![]() |
1ª visita oficial da nova delegada da Xunta en Vigo a Porriño |
Mª José Bravo Bosch vén de asumir o seu novo cargo como delegada da Xunta en Vigo substituíndo a Lucía Molares. O pasado día 6 fixo a súa primeira visita oficial ao Porriño para falar co alcalde, Nelson Santos, e outros edís sobre as políticas e iniciativas do goberno local para os vindeiros tres anos. Entre os temas máis destacados falouse de ampliación do Centro Médico, cuxos terreos xa están cedidos e falta licitar o presuposto (que roldaría o 1.200.000€) e as obras. Ademais, segundo o alcalde hai intención de ampliar unha praza máis de pediatría (na actualidade hai dúas) e adquirir unha unidade de raios X. Outra cuestión posta sobre a mesa foi a ampliación da rede de saneamento no Concello ata cubrir o 80%. Parroquias como Atios, Torneiros, Budiño, Cans e Pontellas quedarían así conectadas a EDAR de Guillarei, mentres que Chenlo e Mosende, debido a súa ubicación, terían que facelo a través Ribadelouro. O presuposto estimado das obras é de 2.500.000€. Outros temas tratados foron os convenios en materia de emprego, obras como a ampliación da senda do Louro ou a conexión dos polígonos de Torneiros co centro urbano.
Neste enlace podes escoitar as aclaracións sobre estas cuestións da man de Nelson Santos e Bravo Bosch:
http://www.archive.org/download/RoldaDePrensaDeNelsonSantosEBravoBoschTras1EncontroOficial/RoldaPrensaNelsonSantos-bravoBoschMontada07-03-12.mp3*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña
No hay comentarios:
Publicar un comentario