Mostrando entradas con la etiqueta Club Balonmán Porriño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club Balonmán Porriño. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de junio de 2012

Entrevista ao Club Balonmán Porriño sobre problemas de financiamento 18/06/12

Fernando Godoy
A pesar de que o equipo senior masculino do Club Balonmán Porriño fixo unha temporada para o recordo este ano ao xogar a fase de ascenso á División de Prata (por primeira vez na historia da entidade) non pode ver recompensados os seus esforzos por problemas económicos. É por isto que a directiva do Club xa confirmou que só haberá un equipo senior masculino e que este xogará en Categoría Autonómica e non en Primeira Nacional.

Por outra parte, no equipo feminino  (División de Honor) apostarase pola canteira e o equipo base no canto de fichaxes estrelas. 

Nós falamos co presidente do Club, Fernando Godoy, sobre os problemas de financiamento que está a atravesar a entidade e os cambios estructurais e deportivos que se van producir por mor disto.

Para escoitar a entrevista preme este enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaBalonmnPorrioSobreRenunciaPrazaNacionalEquipoMasculino/EntrevistaBalonmnPorrioSobreRenunciaPrazaNacionalEquipoMasculino18-06-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a dous xogadores e ao adestrador do equipo masculino do Balonmán Porriño para facer balance da temporada:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/05/entrevista-ao-adestrador-e-dous.html

*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

martes, 8 de mayo de 2012

Entrevista ao adestrador e a dous xogadores do Balonmán Porriño Masculino 07/05/12

Antón e Adrián no noso estudo 
O equipo senior masculino do Club Balonmán Porriño (1ª División Estatal) conseguiu este ano xogar a fase de ascenso á División de Prata e quedou segundo na táboa clasificatoria logo de liderala durante practicamente toda a temporada. Un bos resultados para o balonmán porriñés aos que se suma a permanencia do equipo feminino en División de Honor. Nós quixemos afondar nos detalles do equipo e da temporada da man do adestrador, Luis Montes, e de dous xogadores, Antón Sequeiros e Adrián Freiría. Ambos forman parte da canteira de xogadores locais e con eles conversamos tamén sobre algunhas curiosidades deste deporte.

A entrevista está dispoñible neste enlace: 
http://archive.org/download/EntrevistaBalonmanPorrioMasculinoLuisMontesAntonEAdrian07-05-12/EntrevistaBalonmanPorrioMasculinoLuisMontesAntonAdrian07-05-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao presidente do Club Balonmán Porriño, Fernando Godoy

lunes, 28 de noviembre de 2011

Entrevista ao presidente do Club Balonmán Porriño, Fernando Godoy 22/11/11

Equipo feminino do Club Balonmán Porriño (Marta G.Brea)
O Balonmán Porriño fai parón ligueiro ata xaneiro e nós quixemos aproveitar para falar co presidente do club, Fernando Godoy. Conversamos, sobre todo, do equipo feminino que xoga esta temporada en división de honor logo de 10 anos de ausencia. Godoy púxonos ao día sobre os resultados acadados, os obxectivos da temporada, as fichaxes feitas e o rendemento das xogadoras. Falamos ademais das outras categorías do club, dos problemas financeiros que atravesa a entidade deportiva e da escola municipal coa que conta. A Radio Municipal do Porriño sempre co deporte local. 

Pincha o seguinte enlace para escoitar a entrevista: