Mostrando entradas con la etiqueta Asodifisi. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asodifisi. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de mayo de 2012

Entrevista a Santi Santos de Los Limones 03/05/12

Los Limones xunto con La Frontera, Javier Urquijo, Alberto Cunha, Chavellos Folk e The Pressing Brass son os protagonistas do concerto benéfico que organizan a Asociación de Disminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, e X Quatro Espectáculos. O obxectivo é destinar os cartos recadados ao centro para que poida seguir dando servizo a 25 usuarios despois de que este ano perigase a súa continuidade por falta de fondos.
O concerto é mañá sábado 5 de maio ás 22.00h no pavillón do Porriño e as entradas custan 10 euros (5€ fila cero). Hai puntos de venda repartidos en numerosos establecementos do Porriño, Mos e outros concellos limítrofes (máis información aquí ou no teléfono 620.037.849). 

Santi Santos, cantante de Los Limones
Nós quixemos falar con Los Limones para conversar tanto sobre este concerto solidario como da súa traxectoria e último disco. 

Podes escoitar a entrevista a Santi Santos, cantante de Los Limones, neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaASantiSantosDeLosLimones03-05-12/EntrevistaASantiSantosDeLosLimonesConcertoAsodifisi03-05-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista que lle fixemos a membros da directiva de Asodifisi sobre o labor que fan e os problemas económicos destes últmos anos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-de.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 



martes, 3 de abril de 2012

Entrevista a dous membros da directiva de Asodifisi Mos II 30/03/12

Maruja e Rodrigo durante a entrevista

Hai uns meses entrevistabamos a membros da directiva da Asociación de Disminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, para falar do seu 20 aniversario e do importante labor que desenvolve na comarca prestando servizo a 25 usuarios. Nesta ocasión, convidámolos por outra razón. E é que Asodifisi está a atravesar unha delicada situación económica que pon en perigo a súa continuidade. A razón principal son os atrasos nos pagamentos das axudas económicas por parte de institucións públicas como o Concello de Mos ou a Xunta de Galicia. Aínda que ámbolos organismos xa confirmaron o ingreso das cantidades acordadas, a asociación non quere verse outra vez nesta situación límite e por iso pide axuda aos veciños e outros particulares para saír adiante. A directiva está a facer unha campaña de captación de socios (a partir de 15 euros ao ano) e preparando unha serie de eventos para recadar fondos e así non depender das axudas públicas. 

Podes escoitar a entrevista a Maruja Carrera, presidenta de Asodifisi, e a Rodrigo Rodríguez, secretario, clicando no seguinte enlace:


Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que fixemos co gallo do 20 aniversario da asociación:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-asodifisi-mos-24111.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

viernes, 25 de noviembre de 2011

Entrevista a dous membros fundadores de Asodifisi Mos 24/11/11

Membros da directiva e usuarios de Asodifisi
A asociación de discapacitados físicos e psíquicos con sede en Mos, Asodifisi, celebra este sábado o seu 20º aniversario. É por isto que convidamos á radio a súa presidenta, Maruja Carrera, e a un dos fundadores, Antonio Martínez, para que nos contasen a historia desta asociación comarcal. Durante a conversa descubrimos que todo empezou de maneira case casual e, sobre todo, con moito esforzo por parte de pais e nais de nenos con discapacidade. Conseguiron moitos dos seus obxectivos, pero teñen outros novos e Maruja e Antonio non se cansan de loitar  polos seus dereitos e os dos seus familariares vinte anos despois de ter fundado Asodifisi.

Pincha o enlace de embaixo para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAsodifisiMarujaEAntonio24-11-11/EntrevistaAsodifisiMarujaEAntonio24-11.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior que lle fixemos a Maruja Carrera a Rodrigo Rodríguez (secretario) para falar da delicada situación económica que Asodifisi atravesa no 2012 e que pon en risco a sua existencia: