Mostrando entradas con la etiqueta Óscar Soto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Óscar Soto. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de agosto de 2012

Entrevista sobre emprego en Mos (xullo-agosto): Óscar Soto (PP) e M.A. Aldea Moscoso (BNG) 02/08/12

Óscar Soto
Quixemos dar conta das últimas inciativas postas en marcha en materia de emprego no Concello de Mos como o plan de fomento da ocupación para que mosenses, especialmente aqueles menores de 35 anos, se formen en ocupacións demandadas por empresas da comarca. É por isto que falamos con Óscar Soto, concelleiro de Emprego e tenente alcalde de Mos, ao que tamén lle preguntamos sobre o proceso de mediación que está a levar a cabo o Concello para a contratación de persoal en empresas de recente ou futura instalación no municipio (Gadis, Aki, Mercadona...).

"Estamos a conseguir que xente do Concello entre a traballar en empresas que se están a instalar no municipio", díxonos Soto durante a entrevista.


M.A. Aldea Moscoso
A oposición, en especial o BNG de Mos, non concorda co procedemento que está a seguir o goberno local á hora de xestionar parte do procedemento de selección de persoal das novas empresas da zona. "O Concello non pode actuar como unha oficina de emprego recibindo currículums, non nos fiamos do PP", díxonos Miguel Anxo Aldea Moscoso, voceiro dos nacionalistas durante a conversa que tamén mantivemos con el.





jueves, 26 de julio de 2012

Entrevista aos edís Marcelino Coto e Óscar Soto sobre deslinde en Porriño e Mos 17/07/12

Marcelino Coto
Veciños e empresarios de Porriño e Mos levan tempo reinvindicando que se leve a cabo un proceso deslinde para que se esclarezan, de xeito oficial e definitivo, os límites entre ambos concellos e evitar así problemas, na súa maioría, burocráticos. Agora esa petición pretende ser atendida nos dous municipios nos que se vai levar a cabo o proceso. Para isto, formáronse dúas comisións compostas por membros da corporación municipal e históricos, é dicir, persoas maiores con amplos coñecementos sobre onde están situados os límites dende hai tempo. A zona máis problemática é a da parroquia de Pereiras. Está previsto que en setembro se comece co proceso. 

Óscar Soto
Nós falamos con dous membros das comisións encargadas de levar a cabo os trámites. Pola parte do Porriño conversamos con Marcelino Coto, edil de Urbanismo. Pola de Mos, atendeunos Óscar Soto, edil de Patrimonio. 

"Un ejemplo es el tanatorio Louriña Memorial que tiene licencia por ambos concellos. Dependiendo de la sala, el fallecido puede estar en Porriño o Mos", díxonos Marcelino Coto.

"Dende Mos xa pretendéramos comezar co proceso no 2008 cando gobernaba Raúl Francés no Porriño, pero fora imposible chegar a un acordo" contounos pola súa parte Óscar Soto.

jueves, 12 de julio de 2012

Entrevistas aos concelleiros de Emprego de Porriño e Mos 10/07/12

Alejandro Lorenzo
Este martes pasado falamos de emprego na Radio Municipal do Porriño.

En primeiro lugar tivemos no noso estudo ao edil de Traballo do Porriño, Alejandro Lorenzo. Con el falamos da cifra de desempregados do Porriño que baixou por primeira vez en meses e fíxoo en 28 persoas (a cifra total de parados é de 2.609). Falamos tamén dos convenios de prácticas que o Concello está asinar con empresas da zona para que titulados (universitarios ou de Formación Profesional) fagan estadías con posibilidade de contratación. Conversamos ademais dos cursos de formación e accións formativas que se están a levar a cabo no Multicentro de Torneiros que agora, no verán, están centrados especialmente na hostelería. 

"Hai xente que se empadroa no Porriño e no mesmo día xa se quere apuntar á bolsa de emprego", díxonos Alejandro Lorenzo durante a entrevista.


Óscar Soto
Por outra parte falamos con Óscar Soto, edil de Emprego de Mos. Neste municipio a cifra de parados, logo de meses á alza,  baixou en xuño en 106 persoas (a cifra total desempregados é de 1.748). Preguntámoslle ao concelleiro a este respecto e tamén falamos da importancia do Polígono Empresarial da Veigadaña para a creación de emprego. Tratamos ademais temas relacionados cos cursos de formación que se ofertan no Concello e coas críticas da oposición que tilda ao goberno local de "oficina de colocación". 

"Os datos de xuño poden supoñer un punto de inflexión para deixar de destruír emprego no Concello", é unha das declaracións que nos deixou  Óscar Soto durante a entrevista.