lunes, 6 de agosto de 2012

Entrevista ao alcalde do Porriño, Nelson Santos 01/08/12

Nelson Santos

Falamos co alcade do Porriño, recén estreado o mes de agosto, para repasar a actualidade municipal máis recente. Conversamos sobre emprego, saneamento, a nova ordenanza reguladora de tráfico e seguridade cidadá, deporte, etc.

Sobre emprego díxonos: "Estudamos limitar o prazo de empadroamento para que os que leven toda a vida censados no Porriño teñan preferencia á hora de acceder á bolsa de emprego".

En canto a benestar social comentounos: "En Porriño vai abrir unha nova gardería Galiña Azul e queremos dotar o edificio dos antigos xulgados con servizos de centro de día".

En relación ás obras para conectar o saneamento porriñés á EDAR de Guillarei puntualizou: "Estamos a facer obras en Torneiros, Atios e Carracido (...) Nun prazo de 3-4 anos queremos que todo o Concello estea plenamente sanenado (...) En canto a Chenlo, estudamos conectala a Guillarei ou a posible colocación dunha pequena depuradora na propia parroquia".

Sobre a prohibición de colocar carteis no Concello en lugares non habilitados a tal fin (ex. mobiliario urbano, sinais de tráfico etc.)  baixo ameaza de sanción económica o alcalde dixo o seguinte: "O que non pode ser é ir pola rúa e atoparse con ducias de pintadas e carteis colocados en calquera sitio (...) Colocáronse uns espazos onde a xente pode expoñer o que queira (...) Multouse xa a unha persoa que estaba a facer unha pintada con 1.500 euros (...) Imos levar a cabo un importante investimento para limpar o Concello de pintadas e graffitis".

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12/EntrevistaAlcaldeDoPorrioNelsonSantos01-08-12.mp3

Máis entrevistas a Nelson Santos neste enlace:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Santos

*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

No hay comentarios:

Publicar un comentario