Mostrando entradas con la etiqueta Ocio Louriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ocio Louriña. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de junio de 2012

Entrevistas sobre campamentos de verán para nen@s no Porriño e Mos 20/06/12

Para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o verán e conseguir que os máis pequenos da casa se segan mantendo activos en época de vacacións, os Concellos de O Porriño e Mos organizan diversos campamentos.

No caso do PORRIÑO existen tres opcións: 
- un campamento a desenvolver en dúas quendas (xullo e agosto) con todo tipo de actividades lúdicas e deportivas. Está destinado a nenos de entre 6-12 anos empadroados no Porriño e o prazo para inscribirse (no Concello) remata o día 28 deste mes (20€).

- a segunda opción é o campamento "Todo arte" (25 de xuño-31 de xullo) a cargo dos profesores Nito Pereiro e Nuria Vilanova e destinado a nenos maiores de 6 anos. Os interesados deben inscribirse canto antes no Centro Cultural Municipal (máis información nos tlfs 629.678.379//660.847.160)

- a terceira opción consiste en participar nun campus da Escola Municipal de Música (2-27 de xullo)  para aprender todo o relacionado coa música. De balde. O prazo de inscrición  (na Escola Municipal de Música) remata o 27 xuño.

Por outra banda, o Concello de MOS organiza o Campamento "Mañás de verán" destinado a escolares mosenses. Realizaranse todo tipo de actividades en dúas quendas (xullo e agosto). Prezo: 40€ un neno, 70€ dous irmáns e 100€ no caso de tres membros da mesma familia. O prazo de inscrición (no Concello) remata o 22 de xuño para a primeira quincena e o 6 de xullo para a segunda. 

Todos os campamentos desenvolveranse en horario de mañá. 

Nós falamos coas concelleiras encargadas dos departamentos que levan a cabo estas actividades: Teresa Veloso, concelleira de Cultura do Porriño, e Kely Monzón, edil de Paricipación Cidadá de Mos.

jueves, 12 de abril de 2012

Entrevista á Peña Moteira "Os Trankis" do Porriño 10/04/12

"Os Trankis" é unha peña composta por 27 moteir@s da zona de Porriño e arredores. Organizan quedadas en moto os domingos e outros días festivos para ir de turismo principalmente por Galicia, aínda que tamén visitan o norte de Portugal e outras comunidades limítrofes. A súa filosofía é crear un bo ambiente de amizade e percorrer tranquilamente coa moto zonas de interese. Nós falamos coa persoa que organiza estas actividades dende que se creou a peña a comezos de ano. 


Escoita a conversa que mantivemos con Isidoro Durán pinchando neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAIsidoroDuranOrganizadorDaPeaMoteiraOsTrankisDePorrio/EntrevistaAoOrganizadorDaPeaMoteiraOsTrankisIsidoro10-04-12.mp3

*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

martes, 3 de abril de 2012

Entrevista a tres alumnos da escola de teatro Xerpo do Porriño 28/03/12

Pablo, Álex e Paula no noso estudo
Os alumnos da escola de treatro Xerpo do Porriño teñen listos os seus traballos de fin de curso. Este sábado pasado puidemos ver unha mostra no centro cultural municipal do Porriño xa que ofreceron unha actuación de balde para todo o público. Nós convidamos ao noso estudo a tres protagonistas deste evento: Paula Agra (3º de interpretación), Pablo Alonso (grupo estable e circo) e Javier Lago (1º interpretación). Cos eles charlamos da súa experiencia na escola, das obras que representan e do teatro en xeral.

Se queres escoitar o que nos contaron pincha o seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAlumnosXerpoTeatroPorrioPabloPaulaEJavier28-03-12/EntrevistaAlumnosXerpoTeatroPorrioPabloPaulaEJavier28-03-12.mp3

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior ao administrador de Xerpo Cultural e tamén actor, Álex Sobrino:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-escola-porrinesa-de-teatro.html

*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 29 de febrero de 2012

Entrevista á directora da compañía porriñesa Fontevella Teatro, Chelo Pampillón 17/02/12

Chelo Pampillón
A compañía porriñesa Fontevella Teatro cumpre 17 anos e recentemente celebrou o aniversario cunha representación a cargo de Hipócrita Teatro no centro cultural municipal. Nós tamén quixemos facerlle unha homenaxe e por iso convidamos ao noso estudo á directora, Chelo Pampillón, quen tamén preside a Federación Galega de Teatro Aficcionado (Fegatea). Os membros da compañía teñen unha media de idade que supera os 70 anos e a iniciativa xurdiu coa intención de que a xente maior mantivese a súa mente e memoria en forma. 

Se queres escoitar a entrevista e coñecer curiosidades e anécdotas da man de Chelo Pampillón só tes que premer enriba do seguinte enlace:

http://www.archive.org/download/EntrevistaACheloPampillonDirectoraDeFontevellaTeatro17-02-12/EntrevistaACheloPampillnDirectoraDeFontevellaTeatro17-02-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior ao presidente do centro sociocultural do Porriño, David González. Este centro promoveu, entre outras actividades, a creación de Fontevella Teatro:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Centro%20social

*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño  
*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

miércoles, 22 de febrero de 2012

Entrevista a Delmiro Rocha, presidente da Asociación Treze Catorze de Salceda 03/02/12

IV aberto de Treze Catorze
Coa nosa intención habitual de dar a coñecer as agrupacións culturais da zona, quixemos esta vez falar coa Asociación Treze Catorze de Salceda de Caselas.

Treze Catorze defínese como unha asociación cultural, deportista e ecoloxista que busca ofrecer aos veciños da contorna actividades diferentes ás que usualmente propoñen outros grupos culturais. Nós falamos co presidente, Delmiro Rocha, para coñecer a historia de Treze Catorze e as iniciativas que promove, sobre todo aquelas relacionadas coa ecoloxía.



Pincha o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaADelmiroRochaPresidenteDaAsocTrezeCatorzeDeSalceda/EntrevistaADelmiroRochaPresidenteDaAsocTrezeCatorzeSalceda03-02-12.mp3

*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

martes, 14 de febrero de 2012

Entrevista ao secretario da AVV San Salvador de Torneiros, Lucho Carrera 30/01/12

Membros da directiva reunidos na sede da asociación
O luns é o día que destinamos o noso espazo de entrevistas a afondar nas sete parroquias do Porriño. Nesta ocasión, aínda que non por primeira vez, fixemos parada en Torneiros. Falamos con Lucho Carrera, secretario da Asociación de Veciños San Salvador que xurdiu en 1977. Lucho contounos todo o referido ás actividades desta asociación entre as que destaca a Festa da Xuntanza, de grande tradición no Porriño. Ademais, esta fin de semana organizaron a xa habitual Mostra da Camelia e o Encontro de Corais no que participou a agrupación Agarimo de Torneiros que conta con 17 anos de historia.

Se queres saber máis da asociación, de Torneiros e da historia do Porriño escoita a entrevista premendo o seguinte enlace:

http://www.archive.org/download/EntrevistaALuchoCarreraSecretarioDaAsociacinDeVeciosSanSalvador/EntrevistaAoSecretarioDaAvvSanSalvadorTorneirosLuchoCarrera30-01-12.mp3

*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño

lunes, 30 de enero de 2012

Entrevista a dous profesores de ioga de Atios (Porriño) 24/01/12

Míriam, en 1º plano, e Bugui, sentado, durante unha sesión
Bugui García e Míriam Méndez son dous profesores de ioga que imparten sesións de relaxación na súa vivenda en Atios. Con eles adentrámonos no mundo desta disciplina física e mental para coñecer que beneficios pode achegar a aqueles que o practiquen. Ademais, ambos son permacultores, é dicir, levan un modo de vida sostible e respetuoso co medioambiente. No mes de febreiro impartirán outras sesións.

Para escoitar a conversa que mantivemos con Bugui e Míriam clica enriba do seguinte enlace:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaADousProfesoresDeIogaDeAtiosBugiGarciaEMiriamMendez/EntrevistaProfesoresDeIogaBuguiEMiriam24-01-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a Bugui na que fala da permacultura:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/permacultura-segundo-o-noso.html

*Entrevistas SAÚDE LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

lunes, 23 de enero de 2012

Entrevista á Asociación de Veciños A Nosa Terra de Pereiras (Mos) 20/01/12

As rutas de sendeirismo en Mos son unha actividade habitual na asociación
Nesta entrada do blog poderás escoitar a entrevista que lle fixemos a membros da Asociación de Veciños A Nosa Terra de Pereiras (Mos) coa intención de que nos desen a coñecer as actividades sociais e culturais que levan realizando dende 1979. Para facer un repaso desta asociación dende os comezos ata a actualidade e poñernos ao día de tódalas súas actividades e peticións, convidamos ao noso estudo ao presidente, Orindo Táboas, ao vicepresidente, Marcos Alonso, e ao secretario, Rubén Campo.

Pincha o seguinte enlace para escoitar o que nos contaron:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAAvvNosaTerraPereirasDeMos20-01-12/EntrevistaAvvNosaTerraPereirasMos20-01-12.mp3

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Parroquia de Pontellas coa Asociación Cultural 28/11/11

Vista xeral dunha parte da parroquia
Desta vez falamos de Pontellas no programa Parroquias do Porriño que se emite os luns na nosa emisora. É por isto que convidamos ao noso estudo a Vanessa Ucha, membro da Asoción Cultural Pontellas. Con ela conversarmos sobre os lugares de interese desta aldea, das súas festas, e tradicións, das actividades culturais (que son moitas) e, como non, das necesidades dos veciños entre as que está a contrucción dun pavillón deportivo.

Se queres coñecer mellor esta parroquia e os seus habitantes preme o seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/ParroquiaDePontellasCoaAsociacinCultural28-11-12/ParroquiaDePontellasCoaAsociacinCultural28-11.mp3



*Entrevistas parroquia de CHENLO na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas parroquia de MOSENDE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CANS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de ATIOS na Radio Muncicipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de BUDIÑO na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de TORNEIROS na Radio Municipal do Porriño

lunes, 19 de diciembre de 2011

Entrevista parroquia de Atios coa Asociación Os Penediños 05/12/12

Vista xeral de Atios no linde con Torneiros
No noso percorrido dos luns polas parroquias fixemos parada, nesta ocasión, en Atios. Convidamos ao noso estudo o presidente da Asociación Cultural Os Penediños, Pachi Oya, e tamén a vicepresidenta, Ilaria Brito. Con eles falamos de tódalas características da parroquia e da súa actividade cultural.

Tamén tratamos o tema das canteiras e das necesidades na que os dous representantes fixeron varias peticións para a aldea coma unha biblioteca con Internet  ou unha mellor disposición dos colectores de lixo.

Se queres escoitar a conversa que mantivemos só tes que clicar enriba deste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaParroquiaDeAtiosCoaAsociacinOsPenedios05-12-12/ParroquiaAtiosConPachiEIlaria05-12.mp3


*Entrevistas parroquia de CHENLO na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas parroquia de MOSENDE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de PONTELLAS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CANS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de BUDIÑO na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de TORNEIROS na Radio Municipal do Porriño

lunes, 12 de diciembre de 2011

Parroquia de Budiño coa Asociación Cultural A Forna 21/11/11

Faro de Budiño, punto de encontro de escaladores
Nesta ocasión dedicamos o noso programa de parroquias dos luns a Budiño. Convidamos por isto ao noso estudo a dous membros da Asociación Cultural A Forna, ao presidente, Luis Martínez, e ao tesoureiro, Juan Martínez. Fixemos un percorrido polos lugares máis turísticos da parroquia, falamos das canteiras e dos polígonos empresariais, das necesidades que teñen os seus veciños e das actividades que desenvolven dende a asociación.

Podes escoitar a conversa se premes o seguinte enlace:


*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CHENLO na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de MOSENDE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de PONTELLAS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CANS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de ATIOS na Radio Muncicipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de TORNEIROS na Radio Municipal do Porriño

viernes, 2 de diciembre de 2011

Entrevista ao administrador da escola porriñesa de teatro Xerpo Cultural 30/11/11

Álex, en primeiro plano, na obra M.O.R.G.U.E
Xerpo Cultural é unha empresa dedicada ao teatro, á formación e á xestión de espectáculos. Nós quixemos centrarnos no seu apartado de formación, especialmente na escola de teatro que Xerpo ten no Porriño, e por iso convidamos ao noso estudo a Álex Sobrino, administrador de Xerpo Cultural e actor de teatro. Explicounos tódolos detalles da escola e tamén falamos con el de curiosidades e anécdotas do mundo das artes escénicas ou sobre as obras que están a presentar na contorna.

Se queres enterarte de todo isto só tes que clicar enriba do seguinte enlace e escoitar a entrevista: 

jueves, 27 de octubre de 2011

Parroquia de Chenlo con Marimar Barreiro 17/10/11

Festa do Cabrito ao Espeto en Chenlo
O luns 17 deste mes estreamos un novo espazo na Radio Municipal chamado Parroquias de Porriño conducido por Tania Alonso. O noso obxectivo é traer a veciños das parroquias ao noso estudo para darlles voz. Queremos coñecer as sete parroquias do Porriño e tamén o barrio de Carracido. Queremos saber que se fai, como se vive, que piden os veciños desas parroquias e que cousas curiosas e particulariedades garda cada unha. Estreou o noso espazo Marimar Barreiro, veciña da Entidade Local Menor de Chenlo. Mantivemos unha charla moi amena con ela e soubemos, por exemplo, como xurdiu a Festa do Cabrito ao Espeto ou que non teñen catequista para impartir a Confirmación. Pero falamos de moitas outras cousas e non faltou o humor.

Se queres escoitar a entrevista pincha o enlace de embaixo:
http://www.archive.org/download/ParroquiaDeChenloMarimar17-10-11/ParroquiaDeChenlo17-10.mp3

Neste outro enlace podes escoitar unha entrevista posterior a Marimar Barreiro e a Rosa Boubeta na que falamos do belén vivinte que organizan os veciños da parroquia:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-belen-monumental-herville-e.html

*Entrevistas parroquia de MOSENDE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de PONTELLAS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CANS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de ATIOS na Radio Muncicipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de BUDIÑO na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de TORNEIROS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño


viernes, 21 de octubre de 2011

Entrevista ao presidente do Centro Social do Porriño, David González 17/10/11

O grupo de teatro Fontevella durante unha representación
O Centro Sociocomunitario do Porriño leva en activo máis dun cuarto de século ofrecendo alternativas de lecer a porriñeses e mosenses xubilados tales coma ximnasia, coral, masaxes, ioga, viaxes de imserso, clases de pandeireta, bailes ou outros servizos coma perruquería ou talleres de estimulación cognitiva. Pero tamén ten actividades para os máis pequenos, un exemplo, Prescolar na casa. Ademais, o centro é impulsor do grupo de teatro Fontevella. Na actualidade uns 2000 socios gozan desta variada oferta de actividades, as máis delas, gratuítas.

A entrevista que lle fixemos ao seu presidente, David González, na que falamos disto e moito máis podes escoitala se pinchas o seguinte enlace:

miércoles, 19 de octubre de 2011

Entrevista ao xerente de X Quatro, organizador da Festa Solidaria do Porriño 14/10/11

O equipo de XQuatro nas Festas do Cristo
XQuatro Espectáculos e SOS Porriño organizaron este domingo pasado unha festa solidaria con motivo do Día Mundial da Alimentación e cunha dobre intención. Por unha parte, pretendían dar a coñecer e conseguir doazóns para o banco de alimentos municipal (SOS Porriño) ao que poden recorrer persoas sen recursos económicos empadroadas no Concello. Este servizo púsoxe en marcha en xuño e del benefícianse a día de hoxe ata 200 familias que recollen alimentos coma leite, fariña ou legumes na rúa Domínguez Bueno os mércores e os venres de cinco a sete da tarde. Por outro, buscábase recadar fondos para a ONG Cruz Vermella que enviará alimentos ao Corno de África (Somalia, Kenia, Etiopía...), zona na que a fame volve a azoutar con forza este ano debido, principalmente, a escaseza de choivas.

O venres entrevistamos ao xerente de XQuatro, Marcos Rodríguez, para coñecer os detalles da cita solidaria da que xa podemos dicir que gozou de éxito con 1000 euros e 600 kg de alimentos recadados.

Pincha o enlace escoita:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAXquatroFestaSolidariaPorrio14-10-11/EntrevistaXquatroMarcos14-10.mp3

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

lunes, 10 de octubre de 2011

Entrevista á presidenta do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, Mª José Giráldez 16/08/11

A presidenta do CRC, en terceiro lugar pola esquerda
A través do seguinte link poderás escoitar a entrevista que lle fixemos en agosto á presidenta do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, Mª José Giráldez. Entre outras cousas, contounos un pouco da historia desta entidade que cumpriu recentemente 55 anos e que foi pioneira en desenvolver actividades de tipo cultural na Louriña que continúan dispoñibles a día de hoxe. Este lugar serviu de lanzadeira para deportes no Porriño como o balonmán ou o baloncesto. Nel tamén se creou a Coral do Círculo e na actualidade séguense a entregar os Premios Círculo a personaxes e entes locais destacados.Conta con maís de 800 socios.

Pincha para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaCrculoRecreativoCulturalDoPorrio16-08-11/EntrevistaCrculoCulturalmJosGirldez16-08.mp3

O grupo porriñés El Cubo foi galardoado cos Premios Círculo no 2011. Pincha aquí para escoitar a entrevista que lle fixemos á banda:
http://siradioporrino.blogspot.com/2012/02/entrevista-ao-grupo-porrines-el-cubo.html

* Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño