Mostrando entradas con la etiqueta Festa Arde o Pazo Mos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa Arde o Pazo Mos. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de abril de 2012

Entrevista á dous membros de Moskeo Colectivo sobre a Festa "Arde o Pazo" de Mos 12/04/12

Xa está aquí a IV edición da Festa "Arde o Pazo" de Mos organizada pola Asociación Xuvenil Moskeo Colectivo. Coñecida como "a Reconquista pequena" (en referencia á festa de Vigo), esta celebración conmemora os actos que tiveron lugar en Mos durante a invasión das tropas napoleónicas alá polo 1809. Pero a festa é moito máis e inclúe obradoiros de oficios artesanais e bailes da época, comida tradicional, música a cargo das asociacións culturais da contorna... Destacan, no entanto, varios momentos da celebración como son as recreacións das batallas (ás 12.00h, 16.30h e 18.00h) ou da queima do Pazo dos Marqueses (ás 21.00h). Un programa do máis completo que xa podes consultar no blog destinado específicamente a este evento que se celebra este sábado 14 de abril

Diego e César no noso estudo

Nós convidamos ao noso estudo o presidente de Moskeo Colectivo, César González, e tamén o tesoureiro, Diego Gómez, para que nos contasen os detalles da festa e algunhas curiosidades. 

Podes escoitar a entrevista pinchando no seguinte enlace: 

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao coordinador da festa, Marcos Escudero:




sábado, 24 de marzo de 2012

Entrevista a Marcos Escudero, coordinador da "Festa Arde o Pazo" de Mos 22/03/12

Marcos Escudero é artista plástico
Recentemente estivo no noso estudo de Torneiros Marcos Escudero. El é o coordinador da Festa Arde o Pazo de Mos (organizada pola asociación Moskeo Colectivo) que rememora os feitos que tiveron lugar na comarca durante a invasión das tropas napoleónicas alá polo 1809. O 14 de abril, os mosenses recrearán a expulsión dos franceses, haberá un mercado artesanal, música e outras actividades. Pero xa hai actos previos no municipio para esta fin de semana:

- hoxe, o historiador galego Ernesto Vázquez Souza dará unha charla baixo o nome "A francesada. Unha visión dende Galiza" no Pazo de Mos ás 19.30h.
- maña, domingo 25, organizan unha andaina-visita guiada con saída ás 10.00h do centro cultural  a Cividade (Louredo) ao Penedo da Alarma xa que conta cun gravado que pode estar relacionado coa invasión francesa

Marcos recorda que están todos convidados a estas actividades, sobre todo aqueles que estean interesados en coñecer máis sobre a historia da Louriña. Por outra parte, os que queiran acudir á Festa da Reconquista de Vigo, o día 1 vaise fletar un autobús (Mos-Vigo-Mos) por 3 euros. Os interesados poden reservar praza en asociacionmoskeo@yahoo.es ou no tlf.637.914.063.

A entrevista a Marcos Escudero está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAMarcosEscuderoCoordinadorArdeOPazoMos22-03-12/AntrevistaMarcosEscuderoCoordinadorDeArdeOPazo22-03-12.mp3

Aquí podes escoitar outra entrevista que lle fixemos na que fala da súa faceta como artista plástico:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-artista-plastico-mosense.html

*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño