Mostrando entradas con la etiqueta Entroido Porriño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido Porriño. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de marzo de 2012

Entrevista a Cuquín, veciño do Porriño célebre polos seus disfraces 22/02/12

Este ano Cuquín disfrazouse de bebé
Cando se fala do entroido porriñés hai unha figura que non pode faltar: Cuquín. Joaquín Diz Tato é un veciño xa célebre no municipio por diversas razóns, pero fundamentalmente pola súa afección a disfrazarse. Dende hai moitos anos pasea polas rúas do Porriño os disfraces máis orixinais que pasaron pola súa mente: ultrasur, decapitado, ministro de camiños, facendo o pino, moro vendendo restos do muro de Berlín e un longo etcétera. Tamén ten baixado da Risca usando a taza dun váter ou un foguete a xeito de carro de bolas. A súa paixón polo entroido vai máis alá das datas marcadas no calendario e tamén se disfraza no verán en Praia América. Cuquín traballou no Concello durante 50 anos e un día e tamén e coñecido pola súa animadversión ao Barça. 

Contounos moitas anécdotas e curiosidades que podes escoitar se pinchas o seguinte enlace:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaAoVecioDePorrioCuquin22-02-12/EntrevistaJoaqunDizTatoCuquin22-02-12.mp3



Entrevista ás comparsas A.C Pontellas, A.C Alba, ANPA Atios e ANPA Antonio Palacios 20-21/02/12

Con motivo do entroido falamos cos organizadores de catro comparsas do Porriño:

Por unha parte, o luns de entroido falamos con Gerardo Ramírez e Rosángela Cancelas da Asociación Cultural de Pontellas. A súa comparsa contou con ata 64 participantes que se disfrazaron de hindús. Conversamos tamén con Paulo Blanquiño e Marcos Pereiro da Asociación Cultural Alba de Torneiros. A súa comparsa contou con 55 participantes que se vestiron de zombis, cadaleito incluído.

Podes escoitar a entrevista conxunta neste enlace:

Por outro lado, o martes de carnaval conversamos con Raquel González e María Rodríguez da ANPA do Colexio Antonio Palacios. A comparsa estivo composta por 100 participantes disfrazados de xente da Idade Media. Conversamos na mesma entrevista con María Domínguez e Roberto Domínguez da ANPA do CEIP de Atios que se vestiron de personaxes de contos populares e tamén rozaron os 100 disfrazados.

Escoita a entrevista pinchando nesta ligazón: 
 
Os membros da A.C. Pontellas foron disfrazados de hindús

"Camposanto", comparsa da A.C. Alba de Torneiros



A ANPA do Antonio Palacios trasladouse ao Medievo

"Contos populares", comparsa do CEIP Atios





FOTOS: valdolouro.blogspot.com