Usuarios de Cogami no piso de Mos |
Na Radio Municipal do Porriño mantémonos fieis a entrevistar os verdadeiros protagonistas da noticia. É por isto que esta vez convidamos a tres usuarios de Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) que forman, ou formaron parte no pasado, do programa "Escola do día a día" tamén coñecido como "O pisito". Trátase de que persoas con discapacidade aprendan a desenvolver tarefas do día a día e a gañar en autonomía da cara unha maior inserción social e laboral. Para conseguilo dispoñen dunha vivenda en Mos dous días á semana na que cociñan, limpan, distribúen as tarefas... e dúas terapeutas ocupacionais se encargan de supervisar o desenvolvemento das actividades.
Nós falamos con Rosa San Martín e Iván Pombo, dous usuarios que xa remataron a súa experiencia no programa, e tamén con Avelino Rojo, quen actualmente participa nesta iniciativa.
Podes escoitar a entrevista se clicas enriba do seguinte link:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAUsuariosDeCogamiSobreOProgramaoPisitoRosaAveEIvn/EntrevistaAUsuariosPisitoCogamiMosRosaAveIvn12-01-12.mp3Nós falamos con Rosa San Martín e Iván Pombo, dous usuarios que xa remataron a súa experiencia no programa, e tamén con Avelino Rojo, quen actualmente participa nesta iniciativa.
Podes escoitar a entrevista se clicas enriba do seguinte link:
Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a Ángel Holguera, presidente provincial de Cogami:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-pregoeiro-das-festas-do.html*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario