jueves, 26 de julio de 2012

Entrevista aos edís Marcelino Coto e Óscar Soto sobre deslinde en Porriño e Mos 17/07/12

Marcelino Coto
Veciños e empresarios de Porriño e Mos levan tempo reinvindicando que se leve a cabo un proceso deslinde para que se esclarezan, de xeito oficial e definitivo, os límites entre ambos concellos e evitar así problemas, na súa maioría, burocráticos. Agora esa petición pretende ser atendida nos dous municipios nos que se vai levar a cabo o proceso. Para isto, formáronse dúas comisións compostas por membros da corporación municipal e históricos, é dicir, persoas maiores con amplos coñecementos sobre onde están situados os límites dende hai tempo. A zona máis problemática é a da parroquia de Pereiras. Está previsto que en setembro se comece co proceso. 

Óscar Soto
Nós falamos con dous membros das comisións encargadas de levar a cabo os trámites. Pola parte do Porriño conversamos con Marcelino Coto, edil de Urbanismo. Pola de Mos, atendeunos Óscar Soto, edil de Patrimonio. 

"Un ejemplo es el tanatorio Louriña Memorial que tiene licencia por ambos concellos. Dependiendo de la sala, el fallecido puede estar en Porriño o Mos", díxonos Marcelino Coto.

"Dende Mos xa pretendéramos comezar co proceso no 2008 cando gobernaba Raúl Francés no Porriño, pero fora imposible chegar a un acordo" contounos pola súa parte Óscar Soto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario