Nito Pereiro e Nuria Vilanova son dous pintores que teñen un taller no Multicentro de Torneiros (Porriño) no que imparten clases a nenos, adultos e usuarios do Centro de Educación Especial Aceesca (recentemente os alumnos decoraron cun grande mural as paredes do centro --> ver aquí). Esta fin de semana pasada ámbolos dous participaron no IV Econtro coas Artes Espíritu de Mariñán (Coruña) e pronto exporán obras súas na Fundación Caixa Galicia (tamén na Coruña).
Nito e Nuria no noso estudo |
Nito e Nuria compaxinan o seu labor docente coa súa traxectoria profesional e tamén con actividades lúdicas dirixidas aos máis cativos que fan de xeito desinteresado como os talleres de pintura que organizan durante as Festas do Cristo. Preparan ademais, a partir do 25 de xuño, unha escola de verán de pintura para nenos en horario de mañá. Pódese obter máis información sobre esta actividade no Concello do Porriño ou no taller dos pintores en Torneiros.
Para escoitar a entrevista a Nito e Nuria pincha neste enlace de embaixo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario