Membros da directiva e usuarios de Asodifisi |
A asociación de discapacitados físicos e psíquicos con sede en Mos, Asodifisi, celebra este sábado o seu 20º aniversario. É por isto que convidamos á radio a súa presidenta, Maruja Carrera, e a un dos fundadores, Antonio Martínez, para que nos contasen a historia desta asociación comarcal. Durante a conversa descubrimos que todo empezou de maneira case casual e, sobre todo, con moito esforzo por parte de pais e nais de nenos con discapacidade. Conseguiron moitos dos seus obxectivos, pero teñen outros novos e Maruja e Antonio non se cansan de loitar polos seus dereitos e os dos seus familariares vinte anos despois de ter fundado Asodifisi.
Pincha o enlace de embaixo para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAsodifisiMarujaEAntonio24-11-11/EntrevistaAsodifisiMarujaEAntonio24-11.mp3Pincha o enlace de embaixo para escoitar a entrevista:
Aquí podes escoitar unha entrevista posterior que lle fixemos a Maruja Carrera a Rodrigo Rodríguez (secretario) para falar da delicada situación económica que Asodifisi atravesa no 2012 e que pon en risco a sua existencia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario