Mostrando entradas con la etiqueta Escola Baile Pasos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escola Baile Pasos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de febrero de 2012

Entrevista á bailarina de Mos campiona de España, Patricia Martínez II 16/02/12

Patricia Martínez e Adrián Esperón
Volvemos recibir no noso estudo a Patricia Martínez, bailarina mosense Campiona de España en cinco ocasións. Falamos con ela logo de que regresara do Campionato de 10 Bailes Stándard deste ano no que, nesta ocasión, quedou en terceira posición xunto co seu compañeiro Adrián Esperón. Días antes gañara o Campionato Galego. Patricia leva bailando dende os oito anos e sempre se dedicou á competición. Ademais, combina esta faceta coa de profesora de baile e tamén se quere preparar para exercer de xuíza nas competicións. Pronto se enfrontará a novos retos xa que en abril e xuño participará nos campionatos de España de bailes stándard e bailes latinos.

Escoita a entrevista ciclando enriba do seguinte enlace:

Neste outro podes escoitar a entrevista que lle fixemos en decembro, un tempo despois de que participase no Campionato Mundial.
http://www.archive.org/download/EntrevistaBailarinaMosensePatriciaMartnez27-12-11/EntrevistaBailarinaMosensePatriciaMartnez27-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas FORMACIÓN ARTÍSTICA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

martes, 15 de noviembre de 2011

Entrevista ao director da Escola de Baile Pasos, Miguel Abreu 03/11/11

Adrián e Patricia, bailaríns de Pasos
Miguel Abreu é o director da Escola de Baile Pasos que conta cunha academia municipal no Porriño na que xa hai apuntados máis de 50 nenos. Pasos ten a súa sede en Vigo e nela impártense baile deportivo, bailes de salón, etc. Recentemente unha parella de bailaríns que se formaron nesta academia, Adrián Esperón e Patricia Martínez (veciña de Mos), participaron no Campionato do Mundo de Baile Deportivo celebrado en Moscú obtendo un resultado nada despreciable.

De todo o relacionado coa escola e co baile falamos na entrevista con Miguel que podes escoitar se pinchas o seguinte enlace: