Mostrando entradas con la etiqueta Concelleira Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concelleira Cultura. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de junio de 2012

Entrevistas sobre campamentos de verán para nen@s no Porriño e Mos 20/06/12

Para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o verán e conseguir que os máis pequenos da casa se segan mantendo activos en época de vacacións, os Concellos de O Porriño e Mos organizan diversos campamentos.

No caso do PORRIÑO existen tres opcións: 
- un campamento a desenvolver en dúas quendas (xullo e agosto) con todo tipo de actividades lúdicas e deportivas. Está destinado a nenos de entre 6-12 anos empadroados no Porriño e o prazo para inscribirse (no Concello) remata o día 28 deste mes (20€).

- a segunda opción é o campamento "Todo arte" (25 de xuño-31 de xullo) a cargo dos profesores Nito Pereiro e Nuria Vilanova e destinado a nenos maiores de 6 anos. Os interesados deben inscribirse canto antes no Centro Cultural Municipal (máis información nos tlfs 629.678.379//660.847.160)

- a terceira opción consiste en participar nun campus da Escola Municipal de Música (2-27 de xullo)  para aprender todo o relacionado coa música. De balde. O prazo de inscrición  (na Escola Municipal de Música) remata o 27 xuño.

Por outra banda, o Concello de MOS organiza o Campamento "Mañás de verán" destinado a escolares mosenses. Realizaranse todo tipo de actividades en dúas quendas (xullo e agosto). Prezo: 40€ un neno, 70€ dous irmáns e 100€ no caso de tres membros da mesma familia. O prazo de inscrición (no Concello) remata o 22 de xuño para a primeira quincena e o 6 de xullo para a segunda. 

Todos os campamentos desenvolveranse en horario de mañá. 

Nós falamos coas concelleiras encargadas dos departamentos que levan a cabo estas actividades: Teresa Veloso, concelleira de Cultura do Porriño, e Kely Monzón, edil de Paricipación Cidadá de Mos.

miércoles, 13 de junio de 2012

Entrevistas sobre busca de emprego online e na biblioteca do Porriño 11/06/12

O Concello do Porriño vén de poñer en marcha dúas iniciativas para que os veciños poidan buscar emprego a través de dúas vías.

Por un lado, habilitouse na biblioteca municipal do Porriño un centro de interese de emprego no que hai a disposición dos usuarios uns 150 volumes. Os libros van dende manuais para aprender a elaborar un curriculum a volumes que tratan temas como as novas tendencias do mercado laboral ou destinados a emprendedores .

Por outra parte, existe unha aula permanente para a busca de emprego online no Multicentro de Torneiros a disposición dos usuarios da bolsa municipal de emprego os venres de 9.00 a 11.00h e supervisada por un profesional.


Destas dúas cuestións falamos con Teresa Veloso, concelleira de Cultura, e con Miguel Visconti, o profesor de informática encargado de supervisar a aula de Internet.



Ademais, tamén falamos coa profesora e alumnas do curso de perruquería posto en marcha polo Concello do Porriño e que se está a desenvolver estas semanas no Multicentro de Torneiros. Para apuntarte a cursos coma este podes informarte na oficina Porremprego situada na planta baixa deste edificio.

 Pincha aquí para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaCursoPerruqueriaMulticentroTorneirosPorrio13-06-12/EntrevistaCursoPerruqueraPorrio.GloriamagadalenaNoemiEJenny13-06-12.mp3

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA da Radio Municipal do Porriño 
* Espazos de INFORMÁTICA e INTERNET co profesor Miguel Visconti