![]() |
Ana Isabel, Rosa e Ana durante a entrevista |
San Xoán é o patrón da parroquia porriñesa de Chenlo e por iso se trata dunha festa de grande arraigamento no lugar. Ademais, mantéñense algunhas tradicións vivas como a de roubar os carros e cancelas (e na actualidade outros elementos) durante a noite para situalos nos sitios máis insospeitados.
Este ano, como vén sendo habitual, haberá dous días de festa. O sábado 23, os actos comezan a partir das 22.00h con sardiñada e churrascada amenizada polo Grupo Nevada. Xa, as 00.00h, queimarase a fogueira e faranse os rituais típicos da noite de San Xoán. O domingo 24 continúa o programa de festas a partir das 12.00h con misa solemne, comunións e a actuación da Banda de Música Municipal de Redondela e xa pola tarde, a partir das 18.00h verbena co Grupo Sabor.
Nós falamos con tres membros da Comisión de Festas de Chenlo 2012 Ana Isabel Castro, Rosa Boubeta e Ana Novoa que nos contaron de xeito ameno non só o programa, senón tamén curiosidades do San Xoán e da parroquia.
Preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12/EntrevistaComisionFestasChenloSanXoananaIsabelRosaEAna22-06-12.mp3
San Xoán tamén en:
Parroquia de Torneiros no Porriño (organiza: AVV San Salvador de Torneiros), dia 23:
- 17.00h recolleita de herbas de San Xoán
- 22.00h tapas variadas e viño a disposición dos asistentes (de balde para os socios)
- 00.00h fogueira e música a cargo de Airiños do Miño
Porriño (organiza: AVV San Benito e San Sebastián), día 23:
- 22.00h noite do chouripán
- 00.00h fogueira e chocolate con rosca
Parroquia de Pereiras en Mos (organiza AVV A Nosa Terra de Pereiras), día 23:
- 22.30h sardiñada cos grupo de cantareiras As Lagharteiras e o grupo de gaitas Nosa Terra de Pereiras
- 00.00h fogueira
día 24:
- 11.00h baile tradicional cos grupos Nosa Terra de Pereiras e Santa Eulalia de Mos
- xantar campestre
- 18.00h festival folclórico infantil con: Nosa Terra de Pereiras, Chaneiros de Marín e Axóuxeres de Moaña
- humor con Jano Costas
Nas festas (incluída a de Chenlo) haberá pantallas para ver o partido da Eurocopa España-Francia
*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CHENLO na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de CHENLO na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario