Mostrando entradas con la etiqueta Nelson Santos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nelson Santos. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de agosto de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos 01/08/12

Nelson Santos

Falamos co alcade do Porriño, recén estreado o mes de agosto, para repasar a actualidade municipal máis recente. Conversamos sobre emprego, saneamento, a nova ordenanza reguladora de tráfico e seguridade cidadá, deporte, etc.

Sobre emprego díxonos: "Estudamos limitar o prazo de empadroamento para que os que leven toda a vida censados no Porriño teñan preferencia á hora de acceder á bolsa de emprego".

En canto a benestar social comentounos: "En Porriño vai abrir unha nova gardería Galiña Azul e queremos dotar o edificio dos antigos xulgados con servizos de centro de día".

En relación ás obras para conectar o saneamento porriñés á EDAR de Guillarei puntualizou: "Estamos a facer obras en Torneiros, Atios e Carracido (...) Nun prazo de 3-4 anos queremos que todo o Concello estea plenamente sanenado (...) En canto a Chenlo, estudamos conectala a Guillarei ou a posible colocación dunha pequena depuradora na propia parroquia".

Sobre a prohibición de colocar carteis no Concello en lugares non habilitados a tal fin (ex. mobiliario urbano, sinais de tráfico etc.)  baixo ameaza de sanción económica o alcalde dixo o seguinte: "O que non pode ser é ir pola rúa e atoparse con ducias de pintadas e carteis colocados en calquera sitio (...) Colocáronse uns espazos onde a xente pode expoñer o que queira (...) Multouse xa a unha persoa que estaba a facer unha pintada con 1.500 euros (...) Imos levar a cabo un importante investimento para limpar o Concello de pintadas e graffitis".

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12.mp3

Máis entrevistas a Nelson Santos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Santos

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

miércoles, 18 de julio de 2012

Entrevista á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, durante a súa visita a Porriño 13/07/12

Beatriz Mato xunto co alcalde do Porriño e o edil de emprego
O venres pasado a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou unha visita a Porriño co obxectivo principal de coñecer de primeira man o funcionamento do servizo Porremprego. Estivo na Casa Consistorial e no Multicentro de Torneiros acompañada, entre outros, polo alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego, Alejandro Lorenzo. Aproveitou o encontro para anunciar que a Xunta achegará 250.000 euros para a realización de catro accións formativas para desempregados no municipio. Nós falamos en directo coa conselleira e con membros do goberno local.

"Porriño está moi implicado en solventar o problema do desemprego",  foi unha das declaracións que nos deixou Mato durante a entrevista.







miércoles, 4 de julio de 2012

Entrevista ao alcalde Nelson Santos sobre "Porriño, Concello do deporte" 28/06/12

Nelson Santos

A semana pasada falamos con Nelson Santos con motivo da Festa do Deporte que se celebrou no Concello. Aproveitamos para facer balance dos bos resultados deportivos no municipio durante a temporada 2011-2012 e falar das axudas económicas a clubs e a deportistas e da mellora de instalacións. Conversamos ademais de todo o relacionado co lema "Porriño, Concello do Deporte" e da propia experiencia do alcalde neste eido.


Premendo neste enlace podes escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldePorrioNelsonSantosSobreDeporteNoConcello28-06-12/EntrevistaAlcaldePorrioNelsonSantosSobreDeporteNoConcello28-06-12.mp3

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña
*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño


miércoles, 13 de junio de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos, sobre actualidade municipal 12/06/12

Nelson Santos
Falamos co alcalde do Porriño, Nelson Santos, sobre varios temas ligados á actualidade municipal e outras cuestións.

Afondamos en aspectos como o emprego, os importantes ivestimentos que están a realizar as grandes empresas instaladas no municipio, o consorcio para a xestión da auga do Louro, a Lei da Área Metropolitana de Vigo, etc.

Podes escoitar a entrevista premendo neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaNelsonSantosActualidadeMunicipal12-06-12/EntrevistaNelsonSantosActualidadeMunicipal12-06-12.mp3

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

viernes, 27 de abril de 2012

Entrevista a Nelson Santos sobre melloras no Paseo do Louro e Gándaras de Budiño 19/04/12

Nelson Santos
Recentemente o Concello do Porriño vén de comunicar diversas accións e traballos que se van desenvolver no Paseo do Louro coa intención, segundo o alcalde Nelson Santos, de convertelo "no gran parque e zona verde do municipio". Falamos co rexedor local para que nos contase os detalles do derrubamento de edificacións ilegais na contorna do paseo, dos traballos de mellora no cauce do río, da obrigatoriedade de pasear os cans con correa e de que consiste o proxecto do gran parque. Ademais, tamén lle preguntamos sobre os traballos de mellora e conservación nas Gándaras de Budiño para os que o Goberno destinará 1.200.000 euros.

A entrevista podes escoitala se premes este enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAoAlcaldeDoPorrioNelsonSantosSobrePaseoDoLouro19-04-12/EntrevistaAlcaldePorrioNelsonSantosSobrePaseoLouro19-04-12.mp3

*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño

sábado, 10 de marzo de 2012

A ampliación do Centro Médico e da rede de saneamento, temas centrais do 1º encontro oficial entre Santos e Bravo Bosch 07/03/12

1ª visita oficial da nova delegada da Xunta en Vigo a Porriño
Mª José Bravo Bosch vén de asumir o seu novo cargo como delegada da Xunta en Vigo substituíndo a Lucía Molares. O pasado día 6 fixo a súa primeira visita oficial ao Porriño para falar co alcalde, Nelson Santos, e outros edís sobre as políticas e iniciativas do goberno local para os vindeiros tres anos. Entre os temas máis destacados falouse de ampliación do Centro Médico, cuxos terreos xa están cedidos e falta licitar o presuposto (que roldaría o 1.200.000€) e as obras. Ademais, segundo o alcalde hai intención de ampliar unha praza máis de pediatría (na actualidade hai dúas) e adquirir unha unidade de raios X. Outra cuestión posta sobre a mesa foi a ampliación da rede de saneamento no Concello ata cubrir o 80%. Parroquias como Atios, Torneiros, Budiño, Cans e Pontellas quedarían así conectadas a EDAR de Guillarei, mentres que Chenlo e Mosende, debido a súa ubicación, terían que facelo a través Ribadelouro. O presuposto estimado das obras é de 2.500.000€. Outros temas tratados foron os convenios en materia de emprego, obras como a ampliación da senda do Louro ou a conexión dos polígonos de Torneiros co centro urbano. 

Neste enlace podes escoitar as aclaracións sobre estas cuestións da man de Nelson Santos e Bravo Bosch:
http://www.archive.org/download/RoldaDePrensaDeNelsonSantosEBravoBoschTras1EncontroOficial/RoldaPrensaNelsonSantos-bravoBoschMontada07-03-12.mp3

*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

miércoles, 8 de febrero de 2012

Presentación do Plan de Emprego Municipal do Porriño para o 2012 (06/02/12)

Nelson Santos e Alejandro Lorenzo (A. Hernández)
Este luns o alcalde do Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de emprego e formación, Alejandro Lorenzo, presentaron detalladamente o novo Plan de Emprego Municipal. En total, destinaranse 4.758.000 euros a políticas de emprego, formación e autoemprego

Lorenzo adiantou que aquelas persoas que decidan montar un negocio no Porriño recibirán unha bonificación de 1.500 euros ao igual que as empresas que contraten a desempregados inscritos na bolsa municipal de emprego (ata 2.000 euros). Ademais, titulados e persoas con Formación Profesional poderán optar a bolsas e convenios de prácticas. A principal partida presupostaria irá destinada á formación para o desenvolvemento de obradoiros e accións formativas

Para coñecer polo miúdo os detalles pincha o seguinte enlace e escoita a rolda de prensa:
http://www.archive.org/download/PresentacinPlanEmpregoPorrio2012/PresentacionPlanEmpregoPorrio20126-2-12.mp3

*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

martes, 10 de enero de 2012

Entrevistas PSOE, BNG e PP do Porriño (balance da política local 2011) 28-30/12/11

A finais do mes de decembro do ano que acaba  de rematar quixemos facer balance na Radio Municipal do Porriño da política local durante o 2011. Por iso entrevistamos en días consecutivos a Eva García de la Torre, portavoz do PSOE no Porriño, a Raúl Francés, voceiro do BNG porriñés, e a Nelson Santos, alcalde do Porriño. Se queres saber a valoración que fai cada partido a través dos seus representantes escoita as entrevistas nos enlaces que aparecen a continuación. 

Preme no seguinte enlace para escoitar a entrevista ao PSOE:

Eva García de la Torre
Preme no seguinte enlace para escoitar a entrevista ao BNG: