Mostrando entradas con la etiqueta Club Porriño Baloncesto Base. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club Porriño Baloncesto Base. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de junio de 2012

Entrevista aos organizadores do XIV Campus Porriño Baloncesto Base + festa do deporte 27/07/12

Arredor duns 300 nenos participan ano a ano neste campus
Acudimos ao pavillón do Porriño para falar XIV Campus de Baloncesto Base que se celebra no municipio e que este ano bateu récord de particiación con 324 nenos inscritos. Ademais de baloncesto, os participantes practican outros deportes e actividades lúdicas e formativas do 25 ao 30 de xuño en horario ininterrompido. Porriño volve dar mostra con este tipo de eventos que é o Concello do deporte. Nós falamos con Darío Méndez, director do campus, e Francisco Martínez, coordinador das actividades de tempo libre, para que nos contasen os detalles do evento e algunhas curiosidades.

Premendo neste enlace podes escoitar a entrevista (pedimos desculpas por un problemiña de son ao comezo das preguntas):
http://archive.org/download/EntrevistaCampusBaloncestoBasePorriodarioMendezEFranMnez26-06-12/EntrevistaCampusBaloncestoBasePorriodarioMendezEFranMnez26-06-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior a Quique Dopico, coordinador deportivo do Club Porriño Baloncesto Base:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-ao-coordinador-deportivo-do.html

Festa do deporte
Esta temporada o deporte porriñés pode presumir de bos resultados como por exemplo o ascenso das categorías Infantil A, Cadete e Xuvenil do Porriño Industrial, o afianzamento do equipo feminino do Balonmán Porriño en categoría de honor, os títulos logrados polos clubs Patín Porriño e Ribex, ademais dos repetidos éxitos do Club Ciclista Spol e doutros deportistas a título individual. Para celebrar todos isto, na tarde de hoxe mércores 27 (a partir das 17.00h) organízase unha gran festa do deporte no centro urbano do Porriño con exhibicións deportivas, música, animación e pantalla xigante para ver o partido da Eurocopa España-Portugal. 

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

lunes, 30 de enero de 2012

Entrevista ao coordinador deportivo do Club Porriño Baloncesto Base, Quique Dopico 18/01/12

No XII Campus deportivo organizado polo Club PBB participaron 300 rapaces
O Club Porriño Baloncesto Base leva a cabo un proxecto de fomento deste deporte a través de dous piares: a promoción e a iniciación. Con este fin, membros do Club realizan visitas habituais aos colexios da zona para fomentar a práctica do basket entre os rapaces e organizan unha liga local. Ademais, serve de trampolín para os xogadores grazas a súa actividade nas escolas municipais e a organización dun presitixioso campus no que participan unha media de 300 nenos e que este ano cumprirá a súa 14º edición. Por outra parte, o PBB conta con 21 equipos federados, é o club galego con máis equipos en 1ª deivisión en ligas autonómicas e o único que non pertence a unha das sete principais cidades galegas.

Nós falamos con Quique Dopico, coodinador deportivo do Club para coñecer tódolos detalles. Para escoitar a conversa preme enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoCoordinadroDoClubBaloncestoBasePorrioQuiqueDopico/EntrevistaClubBaloncestoBasePorrioQuiqueDopico18-01-12.mp3

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño