jueves, 12 de julio de 2012

Entrevistas aos concelleiros de Emprego de Porriño e Mos 10/07/12

Alejandro Lorenzo
Este martes pasado falamos de emprego na Radio Municipal do Porriño.

En primeiro lugar tivemos no noso estudo ao edil de Traballo do Porriño, Alejandro Lorenzo. Con el falamos da cifra de desempregados do Porriño que baixou por primeira vez en meses e fíxoo en 28 persoas (a cifra total de parados é de 2.609). Falamos tamén dos convenios de prácticas que o Concello está asinar con empresas da zona para que titulados (universitarios ou de Formación Profesional) fagan estadías con posibilidade de contratación. Conversamos ademais dos cursos de formación e accións formativas que se están a levar a cabo no Multicentro de Torneiros que agora, no verán, están centrados especialmente na hostelería. 

"Hai xente que se empadroa no Porriño e no mesmo día xa se quere apuntar á bolsa de emprego", díxonos Alejandro Lorenzo durante a entrevista.


Óscar Soto
Por outra parte falamos con Óscar Soto, edil de Emprego de Mos. Neste municipio a cifra de parados, logo de meses á alza,  baixou en xuño en 106 persoas (a cifra total desempregados é de 1.748). Preguntámoslle ao concelleiro a este respecto e tamén falamos da importancia do Polígono Empresarial da Veigadaña para a creación de emprego. Tratamos ademais temas relacionados cos cursos de formación que se ofertan no Concello e coas críticas da oposición que tilda ao goberno local de "oficina de colocación". 

"Os datos de xuño poden supoñer un punto de inflexión para deixar de destruír emprego no Concello", é unha das declaracións que nos deixou  Óscar Soto durante a entrevista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario