Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Martínez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Martínez. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de julio de 2012

Entevistas sobre os principais temas tratados no pleno de xuño no Porriño 28-29/06/12 e 02/07/12

A Radio Municipal do Porriño estivo presente no pleno celebrado o xoves 28 de xuño no Concello e tanto ao final do mesmo coma nos días seguintes fixemos entrevistas sobre os temas máis destacados.

José Manuel Jacobo
Por unha parte, falamos con José Manuel Jacobo, tenente alcalde do Porriño, sobre a proposta dos populares de crear unha ordenanza que regule o tráfico e a circulación no municipio. Tamén lle preguntamos por que o goberno local rexeitou a moción presentada polo BNG na que pedían que o banco de alimentos municipal contase cun servizo de doazón de roupa
Ao final da entrevista incluimos unhas declaracións de Mónica Bugarín, edil do BNG, explicando o motivo polo que piden este servizo ademais dunha comisión  para asegurar a transparencia de SOS Porriño

Se premes no enlace de embaixo podes escoitar as entrevistas:


Ana Crespo,Marcos Rguez,Mónica Bugarín,Gustavo Dguez, Laura Iglesias
Por outro lado, no pleno de xuño incorporáronse os tres novos concelleiros do BNG que sustitúen a Raúl Francés, Quico Paz Antón e Victoria Cardoso que reuniciaron as súas actas hai máis dun par de meses. Falamos con Gustavo Domínguez Lemos, Laura Iglesias Freiría e Ana Belén Crespo Bastos sobre como afrontan os seus novos cargos no partido. Tamén falamos con Mónica Bugarín e Marcos Rodríguez sobre as súas impresións respecto da marcha dos seus compañeiros e os proxectos que queren para O Porriño.

Preme na ligazón para escoitar as declaracións:


Carlos Martínez

En terceiro lugar, entrevistamos a Carlos Rodríguez, edil de Canteiras do Porriño, sobre a proposta que os populares levaron a pleno para subvencionar con ata 6.000€ obras feitas no Concello que empreguen granito rosa Porriño. Tamén lle preguntamos sobre a moción do PSOE na que lle pediron aos populares que se renovasen os convenios coas comunidades de montes de Atios e Budiño.

Neste enlace podes escoitar a entrevista:


Iván Vaqueiro
María José Martínez
Por último, este luns entrevistamos a Iván Vaqueiro (PSOE do Porriño) xa que os socialistas levaron a pleno unha moción de urxencia na que pedían que a corporación municipal esixise ao SERGAS unha solución inmediata ás altas temperaturas que se rexistran no centro de saúde (ata 33º segundo Vaqueiro). Falamos tamén coa edil de Sanidade, María José Martínez, ao respecto.

A entrevista está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaPsoePorrioEEdilSanidadeSobreAltasTemperaturasCentroSaude/EntrevistaPsoePorrioEEdilSanidadeSobreAltasTemperaturasCentroSaude02-07-12.mp3 

*Premendo enriba dos enlaces que aparecen no texto podes escoitar entrevistas relacionadas coas palabras marcadas en verde. 


*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

sábado, 19 de mayo de 2012

Entrevista a Carlos Martínez sobre novas condicións para uso das canteiras do Porriño 08/05/12

Carlos Martínez
Recentemente aprobouse no pleno do Porriño (unicamente cos votos a favor do PP) o novo prego de condicións para o arrendamento e uso das canteiras nas parroquias de Atios e Budiño. Segundo o goberno local, o obxectivo e "regular a actividade e darlle protección xurídica aos titulares das explotacións". Establécese unha taxa 1,20€ ao ano por m2 (as canteiras inactivas poderán pagar o 50%) ou que o contrato se poida prolongar ata 15 anos entre outros cambios. 
Por outra parte, o PP di que a débeda que os propietarios das explotacións mineiras manteñen co Concello dende hai anos vaise xestionar a través doutras vías.



Nós falamos co edil de Canteiras, Carlos Martínez, un día despois de que se levase a pleno esta iniciativa.

A entrevista está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaPregoCanteirasPorrioEdilCarlosMartnez08-05-12/EntrevistaPregoCanteirasPorrioCarlosMartnez08-05-12.mp3

E neste outro enlace podes escoitar dúas entrevistas anteriores que lles fixemos ás comunidades de montes de Atios e Budiño nas que tamén se falou das canteiras: 
--> Atios
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-vicepresidente-da.html
--> Budiño
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-da.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de ATIOS na Radio Muncicipal do Porriño
*Entrevistas parroquia de BUDIÑO na Radio Municipal do Porriño

viernes, 27 de abril de 2012

Entrevistas á Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Baixo Miño e ao edil de Servizos Xurídicos do Porriño 25/04/12

1. Entrevista á Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Baixo Miño

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Tui Baixo Miño xurdiu en outubro do ano pasado para dar apoio a aquelas persoas que se atopan en risco de perder a súa vivenda habitual por non ser quen de facer fronte ao pago da hipoteca. Este colectivo traballa xunto con outros de toda España na posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para frear desafiuzamentos, promover a dación en pago e o aluguer social.

http://stopdesahuciostbm.wordpress.com/noticias/
Dende a plataforma animan a todos aqueles que se atopen en risco de perder a súa vivenda a unirse para tratar de chegar a un acordo coas entidades bancarias como o fixeron Suso e Clara, un matrimonio de Mos que se enfronta a un desafiuzamento o día 4 de maio.

Este sábado 28 a plataforma comeza a recoller sinaturas para chegar ás 500.000 necesarias para poñer en marcha a ILP e tamén organizan tamén unha gala benéfica.

Falamos de todo isto con Carlota Pérez, vocal na plataforma. Podes escoitar a entrevista se pinchas o seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaPlataformaAfectadosHipotecaVigo-baixoMio25-04-12/EntrevistaPlataformaAfectadosHipotecaVigo-baixoMio25-04-12.mp3


2. Entrevista Oficina de Intermediación Hipotecaria Porriño 


Carlos Martínez, de fronte, durante a sinatura do convenio
O Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra e o Concello do Porriño veñen de asinar un convenio para crear no municipio unha oficina de intermediación hipotecaria. O Porriño é así pioneiro en dispoñer deste servizo de asesoramento e apoio a aquelas persoas que, ao non poder pagar a hipoteca, corren o risco de seren desafiuzados. Dous días a semana e de xeito gratuíto avogados atenderán en dependencias municipais a persoas que estean nesta situación tendo preferencia aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social.

Nós falamos con Carlos Martínez, edil de Servizos Xurídicos do Porriño, para afondar nos detalles:
http://archive.org/download/EntrevistaACarlosMartnezEdilServizosXuridicosPorrioSobreOficina/EntrevistaCarlosMartnezOficinaIntermediacinHipotecaria25-04-12.mp3

Aquí podes escoitar a historia de Jesús Fernández e Clara Fervenza, un matrimonio de Mos ao que o banco lle  poxou a casa e que non ten onde ir se os botan:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-familia-de-mos-que-se.html


*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

jueves, 13 de octubre de 2011

Entrevista ao Concelleiro de Canteiras do Porriño, Carlos Martínez 16/09/11

Carlos Martínez en primeiro plano


Na Radio Municipal do Porriño quixemos afondar nun tema moi importante e característico da Vila do Louro: as canteiras. Falamos co Concelleiro de Canteiras, Carlos Martínez, que dende xuño está a traballar para legalizar as explotacións. Entre outras cousas contounos que están todas en situación ilegal e só unhas poucas se manteñen activas. Por isto dende o Concello queren tomar medidas para a reactivación do sector baixando o canon do arrendamento ou falicitando os pagos da débeda.




Se queres ecoitar todo o que nos dixo clica no enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaCanteirasPorrio16-09/EntrevistaCanteiras-clstercarlosMartnez16-09.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior que lle fixemos ao edil sobre o novo prego de condicións para a explotación e uso de canteiras aprobado no pleno en maio do 2012:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/05/entrevista-carlos-martinez-sobre-novas.html

Aquí está dispoñible a que lle fixemos á Comunidade de Montes de Atios no 2012: