Mostrando entradas con la etiqueta Escultor Marcos Escudero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escultor Marcos Escudero. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de marzo de 2012

Entrevista a Marcos Escudero, coordinador da "Festa Arde o Pazo" de Mos 22/03/12

Marcos Escudero é artista plástico
Recentemente estivo no noso estudo de Torneiros Marcos Escudero. El é o coordinador da Festa Arde o Pazo de Mos (organizada pola asociación Moskeo Colectivo) que rememora os feitos que tiveron lugar na comarca durante a invasión das tropas napoleónicas alá polo 1809. O 14 de abril, os mosenses recrearán a expulsión dos franceses, haberá un mercado artesanal, música e outras actividades. Pero xa hai actos previos no municipio para esta fin de semana:

- hoxe, o historiador galego Ernesto Vázquez Souza dará unha charla baixo o nome "A francesada. Unha visión dende Galiza" no Pazo de Mos ás 19.30h.
- maña, domingo 25, organizan unha andaina-visita guiada con saída ás 10.00h do centro cultural  a Cividade (Louredo) ao Penedo da Alarma xa que conta cun gravado que pode estar relacionado coa invasión francesa

Marcos recorda que están todos convidados a estas actividades, sobre todo aqueles que estean interesados en coñecer máis sobre a historia da Louriña. Por outra parte, os que queiran acudir á Festa da Reconquista de Vigo, o día 1 vaise fletar un autobús (Mos-Vigo-Mos) por 3 euros. Os interesados poden reservar praza en asociacionmoskeo@yahoo.es ou no tlf.637.914.063.

A entrevista a Marcos Escudero está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAMarcosEscuderoCoordinadorArdeOPazoMos22-03-12/AntrevistaMarcosEscuderoCoordinadorDeArdeOPazo22-03-12.mp3

Aquí podes escoitar outra entrevista que lle fixemos na que fala da súa faceta como artista plástico:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-artista-plastico-mosense.html

*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño

viernes, 28 de octubre de 2011

Entrevista ao artista plástico mosense Marcos Escudero 20/10/11


Marcos debuxando en area na gala de Mos Solidario
Marcos Escudero é un artista plástico mosense que, entre outras cousas, fai debuxos en area (sand drowing) e esculpe cantos rodados. Puxo en práctica o sand drowing en dúas ocasións e nos dous casos para colaborar nas galas de Mos Solidario. En canto a súa faceta como escultor, podemos ver obras súas repartidas por todo Mos como é o caso do Monumento en lembranza ás vítimas do 36 ou o aproveitamento que fixo das pedras do Muiño Valente para escribir Mos coas rochas. Recentemente, ingaurou o Gaiteiro de Soutelo en Forcarei.

Pero o seu selo persoal son os pelouros, cantos rodados que lle suxestionan formas e que el talla para remarcalas. De feito, algúns destes pelouros viaxarán pronto a Nova York para formar parte dunha exposición con obras doutros escultores galegos.

Se queres sabelo todo sobre este artista pincha o seguinte enlace e escoita a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaMarcoEscudero20-11-11/EntrevistaMarcosEscudero20-11.mp3



Nesta ligazón podes escoitar a entrevista a membros de Mos Solidario sobre a gala: 

Neste outro enlace está dispoñible a entrevista ao Mago Marco, impulsor de Mos Solidario e a quen Marcos Escudero dedicou os debuxos en area:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/12/entrevista-ao-mago-marco-291111.html

Aquí podes escoitar unha entrevista ao tamén artista plástico de Mos, David Debén quen formou parte do colectivo A Carroucha xunto con Marcos Escudero e Severiano Lago: