Mostrando entradas con la etiqueta Quico Paz Antón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quico Paz Antón. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de abril de 2012

Entrevista a Paz Antón tras a renuncia á súa acta de concelleiro do BNG no Porriño 19/04/12

X.R. Paz Antón, Victoria Cardoso e Raúl Francés
Este mércores o exalcalde do Porriño, Raúl Francés, o número dous nas listas municipais, Xosé Ramón Paz Antón, e a número cinco, Victoria Cardoso, renunciaron ás súas actas de concelleiros logo de teren abandonado a militancia do BNG hai unhas dúas semanas. 

Nós quixemos falar con Paz Antón, exdeputado autonómico do BNG que actualmente forma parte do consello nacional de Máis Galiza. Debido a este cargo e o traslado da súa residencia a Vilagarcía, os motivos da renuncia de Paz Antón difiren un tanto dos de Francés e Cardoso que apostaban por seguir conservando a súa acta e exercer como independentes, petición que non foi apoiada polo BNG. Paz Antón di que a súa intención é seguir vinculado ao Porriño sobre todo no que se refire a temas relacionados coa súa faceta de escritor e historiador. 


Escoita a entrevista a Paz Antón premendo enriba desta ligazón: 
http://archive.org/download/EntrevistaAPazAntonSobreASaRenunciaAActaDoBngNoPorrio19-04-12/EntrevistaPazAntnRenunciaActaBng19-04-12.mp3

Neste outro enlace podes escoitar a entrevista que lle fixemos a Raúl Francés respecto á súa renuncia:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-raul-frances-tras-reununcia.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

jueves, 12 de enero de 2012

Entrevista ao músico, escritor, pintor e político porriñés Quico Paz Antón 03/01/12

Paz Antón
Esta vez convidamos ao noso estudo a un porriñés cunha grande bagaxe profesional. Trátase de Quico Paz Antón, quen formou parte do grupo Na Lúa e é autor de diversos libros sobre a historia da comarca da Louriña e a súa contorna. Ademais, tamén é pintor e foi parlamentario do BNG. Nós entrevistámolo co gallo da publicación da súa última obra, Salceda en Festa. Historia das bandas de música en Salceda, e aproveitamos para afondar en tódalas súas facetas e falar tamén da Vila do Louro.


Pincha o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
 http://www.archive.org/download/EntrevistaQuicoPazAntn03-01-12/EntrevistaQuicoPazAntn03-01-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas VECIÑOS COÑECIDOS na Radio Municipal do Porriño