usuarios que xa remataron a súa experiencia no programa, e tamén con Avelino Rojo, quen actualmente participa nesta iniciativa.

Podes escoitar a entrevista se clicas enriba do seguinte link:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAUsuariosDeCogamiSobreOProgramaoPisitoRosaAveEIvn/EntrevistaAUsuariosPisitoCogamiMosRosaAveIvn12-01-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a Ángel Holguera, presidente provincial de Cogami: 
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-pregoeiro-das-festas-do.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

lunes, 26 de diciembre de 2011

Entrevista ao presidente da Asociación Club Leones de Mos 20/12/12

A Asociación Club Leones leva arredor de dúas décadas en marcha ofrecendo servizos aos máis necesitados do Concello de Mos e na actualidade reparte alimentos e roupa a unhas 360 persoas.

En Si Radio Porriño entrevistamos o seu presidente, Manuel Martínez, para falar da campaña de recollida de alimentos típicos de Nadal que organizaron estes días en colaboración co Concello (grazas a cal repartiron 112 cestas de Nadal entre as familias con menos recursos do municipio), da longa traxectoria da asociación, de como se financian, quen pode participar ou solicitar os servizos... E outras cuestións que podes escoitar se clicas enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoPresidenteDaAsociacinClubLeonesDeMosManuelMartnez/EntrevistaAoPresidenteDaAsociacinClubLeonesMosManuelMnez20-12-12.mp3

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño


Manuel Martínez, en segundo lugar pola esquerda

lunes, 7 de noviembre de 2011

Entrevista a dous usuarios e á presidenta do centro de educación especial ACEESCA 02/11/11

Usuarios traballando nun taller
Usuarios do centro de educación especial ACEESCA foron os encargados de organizar o congreso de autoxestores de Galicia este sábado pasado. Os autoxestores son representantes de persoas con discapacidade que buscan, a través deste encontro, poñer puntos en común para logo trasladar as súas necesidades e peticións aos organismos pertinentes. O congreso celebrouse en Vigo e reuniu ata 150 autoxestores de toda Galicia para falar de temas como a discriminación, a saúde, a familia ou a pobreza entre outros.

Nós quixemos na nosa radio darlle voz aos autoxestores por iso convidamos a Juan Pereiro e a Sonia Martínez, dous dos nove organizadores do evento e tamén falamos coa presidenta de ACEESCA, Luz Fernández Grandal. Ademais de tratar o tema do congreso, preguntámoslle aos propios usuarios de ACEESCA cales son as súas necesidades e obxectivos e á presidenta sobre as novidades do centro.

Pincha o enalce para escoitar a entrevista:

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos á xerente do centro, Ángeles Leirós, para falar de todas as actividades que se desenvolven en ACEESCA:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-centro-aceesca-070911.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 26 de octubre de 2011

Entrevista á presidenta da asociación de discapacitados ADAPTA Condado-Paradanta 02/09/11

Colector de lixo adaptado para minusválidos
Subimos hoxe unha das entrevistas que fixemos a comezos de setembro. Neste caso falamos coa presidenta de ADAPTA, Montse Cuevas.  A asociación ADAPTA do Condado-Paradanta defínese como unha asociación sen ánimo de lucro que acolle a persoas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais de calquera zona


Foi creada no 2003 co fin de loitar contra as barreiras arquitectónicas e sociais, ademais de promover a autonomia persoal, a mellora da saúde, a formacion e a  integracion do colectivo. ADAPTA pertence á Confederación de Discapacitados de Galicia (Cogami). 


Clica no enlace de embaixo e escoita a entrevista na que falamos de todo isto e máis cousas:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAdaptaPonteareas02-09-11/EntrevistaAdaptamontseCuevas02-09.mp3

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

viernes, 21 de octubre de 2011

Entrevista ao presidente do Centro Social do Porriño, David González 17/10/11

O grupo de teatro Fontevella durante unha representación
O Centro Sociocomunitario do Porriño leva en activo máis dun cuarto de século ofrecendo alternativas de lecer a porriñeses e mosenses xubilados tales coma ximnasia, coral, masaxes, ioga, viaxes de imserso, clases de pandeireta, bailes ou outros servizos coma perruquería ou talleres de estimulación cognitiva. Pero tamén ten actividades para os máis pequenos, un exemplo, Prescolar na casa. Ademais, o centro é impulsor do grupo de teatro Fontevella. Na actualidade uns 2000 socios gozan desta variada oferta de actividades, as máis delas, gratuítas.

A entrevista que lle fixemos ao seu presidente, David González, na que falamos disto e moito máis podes escoitala se pinchas o seguinte enlace:

Entrevista á directora do Centro de Día do Porriño, Alexandra Ucha 11/10/11

Un momento da celebración do aniversario
Hai pouco máis dun ano que O Porriño conta cun centro de día dependente do Consorcio Galego de Servizos Igualdade e Benestar. O centro, situado en Torneiros, conta con corenta usuarios da Louriña e tamén de concellos doutras comarcas coma Ponteareas ou Salceda. O perfil deste usuario é o dunha muller de entre 75 e 85 anos cun nivel de dependencia moderado. Algunhas das actividades desenvoltas son: estimulación cognitiva, talleres de atención física, de autocoidado, lúdicos etc. Para coñecer a valoración do centro logo do seu aniversario e afondar noutros detalles entrevistamos a súa directora, Alexandra Ucha.

Só tes que cliclar no enlace de embaixo para poder escoitar a entrevista:

martes, 18 de octubre de 2011

Entrevista ao presidente do centro de Alzhéimer AFAGA do Porriño 21/09/11

O presidente de AFAGA, no extremo dereito
Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer entrevistamos a Juan Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA). Falounos sobre esta enfermidade neurodexenerativa, como se desenvolve, cales poderían ser algunhas medidas preventivas e sobre a situación dos familiares. Ademais, durante a conversa afondamos na unidade que AFAGA ten no Porriño e que Juan Carlos Rodríguez califica como "pioneira". Trátase dun centro de media estancia no que os enfermos reciben estimulación cognitiva e sensorial.


Se queres saber máis detalles clica o enlace de embaixo: 


viernes, 14 de octubre de 2011

Entrevista á directora da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño 19/08/11

Campaña da UADP no Pino Manso para a prevención do consumo de alcol
No mes de agosto entrevistamos a Flori Quintas, psicóloga e directora do Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño; centro no que se atenden a máis de medio millar de persoas ao ano e que leva funcionando máis de dúas décadas. A pesar de estar mal da gorxa, Flori atendeunos amablemente e falounos de tódolos detalles do centro: como prestan atención médica, asesoramento, etc. Tamén nos contou de que xeito melloraron os servizos dende os comezos e como mudaron os perfís dos usuarios.

Unha entrevista moi interesante que podes escoitar no seguinte enlace. ¡Clica!
http://www.archive.org/download/EntrevistaCentroDrogodependenciasPorrio19-08-11/EntrevistaCentroDrogodependenciasfloriQuintas19-08.mp3

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño


jueves, 13 de octubre de 2011

Entrevista á xerente do centro de educación especial ACEESCA, Ángeles Leirós 07/09/11

Usuarios do Centro Especial de Emprego de ACEESCA
Nesta entrada poderás escoitar a entrevista que lle fixemos á xerente de ACEESCA, Ángeles Leirós. ACEESCA é un centro de educación especial situado en Torneiros que presta servizo a once concellos da zona. Agrupa tres centros principais: o educativo, o de día e o ocupacional. Ademais, conta cun centro especial de emprego a xeito de empresa no que persoas con discpacidade fan traballos de xardinería ou limpeza entre outros e a través do que se favorece a súa integración laboral.

Os usuarios de ACEESCA realizan tamén outras actividades como teatro, saídas polos locais nocturnos, deporte etc.  En novembro, o centro porriñés acollerá dous importantes eventos: o congreso autonómico de autoxestores (no que representantes de persoas con discapacidade reclamarán os seus dereitos) e un campionato de baloncesto (no que participarán ata 500 deportistas con discapacidade intelectual). 

Un importante labor que poderás coñecer máis polo miúdo se premes o seguinte enlace:

lunes, 10 de octubre de 2011

Entrevista ao pregoeiro das Festas do Cristo, Ángel Holguera de Cogami 23/09/11

Na Radio Municipal do Porriño entrevistamos os pregoeiros das Festas do Cristo deste ano: Ángel Holguera e Esteban Rodríguez. Nesta ocasión subimos a conversa que mantivemos con Ángel Holguera, presidente provincial da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami. A poucas horas de dar o pregón falounos do que tiña pensado dicir e, como non, tamén nos contou o importante labor que se desenvolve en Cogami, sobre todo aquel relacionado coa inserción laboral das persoas con discapacidade. Outro porriñés máis entrevistado en Si Radio Porriño. 

Pincha o enlace e escoita: 
http://www.archive.org/download/EntrevistaCogami-pregnFestasDoCristo23-09-11/EntrevistaCogami-pregnngelHolguera23-09.mp3

Ángel Hoguera, no centro, durante a presentación das festas












Nesta outra ligazón podes escoitar a entrevista ao pregoeiro das Festas do Callos 2011, Esteban Rodríguez, conselleiro delegado de CZ Veterinaria e Biofabri:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/10/entrevista-ao-pregoeiro-das-festas-do.html

*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño


jueves, 6 de octubre de 2011

Entrevista ao tenente da Garda Civil do Porriño sobre a violencia de xénero 05/10/11

Cartel das xornadas
Máis contidos recentes no blog da Radio Municipal do Porriño. Onte entrevistamos no noso estudo o tenente da Garda Civil do Porriño, Miguel Ángel Martín, porque é un dos ponentes nas Xornadas de Prevención e Tratamento da Violencia de Xénero que se están a celebrar estes días no Concello. Concretamente, Martín participará mañá con outro compañeiro da área de violencia de xénero do posto. Ámbolos dous falarán da incidencia desta lacra social no Porriño e tamén como actúan dende o posto cando reciben unha denuncia de malos tratos. 
Sobre isto, e outras moitas cousas falamos co tenente e agora podes escoitalo a través do seguinte enlace:

http://www.archive.org/download/EntrevistaXornadasViolenciaXnero05-10-11/EntrevistaXornadasXeneroTenente05-10.mp3

Nesta outra ligazón está dispoñible a entrevista á edil de Cultura e Benestar Social do Porriño, Teresa Veloso, na que nos falou doutras iniciativas dirixidas a mulleres que se están a desenvolver dende o seu departamento: 

viernes, 30 de septiembre de 2011

Entrevista a Xabier Guardado, hospitaleiro do Albergue de Peregrinos do Porriño 23/08/11

Albergue de Peregrinos do Porriño
Seguimos subindo parte dos nosos contidos no blog de Si Radio Porriño. Hoxe publicamos a entrevista que lle fixemos a Xabier Guardado, hospitaleiro do Albergue de Peregrinos do Porriño que nos contou tódolos detalles do albergue, dos camiñantes que reciben e outros datos sobre o Camiño de Santiago. Eran as nosas primeiras emisións por iso non repares nos pequenos problemas de son.

Podes escoitar a entrevista se pinchas no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAlberguePeregrinosPorrio23-08-11/EntrevistaAlberguePeregrinos23-08.mp3


*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño