![]() |
Chelo Pampillón |
A compañía porriñesa Fontevella Teatro cumpre 17 anos e recentemente celebrou o aniversario cunha representación a cargo de Hipócrita Teatro no centro cultural municipal. Nós tamén quixemos facerlle unha homenaxe e por iso convidamos ao noso estudo á directora, Chelo Pampillón, quen tamén preside a Federación Galega de Teatro Aficcionado (Fegatea). Os membros da compañía teñen unha media de idade que supera os 70 anos e a iniciativa xurdiu coa intención de que a xente maior mantivese a súa mente e memoria en forma.
Se queres escoitar a entrevista e coñecer curiosidades e anécdotas da man de Chelo Pampillón só tes que premer enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaACheloPampillonDirectoraDeFontevellaTeatro17-02-12/EntrevistaACheloPampillnDirectoraDeFontevellaTeatro17-02-12.mp3
Aquí podes escoitar unha entrevista anterior ao presidente do centro sociocultural do Porriño, David González. Este centro promoveu, entre outras actividades, a creación de Fontevella Teatro:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Centro%20social*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas OCIO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario