A banda Sugar Mountain regresa con novo vocalista e nova guitarrista. Ao tempo en que prepara futuros proxectos, o grupo repasa os temas do seu terceiro álbum de estudo "Love Unique". Esta noite tes unha oportunidade única de velos en directo no Bar Liceum ás 23.30h. Sugar Mountain está composta polos porriñeses Isaac Campos (órgano e piano) e Rubén Álvarez (baixo) xunto con Yago Carreño (guitarra), Iván Trigo (batería), Gonzalo Arca (voz) e Laura Solla (guitarra). "Love Unique" está producido polo tándem Ken Coomer-Charlie Brocco e a banda pode presumir de ter compartido escenario con The Georgia Satellites, The Bellrays o Drive by Truckers.
Escoita a entrevista que lle fixemos hoxe a Sugar Mountain pinchando o seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaSugarMountainIsaacCampos25-11-11/EntrevistaSugarMountainIsaacCampos25-11.mp3De esquerda a dereita: Rubén, Yago, Isaac, Gonzalo, Iván e Laura |
*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario