Mostrando entradas con la etiqueta Sara Cebreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sara Cebreiro. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de julio de 2012

Entrevista sobre mostra de radios antigas en Mos para o apoio a enfermos de esclerose múltiple 18/07/12

A edil de Benestar de Mos xunto a Luis "O das radios"
Ata este sábado 28 no Pazo de Mos, está aberta ao público unha exposición de radios antigas cunha finalidade solidaria. O coleccionista luso Luis "O das radios" trouxo dende Portugal os aparellos, algún deles de case 100 anos. A entrada é de balde, pero catro radios venderanse ou sacaranse a poxa co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra, Avempo. A clausura é este sábado ás 21.00h coa actuación do Grupo Vocal Amieiro da AVV Chan do Bosque.

Marina Román (foto: J.Lores)
Nós falamos con Marina Román, presidenta de Avempo, sobre a exposición e a esclerose múltiple, enfermidade autoinmunitaria que afecta ao cerebro e á médula espiñal e que ela coñece de primeira man porque a padece dende hai anos. 

"Nuestro sistema nervioso es como un cable de la luz pelado que sufre cortocircuitos", díxonos Marina durante a entrevista. 

Para escoitar a entrevista preme na ligazón de embaixo:

martes, 24 de julio de 2012

Entrevista a 3 nenos saharauis e a edil de Benestar de Mos, sobre o programa Vacacións en paz 12/07/12

Seis nenos saharauis veñen a pasar este verán as súas "vacacións en paz" a Mos. Trátase dun progama de acollida de menores saharauis no que participan, en toda Galicia, uns 300 nenos. O obxectivo é que os rapaces poidan pasar unha temporada alonxados das altísimas temperaturas do deserto e dos campamentos de refuxiados ao tempo que realizan todo tipo de actividades educativas e de lecer. 

Mohamed, Faal, Bachir e S. Cebreiro no noso estudo
Nós falamos Faal, Mohamed e Bachir, tres nenos saharauis que repiten estadía en Mos, e coa delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Sara Cebreiro, quen precisamente é nai de acollida dun deles. Os nenos contáronos como pasan estes meses en Mos e como é a súa vida no Sáhara e coa edil de Benestar conversarmos dos pormenores do programa e de como se pode ser familia de acollida. 

"Lo que más nos gusta hacer aquí es ir a la piscina, a la playa y al cine", contáronos os nenos.

"Esta experiencia aporta muchísimo a las familias de acogida", díxonos pola súa parte a edil de Benestar de Mos, Sara Cebreiro. 

Para escoitar a entrevista preme neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaVacacionsEnPazAcollidaSaharauiscebreiroBachirFaal/EntrevistaVacacionsEnPazAcollidaSaharauiscebreiroBachirFaalMohamed12-07-12.mp3


Neste outro enlace podes escoitar a historia de Yslem, "Hijo del desierto", un rapeiro saharaui afincado no Porriño que de pequeno tamén pasou as súas "vacacións en paz" en Mos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/11/entrevista-yslem-rapeiro-saharaui.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño