jueves, 21 de junio de 2012

Entrevistas sobre campamentos de verán para nen@s no Porriño e Mos 20/06/12

Para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o verán e conseguir que os máis pequenos da casa se segan mantendo activos en época de vacacións, os Concellos de O Porriño e Mos organizan diversos campamentos.

No caso do PORRIÑO existen tres opcións: 
- un campamento a desenvolver en dúas quendas (xullo e agosto) con todo tipo de actividades lúdicas e deportivas. Está destinado a nenos de entre 6-12 anos empadroados no Porriño e o prazo para inscribirse (no Concello) remata o día 28 deste mes (20€).

- a segunda opción é o campamento "Todo arte" (25 de xuño-31 de xullo) a cargo dos profesores Nito Pereiro e Nuria Vilanova e destinado a nenos maiores de 6 anos. Os interesados deben inscribirse canto antes no Centro Cultural Municipal (máis información nos tlfs 629.678.379//660.847.160)

- a terceira opción consiste en participar nun campus da Escola Municipal de Música (2-27 de xullo)  para aprender todo o relacionado coa música. De balde. O prazo de inscrición  (na Escola Municipal de Música) remata o 27 xuño.

Por outra banda, o Concello de MOS organiza o Campamento "Mañás de verán" destinado a escolares mosenses. Realizaranse todo tipo de actividades en dúas quendas (xullo e agosto). Prezo: 40€ un neno, 70€ dous irmáns e 100€ no caso de tres membros da mesma familia. O prazo de inscrición (no Concello) remata o 22 de xuño para a primeira quincena e o 6 de xullo para a segunda. 

Todos os campamentos desenvolveranse en horario de mañá. 

Nós falamos coas concelleiras encargadas dos departamentos que levan a cabo estas actividades: Teresa Veloso, concelleira de Cultura do Porriño, e Kely Monzón, edil de Paricipación Cidadá de Mos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario